TOMBOY (Francia 2011)

Unha nena de dez anos trasládase coa súa familia a un novo barrio. 

Alí, fai novas amizades e pasa o verán entre xogos e risas. Ela agocha un segredo, fai crer que é un neno. Unha nena do grupo namórase dela.

CALL ME KUCHU (Usa 2011)


Kuchu é o termo popular co que se denomina o colectivo lésbico, gai, bisexual e transexual (LGBT) en Uganda. 

Un colectivo perseguido social, cultural e xudicialmente. A ameaza dunha nova "Lei contra a homosexualidade", que establece penas de prisión e incluso de morte para homosexuais e seropositivos, converte os líderes locais e activistas en emblemas internacionais da loita contra a violación dos dereitos humanos. David Kato, o primeiro home en Uganda abertamente gai, é un dos poucos que se atreven a protestar publicamente contra as sancións homófobas do Estado. El loita xunto cos seus compañeiros activistas, para cambiar o destino dos Kuchus en África, pois como el mesmo di, "se seguimos a agocharnos, dirán que non estamos aquí".

WEEKEND (Arxentina 2012)

Unha historia de amor e paixón homosexual. 

Un venres pola noite, tras pasar uns momentos cos seus amigos heterosexuais, o protagonista marcha a locais gais na busca dun ligue. Coñece un home co que comeza a fin de semana. Bares, cuartos, drogas, anécdotas que marcarán o resto das súas vidas.



Ficha técnica

Dirección, montaxe e guión: Andrew Haigh
Fotografía: Ula Pontikos
Duración: 97 minutos
Cor - V.O.S.C.

Ficha artística

Tom Cullen
Chris New
Jonathan Race
Laura Freeman


Premios e mencións


*PREMIO Á MELLOR PROMESA PARA O ACTOR TOM CULLEN, E Á MELLOR PRODUCION, NOS PREMIOS INDEPENDENTES DO CINE BRITÁNICO, 2011 
*PREMIO PARA O MELLOR ACTOR TOM CULLEN E MELLOR GUIÓN, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE NASHVILLE, 2011 
*PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR, NO GAY LESBIAN FILM FESTIVAL DA REPÚBLICA CHECA, 2011 
*PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR, NO GAY LESBIAN FILM FESTIVAL DE SAN FRANCISCO E DE TORONTO, 2011 
*PREMIO AO MELLOR GUIÓN, NOS PREMIOS EVENING STANDARD BRITÁNICOS, 2012 
*PREMIO AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE GHENT, 2011 
*PREMIO AO MELLOR FILME, NO GAY LESBIAN FILM FESTIVAL DE HAMBURGO, 2011 
*GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME, NO OUTFEST DOS ANXOS, 2011 
*PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR, E MELLOR FILME NO GAY LESBIAN FILM FESTIVAL DE MILÁN, 2012 
*PREMIO ALFS AO MELLOR DIRECTOR, DOS CRÍTICOS DE CINE DE LONDRES, 2012 
*PREMIO MOVIEZONE AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ROTTERDAM , 2012 
*PREMIO AO MELLOR DIRECTOR, NO SXSW FILM FESTIVAL, 2011

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger