ALTIN BLIVER GODT IGEN (Todo irá ben)


ALTING  BLIVER  GODT  IGEN
    (TODO  IRÁ   BEN) 

DINAMARCA   2010; 


SINOPSE
Un home atropela a outro e foxe tras deixalo mal ferido na rúa, aínda que denuncia o accidente de xeito anónimo. O home ferido agocha fotografías do que parecen ser prisioneiros de guerra torturados por soldados daneses. Cando o fala coa súa irmá, xornalista nunha cadea de televisión danesa, ela sinala a importancia e os perigos de ter esas fotos. El estará inmerso nunha investigación frenética por revelar o misterio.

CHRISTOFFER BOE
Realizador, produtor, actor e guionista nado en Dinamarca no 1974. Estuda cine na Universidade de Copenhague antes de ingresar na Escola Nacional de Cinematografía, onde se gradúa no ano 2001. Iníciase cunha triloxía de curtametraxes feitas como estudante: Obsession, Virginity e Anxiety. Esta última acadou o Premio Descubrimento da Crítica Francesa no Festival Internacional de Escolas de Cine de Poitiers, Francia, e foi logo exhibido na Semana da Crítica de Cannes 2002.
Reconstrución, a súa primeira longametraxe, acadou a Cámara de Ouro en Cannes (2003), e a Placa de Ouro para a luminosa fotografía de Manuel Alberto Claro. Tamén acadou o Premio Amanda, á Mellor Ópera Prima Nórdica Do Ano, e o Premio Fipresci, como Mellor Director Novel, no Festival de Cine de San Sebastián, entre outros.
Considerado e aclamado pola crítica mundial como unha das grandes promesas do cine e como un dos cineastas mozos máis innovadores e influentes das novas xeracións. Spies & Glistrup (2013), é o seu último traballo.

ficha técnica:
Dirección e guión: Christoffer Boe
Montaxe: Peter Brandt
Fotografía: Manuel Alberto Claro
Música: Sylvain Chauveau
e Pder Pedersen

ficha artística:
Jens Albinus
Igor Radosavljevic
Marijana Jankovic     


ABOUT THE PINK SKY

   ABOUT  THE  PINK  SKY
      (SOBRE   O   CEO  ROSA) 


      XAPÓN   2011; 113 minutos COR V.O.S.B/N.


SINOPSE
Unha moza estudante de secundaria, atopa na rúa unha carteira con 300.000 iens, pero en lugar de devolvelos decide prestar a maior parte dos cartos a un coñecido para salvar o seu negocio. Co tempo devolve os cartos, pero o dono da carteira, decátase de que faltan e, como compensación, obrígaa a crear un xornal que só conte boas novas. Ela terá que cambiar a cor co que olla o mundo e reconciliarse con el.

*GRAN PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS AO MELLOR FILME, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN, 2012
* PREMIO AO MELLOR FILME, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TOKIO, 2011

KEIICHI KOBAYASHI
Realizador, montador, fotógrafo e guionista nado en Chiba no 1972. Graduado na Universidade de Meiji, iníciase profesionalmente como director de audición de programas de TV ASAYAN e introdúcese na industria do vídeo musical. Ten dirixido varios vídeos musicais, Da Pump, Dreams Come True, Minimini e outros. Tamén publicidade para compañías como Eyefullhome, e o vídeo da serie Secret Undercover Agent Honey and Bunny.
Con este filme debuta como director de longametraxes.
É o seu último traballo.

ficha técnica:
Dirección, fotografía                            
Montaxe e guión: Keiichi Kobayashi      

ficha artística:
Ai IKeda
Ena Koshino
Reiko Fujiwara
Tsubasa Takayama


                                                                 
                        

REBELLE

  REBELLE     

  (REBELDE  -WAR WITCH-)

 CANADÁ  2012;   90 minutos   COR V.O.S.C.  



SINOPSE
Nalgún lugar da África subsahariana, nunha pequena e arredada aldea, Komona, unha nena de doce anos, vive pacificamente cos seus pais, até que un día é secuestrada polo exército rebelde e vese obrigada a combater como nena soldado. Pola súa capacidade para salvarse, a nomean “meiga da guerra”. A súa única saída asemella que sería casar co seu amigo Mago, un mozo albino de quince anos.    
      
* PREMIO AO MELLOR GUIÓN, MELLOR FILME, MELLOR ACTRIZ, MELLOR ACTOR DE REPARTO, MELLOR FOTOGRAFÍA, MELLOR DIRECTOR ARTÍSTICO, MELLOR MONTAXE E MELLOR SON, DA ASOCIACIÓN DOS CRÍTICOS DE CINE DE QUÉBEC, NA GALA DA PANTALLA DO CINE CANADIENSE, E NOS PREMIOS JUTRA, 2013 
*PREMIO NOVAS VISIÓNS, AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SITGES, 2012 
*PREMIO Á MELLOR ACTRIZ, RACHEL MWANZA , E MELLOR GUIÓN, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TRIBECA, 2012 
*PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CAMBRIDGE, 2012

KIM NGUYEN 
Guionista, realizador, fotógrafo e produtor nado en Montreal no 1974. Estuda na Universidade Concordia e remata a licenciatura cun máster en fotografía na Universidade de Montreal. Fascinado cos guións de cine estréase como guionista mentres dá a coñecer o seu traballo como fotógrafo dixital traballando nestes ámbitos para o para o Instituto de Creation Artistique e Infografía (ICARI) en Montreal.
Funda a súa propia compañía, Shen Studios, o que lle dá liberdade para profundar en técnicas de imaxe e postprodución. Iníciase profesionalmente con dúas curtametraxes, La route (1999) e Soleil glacé (2000). Le marais (2002), é a súa primeira longametraxe. No 2008, escribe e produce Truffe, unha comedia negra centrada no quecemento global. Con ela acada varios premios en festivais internacionais de cine. O seguinte filme foi La Cité (2010), rodado no deserto tunisiano.
Este é o seu último traballo.

ficha técnica                                                                                  
Dirección e guión:  Kim Nguyen                                                      
Montaxe:  Richard Comeau                                                                               
Fotografía:  Nicolas Bolduc                                                             

ficha artística
Rachel Mwanza   
Alain Bastien   
Serge Kanyinda




Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger