PETITE FILLE de SÉBASTIEN LIFSHITZ
(UNHA NENA)
FRANCIA/DINAMARCA 2020; 85’ V.O.S.C.
PREMIO AO MELLOR FILME NON FICCIÓN (AS NOVAS VAGAS) DO FESTIVAL DE CINE EUROPEO DE SEVILLA 2020
PREMIO AO MELLOR SON EUROPEO 2020.
PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CHICAGO E PREMIO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE GANTE 2020
SINOPSE
Sasha ten sete anos, sempre tivo claro que era unha nena, aínda que nacera atrapada nun corpo de neno. A medida que a sociedade fracasa, e non a trata como ás demais nenas da a súa idade, a súa familia lidera unha pelexa constante fronte á violenta rixidez dos prexuízos sociais, para tratar de que a súa diferencia sexa entendida e aceptada.
*Contaremos coa presenza da asociación Chrysallis
https://chrysallis.org/tag/
https://www.atlantico.net/
SÉBASTIEN LIFSHITZ
Director, actor e guionista nado en 1968 en París. Tras estudar Historia da Arte, comeza a traballar no mundo da arte contemporánea en 1990. Logo iníciase no Cine e debuta na longametraxe con Primer verano (2000), aclamada pola crítica. Logo dirixe o documental, The Crossing, estreado na Quincena dos Realizadores, 2001. O seguinte traballo foi wild side, presentado na sección Panorama da Berlinale, 2004, onde acadou o Premio Teddy. Logo rodou Os invisibles, presentada na Sección Oficial de Cannes 2012, Bambi, presentada na sección Panorama da Berlinale 2013, As vidas de Teresa, presentada na Quincena dos Realizadores, 2016, e Adolescentes, presentada no Festival de Locarno 2019.
Este é o seu último traballo, presentado na Berlinale 2020.
Enlaces sobre o filme:
https://macguffin007.com/2021/
https://www.
https://www.timejust.es/
https://www.caimanediciones.
https://elcultural.com/


