A camareira de piso

 DECEMBRO                     LA CAMARISTA  de    LILA   AVILÉS

07                                             (A CAMAREIRA DE PISO)
Luns 20;00h                           MÉXICO 2018; 102' V.O.S.C.








 


PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NOS PREMIOS PLATINO DO CINE IBEROAMERICANO, 2020 

PREMIO AO MELLOR FILME NO WORLD CINEMA AMSTERDAM, 2019

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NO PORTLAND INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, 2019

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL DO NEW YORK FILM CRITICS, ONLINE, 2019

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NO SAN FRANCISCO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, 2019

PREMIO DA CRÍTICA E Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NO LIMA LATIN AMERICAN FILM FESTIVAL, 2019

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NO PREMIOS ARIEL DO CINE MEXICANO, 2019

MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO Ó CINE LATINO NO PALM SPRINGS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, 2019

PREMIO AO MELLOR FILME MEXICANO NO MORELIA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018

PREMIO Á DIRECTORA NO MINSK INTERNATIONAL FILM FESTIVAL “LISTAPAD”, 2018 

PREMIO Á DIRECTORA NO MARRAKECH INTERNATIONAL FILM FESTIVAl, 2018

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL E MELLOR PRODUCCIÓN NO HAVANA FILM FESTIVAL, 2018




SINOPSE
Unha moza traballadora nun dos hoteis máis luxosos da Cidade de México con xornadas laborais eternas, que dificultan a súa tarefa como nai, aspira a ter un ascenso e mellorar a súa calidade de vida accedendo ó coidado dos cuartos máis exclusivos. 



LILA AVILÉS
Actriz. Guionista e directora nada en 1982, na Cidade de México. Estuda Artes escenicas en Casazul, onde tivo como mestres a actores como José Caballero e Ximena Escalante. Ao mesmo tempo estuda tamén guión cinematográfico con Beatriz Novaro e dirección de escena con Martín Acosta.

Supo que quería ser directora dende moi nova, xa entón iba montando historias familiares coas fotografías que tiña a súa tía sobre as viaxes dos seus avos mariñeiros, e pronto iníciase no medio como actriz e máis tarde, na dirección de obras de teatro que ela mesma escribía. Tras dirixir varias curtametraxes no 2016, roda a mediometraxe documental "Nena" (2017). 
Este é o seu debut na longametraxe e o seu último traballo como directora.



Enlaces sobre o filme: 

Ayka

 DECEMBRO                     AYKA   de     SERGEY    DVORTSEVOY

14                                                         (AYKA)
Luns 20;00h
              RUSIA/ALEMAÑA/POLONIA/KAZAJISTÁN/CHINA 2018; 109' V.O.S.C. 

                       




                                    







PREMIO AO DIRECTOR NO BERGEN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018 

PREMIO Á MELLOR ACTRIZ SAMAL YESLYAMOVA, NO CANNES FILM FESTIVAL 2018 

PREMIO AO DIRECTOR NO OSLO FILMS FROM THE SOUTH FESTIVAL 2018 

GRAN PREMIO DO XURADO AO DIRECTOR NO TOKYO FILMEX 2018 

PREMIO AO MELLOR FILME NO COTTBUS FILM FESTIVAL OF YOUNG EAST EUROPEAN CINEMA2018 

PREMIO Á MELLOR ACTRIZ SAMAL YESLYAMOVA NO ANTALYA FILM FESTIVAL 2018 

PREMIO Á MELLOR ACTRIZ SAMAL YESLYAMOVA NOS PREMIOS ASIAN FILMS 2019 

PREMIO DA AUDIENCIA Á MELLOR ACTRIZ SAMAL YESLYAMOVA, E AO MELLOR DIRECTOR NOS GOLDEN ROOSTER AWARDS 2019 





SINOPSE 

Tras parir ao seu fillo, decide que non pode críalo. Vive en Moscova de xeito ilegal, sen traballo, e chea de débedas. Non ten nin sitio onde durmir. Poderá reprimir os seus instintos? 



SERGEY DVORTSEVOY 
Director, guionista, montador e produtor nado no 1962 en Chimkent, Kazajistán. Graduado no 1982 na Universidade Nacional de Aviación en Krivoi Rog, Ucrania, logo amplia estudos na Facultade de Radiotecnia do Instituto Electrotécnico de Novosibirsk. Máis tarde ingresa na Escola de Cine de Moscova, onde se gradúa no 1993. Tras ter traballado durante nove anos para a compañía aérea Aeroflot como inxeneiro de radio, iníciase no cine rodando varios documentais: "Paradise" (1995), "Bread day" (1998), "Highway" (1999). Pasa a ficción con "Tulpan" (2008), unha aclamada película estreada no Festival de Cine de Cannes, onde acadou o Premio Unha Certa Ollada. 
Este é o seu último traballo .



Enlaces sobre o filme: 

Papicha, soños de libertade

 DECEMBRO                                  PAPICHA    de     MOUNIA   MEDDOUR

21                                                      (PAPICHA, SOÑOS DE LIBERDADE)
Luns 20;00h                      FRANCIA/ARXELIA/BÉLXICA/QATAR 2019; 108' V.O.S.C.




                                   






2019: PREMIOS CÉSAR: MELLOR ÓPERA PRIMA E MELLOR ACTRIZ REVELACIÓN (LYNA KHOUDRI)

2019: FESTIVAL DE VALLADOLID – SEMINCI- : PREMIO Á MELLOR DIRECTORA NOVEL E PREMIO DA AUDIENCIA

2019: MELLOR FILME ÁRABE NO EL GOUNA FILM FESTIVAL 

2019: PREMIO HUMANITARIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOS SATELLITE AWARDS 

 

 



SINOPSE
Baseado en feitos reais, o filme está ambientado nos anos 90 onde unha estudante universitaria trata de vivir unha vida normal, fóra dos acontecementos sociais que están agromado no país. Ela decide loitar pola súa liberdade organizando coas súas mellores amigas un desfile de moda na Universidade e desafiar todas as normas establecidas.





MOUNIA MEDDOUR
Directora, guionista e produtora nada no 1978 en Moscova. De pai alxerino e nai rusa, creceu e se educou en Francia. Iníciase no cine no 2011 co documental "Cinèma algèrien, un noveau souffle". Logo roda as curtametraxes, "Hitman" (2007) e "Edwige" (2012).

Con este filme debuta na longametraxe. Ambientado na década dos anos noventa, cando se implanta en Alxeria o multipartidismo e colle forza o chamado Fronte Islámico de Salvación, unha década de violencia, de proliferación de grupos islamistas, de guerra relixiosa e de atentados terroristas. Papicha é o nome que se utiliza alí para referirse á unha muller moza, independente, e contraria ás costumes tradicionais fronte á familia e a relixión.  
Este é o seu último traballo .



The father

02 de Novembro ás 20:00

BASHTATA  de  KRISTINA  GROZEVA  e  PETAR  VALCHANOV                

(THE FATHER)


BULGARIA     2019;     87'     V.O.S.C.






 



PREMIO AO MELLOR FILME NO TRIESTE FILM FESTIVAL, 2020
PREMIO AO MELLOR FILME NO TIRANA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, 2019
GRAN PREMIO DA AUDIENCIA AOS DIRECTORES NO SAKHALIN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, 2019
PREMIO AO MELLOR FILME NO KARLOVY VARY INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, 2019
PREMIO AO MELLOR FILME E MELLOR GUIÓN NO BULGARIAN FILM FESTIVAL, 2019



SINOPSE 
Tras quedar viúvo, un crédulo xiareiro dos fenómenos paranormais emprende unha viaxe coa fin de entrevistarse cun reputado parasicólogo. A súa determinación, obriga ao seu fillo, a acompañalo, para evitar que o seu pai, xa maior, e que parece fóra da razón, corra riscos. 



KRISTINA GROZEVA e PETAR VALCHANOV 
Directores, actores, montadores, guionistas e produtores. 
Diplomados na Escola Nacional de Cine de Sofía. Tras traballar e probar o éxito na curtametraxe en festivais como Clemont-Ferrand, Buxán e Bruxelas, e optar no 2013 ao premio á mellor curtametraxe europea da EFA con Jump. Urok (A lección), supuxo o seu debut na longametraxe no ano 2014, acadando numerosos premios. Logo rodaron Un minuto de gloria (2016). 
O seu último traballo é a curtametraxe Duet.



Enlaces sobre o filme: 

Lúa Vermella

9 de Novembro ás 18:00 e ás 20:30

LÚA   VERMELLA  de   LOIS  PATIÑO

(LÚA   VERMELLA)  

ESPAÑA     2020;     84'    V.O.  

                    








PREMIO AO MELLOR FILME, MELLOR FOTOGRAFÍA E MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO DE NOVOS REALIZADORES,  NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE  DE TOULOUSE, 2020

PREMIO BIZNAGA DE PRATA AO MELLOR FILME NO FESTIVAL DE CINE ESPAÑOL DE MÁLAGA, 2020




SINOPSE 
O tempo parece detido nunha vila da costa galega, aínda así, podemos escoitar as voces: falan de phantasmas, meigas e monstruos. Tres mulleres buscan a Rubio, un mariñeiro que ten desaparecido recentemente no mar. 



LOIS PATIÑO 
Realizador, guionista, montador e fotógrafo nado en Vigo no 1983. Compaxina os seus estudos de psicoloxía na Universidade Complutense de Madrid cos de cine na escola madrileña Tai. Continúa a súa formación de cine na NYFA de Nova York, e logo en Barcelona, onde realizou o Master de Documental de Creación na Pompeu Fabra. Iníciase no audiovisual coa curtametraxe Montaña en sombra (2012), logo debuta na longametraxe documental co filme Costa da norte (2013). Volve a rodar unha curtametraxe no 2015, Noite Sem Distância. 
Con este traballo debuta na longametraxe de ficción. É tamén, o seu último traballo.



Enlaces sobre o filme: 

Branco en branco

16 de Novembro ás 20:00


BLANCO  EN  BLANCO  de  THEO   COURT


(BRANCO EN BRANCO)  


CHILE     2019;     100'    V.O.S.C.       








2019: FESTIVAL DE VENECIA: PREMIO FIPRESCI (SECCIÓN ORIZZONTI) E MELLOR DIRECTOR
2019: FESTIVAL A HABANA: PREMIO FIPRESCI
2019: MINSK INTERNATIONAL FILM FESTIVAL PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR
FICUMAN FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE UNAM 2020,  PREMIO AO MELLOR DIRECTOR

 

 



SINOPSE

Século XIX, un fotógrafo chega a Terra do Fogo, un territorio hostil e violento, para fotografar a voda dun poderoso latifundista. A futura esposa, apenas unha nena, convírtese nunha obsesión. Tratando de capturar a súa beleza, traizoa ó poder que domina o territorio. Pero é descuberto. 





THEO COURT
Director, actor, guionista e produtor nado en Ibiza no 1980. 
Fillo de pais chilenos, se trasladan a vivir a Chile no 1996. Estuda Fotografía en Madrid e posteriormente estuda cine en Santiago de Chile. É graduado na especialidade de dirección na Escola de Cine de San Antonio de Los Baños, Cuba. No 2004. Iníciase no cine coa curtametraxe O espino (2004), logo roda Sendeiro (2008), unha mediometraxe de animación. 
Debuta na longametraxe con Ocaso (2010).
Este é o seu último traballo.

Sole

23 de Novembro ás 20:00


SOLE


(SOLE)   de   CARLO SIRONI


ITALIA     2019;     102'    V.O.S.C.       









GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME E MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO A SANDRA DRZYMALSKA NO BASTIA ITALIAN FILM FESTIVAL 2020

PREMIO FIPRESCI NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN 2019 

PREMIO LANTERNA MÁXICA AO DIRECTOR E MENCIÓN ESPECIAL PARA O ACTOR CLAUDIO SEGALUSCIO,  NO VENECIA FILM FESTIVAL 2019

MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO AO DIRECTOR NO MUMBAI FILM FESTIVAL 2019

PREMIO AO MELLOR FILME NO PINGYAO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO A SANDRA DRZYMALSKA E CLAUDIO SEGALUSCIO, NO FESTIVAL DE  NOVOS CINEMAS DE MONTRÉAL 2019






SINOPSE 
Un mozo que pasa os días entre tragaperras e pequenos roubos recibe a misión de vixilar a unha moza polaca embarazada de sete meses, ela chega a Italia para dar en adopción ao neno que espera a cambio de cartos. 





CARLO SIRONI 
Director, actor, guionista e fotógrafo nado en Italia no 1983. Iníciase no cine traballando nos equipos de rodaxe como asistente do director. Debuta na realización con curtametraxes coas que compite en varios festivais internacionais, Sofia (2008), Cargo (2012), o fío de Arianna (2012) e Valparaiso (2016). Ten dirixido tamén programas para a televisión e videos musicais, para artistas independentes e grandes compañías discográficas como Warner Chapel Music. 
Foi selecioado para a Residencia de Cinefondation de Cannes para traballar na súa primeira longametraxe, Sole. Este filme é o resultado; é tamén, o seu último traballo. 



Enlaces sobre o filme: 


https://www.micropsiacine.com/2019/10/festivales-critica-de-sole-de-carlo-sironi-pingyao/

https://revistamutaciones.com/sole-critica/

https://cineuropa.org/es/newsdetail/377006/

https://cineuropa.org/es/interview/376884/

Supa Modo

 SUPA MODO (SUPA MODO) de LIKARION WAINAINA Luns 12 ás 20:30h ALEMAÑA 2018; 74' V.O.S.C.

2018: CINETOPIA FILM FESTIVAL PREMIO DA AUDIENCIA 2018: DURBAN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL PREMIO AO DIRECTOR 2018: BLACK FILM FESTIVAL MONTREAL, MELLOR GUIÓN 2018: CAPE TOWN INTERNATIONAL FILM MARKET AND FESTIVAL, PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NOVEL 2018: CARTHAGE FILM FESTIVAL, MELLOR GUIÓN 2018: BERLIN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, MENCIÓN ESPECIAL Ó MELLOR FILME 2018: ZANZIBAR INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, MELLOR FILME 2018: HAMBURG FILM FESTIVAL, MELLOR DIRECTOR 2018: EDINBURGH INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, MENCIÓN ESPECIAL AO MELLOR FILME 2019: CHILDREN'S FILM FESTIVAL SEATTLE, PREMIO DA AUDIENCIA E PREMIO DO XURADO MOZO 

SINOPSE 

Unha nena de nove anos é fan entusiasta dos filmes de acción e soña con ser unha superheroina. O seu maior desexo é rodar unha película e ser a protagonista. Grazas a súa imaxinación esquece que está na fase terminal dunha grave doenza. A súa irmán a anima a empregar todos os seus poderes máxicos.

LIKARION WAINAINA 

Realizador, actor, produtor, guionista, montador e fotógrafo de orixe keniata nado en Moscova en 1987. Residente en Nairobi, é alí onde ven desenvolvendo unha carreira de director teatral, actor e realizador de televisión, Supa Modo é unha coproducción con Alemaña enmarcada nunha serie de proxectos destinados a desenvolver as ideas dos novos cineastas africanos. Ten rodado documentais, anuncios e series de televisión. Between the Lines (2013), é a primeira dunha serie de curtametraxes de notable éxito, proxectada nunha pantalla IMAX en Kenia por primeira vez. Bait (2015), foi seleccionada polo Festival de Cannes. Con este filme debuta como director na longametraxe, é tamén o seu último traballo. 

Enlaces sobre o filme: 


The Bra

 THE BRA (THE BRA) de VEIT HELMER Luns 05 ás 20:30h ALEMAÑA 2018; 90' V.O.S.C.
AVANCA FILM FESTIVAL 2019: MELLOR GUIÓN, MENCIÓN ESPECIAL Ó DIRECTOR, E MELLOR ACTOR PREDRAG 'MIKI' MANOJLOVIC CINEQUEST SAN JOSE FILM FESTIVAL 2019: MELLOR FILME 

SINOPSE 

O día antes da a súa xubilación, un maquinista de tren recolle un sostén de encaixe azul enredado na locomotora. Movido pola curiosidade, inicia a busca da dona da prenda para devolvelo. 

VEIT HELMER 

Realizador, produtor, guionista, montador e fotógrafo alemán nado no 1968. Comeza a rodar películas aos catorce anos. Dous meses antes da caída do muro trásladase a Berlín Oriental para estudar teatro na escola "Ernst Busch". Do 1991 ao 1997, estuda dirección de cine no HFF de Munich. Famoso pola curtametraxe Surprise! (1995), premiada en Cannes, na Seminci e na Semana de Cine de Terror de San Sebastián. Como guionista co-escribe a longametraxe A trick odf light, dirixida por Wim Wenders. Tuvalu (1999), foi a súa primeira longametraxe na dirección, con ela acadou numerosos premios internacionais. Absurdistan (2008), foi o seguinte traballo, seleccionado en Sundance e no Festival de cine de Moscú. Outros dos seus traballos, Baikonur (2011), Gate to Heaven (2013), Quatsch und die Nasenbärbande (2014). Tamén documentais como Behind the coach: casting in Hollywood (2005), Premio da Asociación de Críticos Alemáns. Esta é o seu último traballo. 

Enlaces sobre o filme: 

Un branco, branco día

 SETEMBO               HVÍTUR,

                                   HVÍTUR  DAGUR  de  HLYNUR  PALMASON    

         21 Luns ás 20:30h              (UN BRANCO, BRANCO DÍA)   

                                                       ISLANDIA     2019;     109'    V.O.S.C.  

 

 



 

PREMIO ARTE INTERNATIONAL AO DIRECTOR NO ROTTERDAM INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018
PREMIO LOUIS ROEDERER FOUNDATION RISING AO ACTOR INGVAR SIGURDSSON NO CANNES FILM FESTIVAL 2019 
MENCIÓN ESPECIAL AO MELLOR FILME NO ZURICH FILM FESTIVAL 2019
PREMIO AVANTI! AO DIRECTOR NO TORINO FILM FESTIVAL 2019 
PREMIO AO MELLOR ACTOR INGVAR SIGURDSSON, NO TRANSILVANIA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019 
PREMIO AO MELLOR GUIÓN NO NORDIC INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
PREMIO AO MELLOR FILME NO MOTOVUN FILM FESTIVAL 2019
PREMIO AO MELLOR ACTOR INGVAR SIGURDSSON, NO MONTRÉAL FESTIVAL OF NEW CINEMA 2019
PREMIO AO MELLOR GUIÓN, MELLOR ACTRIZ ÍDA MEKKÍN HLYNSDÓTTIR, E MELLOR DIRECTOR NO HAMPTONS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
PREMIO TALENTO AO DIRECTOR NO D'A FILM FESTIVAL BARCELONA 2020

 

 

SINOPSE

Nunha remota cidade islandesa, un xefe de policía xubilado sospeita cun home tivo un amorío coa súa muller, recén falecida nun accidente automovilístico. Pouco a pouco, a súa inquedanza por descubrir a verdade convírtese nunha perigosa obsesión.

 

 

HLYNUR  PALMASON

Realizador, guionista e produtor islandés nado no 1984. Iníciase como artista visual e máis tarde co cine, tras graduarse na  Danish National Film School, no 2013, coa galardoada curtametraxe A Painter (2012). Debuta na longametraxe con  con Winter Brothers (2017), estreada no Festival de Cine de Locarno ondea cada varios premios. Esta é a súa  segunda longametraxe é o seu último traballo.

 

 

 

 Aí vai máis información:

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger