DOG POUND (A CANCEIRA)
FRANCIA/CANADÁ/REINO UNIDO 2010;
91 minutos/ COR V.O.S.C.

-PREMIO AO MELLOR DIRECTOR POR A NOVA NARRATIVA, TRIBECA FILM FESTIVAL, 2010
SINOPSE
Tres delicuentes mozos son enviados a un correccional no que teñen que sobrevivir enfrontándose a bandas violentas. Morte e acoso por parte dos traballadores da prisión e do resto dos presos.
KIM CHAPIRON
Actor, produtor, guionista, fotógrafo e realizador nado en 1980, en París.
Iníciase profesionalmente coa curtametraxe La barbichette (2002). Debuta na longametraxe con Sheitan (2006).
O seu último traballo é La crème de la crème (2014)
podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=D3a3lAdkvLA

