DASATSKISI de DEA KULUMBEGASHVILI
PREMIO FIPRESCI Á DIRECTORA NO TORONTO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2020
CONCHA DE OURO AO MELLOR FILME, GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR GUIÓN, MELLOR DIRECCIÓN, E CONCHA DE PRATA Á MELLOR ACTRIZ, IA SUKHITASHVILI, NO SAN SEBASTIÁN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL
ESPECIAL MENCIÓN DO XURADO A MELLOR DIRECCIÓN NO MANNHEIM-HEIDELBERG INTERNATIONAL FILMFESTIVAL
PREMIO AO MELLOR FILME NO ADELAIDE FILM FESTIVAL 2020
Sinopse
Nunha tranquila vila de provincias a comunidade de Testemuñas de Xehová é atacada por un grupo extremista. En pleno conflito, a muller do líder da comunidade, derrúbase, crece a súa insatisfacción interior mentres loita por atopar sentido aos seus desexos.
DEA KULUMBEGASHVILI
Directora, produtora e guionista xeorxiana. Nada e criada na Xeorxia rural, estuda Ciencias da Información na The New School de Nova York, e Dirección de cine na Universidade de Columbia. Para unha directora que quere rodar no seu país e no seu idioma, que rexeita da visión de espectáculo de masas de Hollywood, estudar nos EE.UU. supuxo un shock. "A primeira vez que fun a Nova York foi para facer Comunicación Audiovisual, unha carreira máis aberta, pero Dirección de Cine en Columbia era moito máis ríxida, eles só cren nun xeito de facer cine, unha soa narrativa. Foi interesante e pouco edificante ao mesmo tempo. Entendín que alí a educación é unha inversión, todo o mundo agarda recuperar os cartos invertidos. Eu veño dunha antiga república soviética onde a educación representa unha idea máis romántica. A miña familia sempre me educou na idea de que ir á universidade era un xeito de enriquecimiento intelectual".
Todo o seu traballo ven contando cunha parte de financiación francesa. Tras varias curtametraxes, no 2015 desenvolve esta primeira longametraxe na Résidence da Cinéfondation. É o seu último traballo.


