Khamsa


KHAMSA 
(KHAMSA )

FRANCIA/ALEMAÑA/TUNISIA 2008




PREMIO AO MELLOR GUIÓN NO FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE DE AMIENS, 2008

SINOPSE
Tras fuxir da súa familia de acollida, Khamsa volve ao campamento xitano onde nacera hai trece anos. Co seu curmán Tony o anano, Khamsa soña con facerse rico coas pelexas de galos. Nada ten mudado dende que marchara, as partidas de cartas, o mar Mediterráneo… Todo segue igual.

KARIM DRIDI
Realizador, produtor, fotógrafo e guionista nado en Tunisia.
Iníciase como director asinando as seguintes curtametraxes: Dans le sac (1985), Zoé la boxeuse (1992), Pigalle (1994), Cidadán Ken Loach (1997), Hors jeu (1998). Co documental Cuba feliz (2000), debuta na longametraxe. Logo viñeron, Fureur (2003 ), O último voo (2009). Chouf (2015), é o seu último traballo.

Enlaces sobre o filme:

Ezra


EZRA
(EZRA) 

AUSTRIA/BÉLXICA/FRANCIA/NIXERIA 2007









GRAN PREMIO DO XURADO, PREMIO INALCO E PREMIO UNFPA AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL PANAFRICANO OUAGADOUGOU DE CINE E TELEVISIÓN, 2007
PREMIO AO MELLOR FILME, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE DURBAN, 2007
PREMIO ALHAMBRA DE PRATA AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINES DO SUR DE GRANADA, 2007
PREMIO DA AUDIENCIA E UNICORNIO DE OURO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE AMIENS, 2007 


SINOPSE 
Ezra, ex-combatinte de Serra Leoa, loita por retomar unha vida normal tras a guerra civil que asolou o país. Pasa os días entre un centro de rehabilitación psicolóxica e un tribunal de reconciliación nacional establecido baixo os auspicios da ONU. Durante o xuízo ten que enfrontarse á súa irmá polo asasinato dos pais. Ezra non recorda nada. Poderá admitir este horror e acadar o perdón?

NEWTON I. ADUAKA 
Director guionista e produtor nado en Ogidi, Nixeria, en 1966. Marcha coa súa familia a Lagos no 1970. En 1985, deixa os seus estudos de Enxeñería para estudar Cine en Londres, onde se gradúa en 1990. No 1997 crea a produtora Granite Film Works. No ano 2004 realiza a curtametraxe Aicha. Debuta na longametraxe con Paris la metises (2005). One Man's Show (2012) e Katarina (2015), son os seus últimos traballos.
 
  
Enlaces sobre o filme:  

Khorma, o mozo do cemiterio



KHORMA, L’ENFANT DU CIMETIÈRE 

(KHORMA, O MOZO DO CEMITÈRIO) 
BÉLXICA/FRANCIA/TUNISIA 2002







SINOPSE 
Nunha pequena vila de provincias en Tunisia, un mozo tunesino non encaixa co resto por ser de pelo rubio e moi branco de pel. É protexido por un bondadoso ancián que o trata como se fose un fillo. Intenta inculcalo nos seus principios e o inicia no oficio de divulgador de novas (matrimonios, nacementos, falecementos), e de orador nos soterramentos. Cando o vello morre, el debe substituílo, pero agora ninguén o manda, co cal, procede a unha auténtica reorganización da súa vida.



JILANI SAADI 
Realizador, produtor e guionista nado en Tunisia en 1962.
Licenciado en Estudos Cinematográficos e Letras Modernas na Universidade de París VIII. Logo realiza varios obradoiros de escenografía e guión. Produce e dirixe a súa primeira curtametraxe no 1995, Marchandage nocturne, e logo Café Hotel de l’Avenir (1997). Tamén ten escrito guións: para televisión, Tal pai, tal fillos e para cine French Dream.
Con este filme debuta na longametraxe. Tendresse du loup (2006), é o seu último traballo.
   

 Enlace sobre o filme:                 

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger