MICROPHONE
(MICRÓFONO)
EXIPTO 2010;
MELLOR FILME ÁRABE NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DO CAIRO, 2010
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CARTAGO, 2010
PREMIO AO MELLOR MONTAXE NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE DUBAI, 2010
PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINES DO SUR DE GRANADA, 2011
PREMIO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ESTAMBUL, 2011
SINOPSE
Un veciño volta a Alexandría tras pasar varios anos viaxando e, non entende, que a súa cidade natal teña mudado tanto durante a súa ausencia. Xa é tarde para retomar a relación cun antigo amor, e a relación co seu vello pai parece definitivamente rota. Deambulando pola cidade descobre o mundo artístico alternativo: cantantes de hip hop, “monopatinadores”, grafiteiros… A pesar do limitado dos seus recursos, intenta apoiar este movemento e chamar a atención cara ás diversas facetas da cidade.
AHMAD ABDALLA
Director, guionista, montador e fotógrafo nado no Cairo en 1979. Graduado na Facultade de Educacion e Música, traballa como montador dende 2003. Debuta na longametraxe con Heliópolis (2009). Este é o seu segundo filme. O seguinte filme Farrapos (2011), foi seleccioado para a sección Contemporary World Cinema no Festival Internacional de Cine de Toronto 2013.
Ten participado como xurado en diversos festivais internacionais e tivo a súa primeira retrospectiva no Festival Internacional de Cine de Singapur no ano 2014.
O seu último traballo como director é Decor (2014)
Podedes ollar a entrevista co director e a presentación do filme en:


