A casa da moreira


BAYT  AL  TOOT   de   SARA  ISHAQ
(A  CASA DA MOREIRA) 
R.U.    2013;    64’    V.O.S.C.





SINOPSE
Sara, é nada no Iemen, filla de pai iemenita e nai escocesa. Na súa mocidade comeza a sentirse incómoda coa súa contorna,  con dezasete anos marcha a Escocia a vivir coa nai. O pai  aprobaba a súa marcha se ela non renunciaba as súas raíces no Iemen. Sara fixo esa promesa aínda que despois non a cumpre. Dez anos máis tarde, no 2011, Sara vota ao Iemen convertida noutra persoa. Está decidida a enfrontarse ao seu pasado e ten a vontade de descubrir as súas raíces natais.

SARA  ISHAQ
Directora, guionista, fotógrafa, montadora e produtora nada en 1984 en Edimburgo. Creceu en Sana'a, Iemen, até que con dezasete anos volta a Edimburgo para completar a súa formación. Unha  década despois produce e dirixe o filme Karama Has No Walls (2012), unha curtametraxe documental aclamada pola crítica.
No 2013, debuta na longametraxe con este filme, é tamén o seu último traballo. 

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Braguino


BRAGUINO   de   CLÉMENT  COGITORE
(BRAGUINO) 
FRANCIA    2017;   48’   V.O.S.C.







PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DOCUMENTAL DE MOSCOVA 2018
2017: FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN: PREMIO ZABALTEGUI TABAKALERA


SINOPSE
No medio da taiga siberiana viven dúas familias: os Braguine e os Kiline. Ningunha estrada chega até alí, o único xeito é unha longa viaxe a través do río Ienissei, primeiro en barco, despois en helicóptero. Autosuficientes, ambas as dúas familias viven segundo as súas propias normas. Na vila hai unha  barreira, no río asenta unha illa na que se está construíndo outra comunidade: a dos nenos. Libres, impredicibles, salvaxes.
CLÉMENT  COGITORE
Director, actor, guionista, artista, montador, produtor e fotógrafo francés nado en  1983 en Colmar. Tras estudar na Escola Superior de Artes Decorativas en Estrasburgo e no Fresnoy National Studio de Arte Contemporáneo, produce Chroniques, unha curtametraxe galardoada no 2006  co Gran Premio no Festival Entrevues de Belfort. No 2007 participa coa curtametraxe Visités no Festival de Locarno. No 2010 con  Among Us, acada o Premio ao Mellor Director Novel. No 2011, acada o Gran Premio como vídeo artista  no Salon de Montrouge. Dende 2011, o seu traballo ten  sido obxecto de exposicións individuais e proxeccións monográficas (Palais de Tokyo, Museo de Arte Moderna e Contemporánea de Estrasburgo, Centro Europeo de Accións de Arte Contemporánea...) e colectivas (Centre Georges Pompidou-Paris, Eyebeam, Art + Technology Center, Nova York, Haus der Kulturen der Welt-Berlin,Kunsthalle-Basel, MoMA, NovaYork...). No 2015, acada o premio BAL para artistas mozos, logo o  premio Science Po para arte contemporánea,  e no 2016 o Premio da Fundación Ricard de Arte Contemporánea. Debuta na longametraxe con Ni le ciel ni la terre (2015), seleccionada na Semana da Crítica de Cannes, e premidada co  Premio da Fundación Gan , e no 2016 co Premio á Mellor estrea francesa, outorgado pola Unión Francesa de Críticos de Cine. A curtametraxe Les Indes galantes (2018),
é o seu último traballo como director. 

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

A Ciambra


A   CIAMBRA   de   JONAS   CARPIGNANO
(A CIAMBRA) 
ITALIA   2017;   107’    V.O.S.C.






2017: FESTIVAL DE SEVILLA: MELLOR ACTOR (PIO AMATO)
PREMIO A JONAS CARPIGNANO, NO BERGEN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2017
PREMIO LABEL EUROPA CINEMAS, A JONAS CARPIGNANO NO CANNES FILM FESTIVAL 2017
PREMIO A JONAS CARPIGNANO, Á MELLOR ACTRIZ DE REPARTO (IOLANDA AMATO),  NO CINEUPHORIA 2018
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR, MELLOR FILME E MELLOR MONTAXE, NOS PREMIOS DAVID DI DONATELLO 2018
PREMIO Á MELLOR MÚSICA, MELLOR FOTOGRAFÍA E PREMIO DA ASOCIACIÓN DE CRÍTICOS DE CINE NO GHENT INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2017
PREMIO SNCCI AO MELLOR FILME NO TRIESTE FILM FESTIVAL 2018
       
SINOPSE
Na comunidade xitana da Ciambra, universo sen lei, a familia é o primeiro. Así o ve Pío, de catorce anos, cuxo modelo de conduta é o se irmán Cosimo, pero cando o meten no cárcere, Pío aproveita a oportunidade de amosar a súa homada. Ser adulto ten un prezo moi superior ao que imaxina.

JONAS   CARPIGNANO
Director, guionista, fotógrafo, montador e produtor nado en 1984 en Nova York.
Iníciase na dirección na Universidade Wesleyan e, tras graduarse, trasládase a Italia para continuar a súa carreira. O seu traballo tense presentado nos mellores festivais: Cannes, Venecia e Sundance. Curtido en obras como Bestias do sur salvaxe; tras dirixir varias curtametraxes dende o 2006, dá o salto á  longametraxe no 2015 con Mediterránea, filme de gran percorrido internacional co que acadou o Gotham ao Mellor Director Novel.
Esta é a súa segunda longametraxe e o seu último traballo como director.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Sollers Point


SOLLERS  POINT   de   MATTHEW  PORTERFIELD  
(SOLLERS POINT) 
USA   2017;   101’   V.O.S.C.









SINOPSE
Un narcotraficante de medio pelo baixo  arresto domiciliario na casa do seu pai en Baltimore, inicia de novo relación cunha comunidade marcada polo desemprego, o abandono e a segregación profundamente arraigada. Alí, loita coas limitacións que o rodean mentres trata de atopar unha saída a súa propia prisión interna.

MATTHEW  PORTERFIELD  
Director, escritor, montador, produtor, actor, e guionista estadounidense.
Iníciase profesionalmente con Hamilton (2006), logo viñeron, Putty hill (2011) e I used to be darker (2013), tres traballos cun enorme éxito de crítica e público, A súa obra atópase na colección permanente do Museo de Arte Moderno e se ten proxectado no Centro Pompidou, o Centro de Arte Walker, a Bienal Whitney e festivais de cine como Sundance, a Berlinale  e  SxSW.
Realizou a súa primeira curtametraxe, Take What You Can Carry, (2015), rodada en Berlín cunha bolsa do Harvard Film Study Center.
Dende 2007, está ensinando produción e teoría cinematográfica na Universidade Johns Hopkins.
Este é o seu último traballo.


Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger