2017: FESTIVAL DE XIXÓN: MELLOR GUIÓN
SINOPSE
Nunha reunión co seu banqueiro, o dono dun pequeno negocio descobre que ten que pagar un suborno para acadar un préstamo. El dispáralle ao banqueiro e logo a si mesmo. Este incidente causa un enorme eco de ámbito nacional, cuestionando o desencanto da sociedade. Mentres, seis taxistas e os seus pasaxeiros desprázanse coa esperanza de atopar un futuro mellor.
STEPHAN KOMANDAREV
Director, guionista e produtor nado en Sofía en 1966. Graduado en Dirección de Cine e Televisión na Nova Universidade de Bulgaria en 1998. Un ano máis tarde funda a súa propia produtora: Argo. Iníciase na longametraxe con Dog's Home, estreada na sección Fórum da Berlinale en 2001. Co segundo filme, O mundo é grande e a felicidade está á volta da esquina , acada premios en festivais de medio mundo e foi preseleccioado para os Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa en 2009.
Na súa faceta de documentalista ten estreado títulos como: Home for Someone Else (2012), The Town of Badante Women (2009), Alphabet of Hope (2003), Bread over the Fence (2002). The Judgment (2014), foi o seguinte traballo de ficción.
Este foi o seu último traballo.
Este foi o seu último traballo.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:
http://www.publico.es/culturas/stephan-komandarev-pobreza-mayor-enemigo-democracia.htm
http://www.cinemaldito.com/destinos-stephan-komandarev/
http://www.eldiario.es/cultura/Festival-Cine-Gijon-Destinos-Bulgaria_0_710779784.html
http://www.elmundo.es/metropoli/cine/2017/11/30/5a1edd4dca4741f35b8b45e4.html
https://elpais.com/cultura/2017/11/30/actualidad/1512038136_491029.html
http://www.sensacine.com/noticias/cine/noticia-18562356/

