Non
Atopado
Amosando publicacións coa etiqueta Roy Anderson. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Roy Anderson. Amosar todas as publicacións

Sobre o Infinito


    OM  DET  OÄNDLIGA
    (Sobre o infinito)
    Roy Anderson (Suecia, 2019) 76 min.  / VOSE



Inspirada no conto de "As mil e unha noites", o filme  fai  unha particular descrición  das distintas etapas que un ser humano vai atravesando na vida;  dende os momentos máis prezados da existencia até a sensibilidade emocional e intelectual.

RECOÑECEMENTOS

2019: Festival de Venecia: León De Prata - Mellor Director
2019: Premios do Cine Europeo: Mellores Efectos Visuais
2019: Premios Guldbagge: Mellor Deseño de Produción

ROY   ANDERSSON

Realizador, fotógrafo, guionista, técnico de son, montador e produtor nado no 1943 en Gotemburgo. Caracterizado por filmes que traballan coa comedia do absurdo onde caricaturiza á sociedade sueca, de feito, a publicación Village Voice di que é “o Bergman do slapstick”. Ten pasado gran parte da a súa vida profesional traballando en publicidade, coa dirección de máis de 400 anuncios e tamén numerosas curtametraxes.
Ten dirixido tres longametraxes anteriores, Unha historia de amor sueca (1970),  Cancións dende o segundo piso (2000), e  Unha pomba  pousa nunha rama a reflexionar sobre a existencia (2014).
Este é o seu último traballo.

Posted by
Cineclube Lumière

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger