Un home mellor

A  BETTER  MAN   de   ATTIYA KHAN  e  LAWRENCE  JACKMAN
(UN   HOME   MELLOR)  
CANADÁ    2017;   85’   V.O.S.C.








SINOPSE

Unha produción valente e necesaria da actriz e cineasta Sarah Polley que trata un novo paradigma para a prevención da violencia machista.
O filme presenta unha serie de conversacións íntimas entre unha exparella na que houbo violencia doméstica durante dous anos. Vinte dous anos máis tarde,  Attiya pide a Steve que se reúna con ela porque quere saber como recorda el a relación e se está disposto a asumir a responsabilidade das súas accións violentas. 
Attiya decide filmar este primeiro encontro co seu maltratador. Esta reunión, emocionalmente crúa, marca un novo comenzo no proceso de recuperación de Attiya, así como un punto de partida importante para Steve que, fala por primeira vez do abuso, e abre a porta para tratar o pasado.

ATTIYA  KHAN  

Guionista e realizadora. Ten sido avogada de mulleres e nenos que teñen sido maltratados, e vén traballando en programas de refuxio familiar. O filme parte da súa experiencia persoal cando era adolescente. 
Como activista, presentou numerosos eventos e conferencias relacionados coa violencia doméstica. Xunto coa súa familia, foi a cofundadora dun programa de becas YWCA-Toronto para superviventes de violencia doméstica.
Este filme é o seu último traballo.

LAWRENCE  JACKMAN

Realizador, guionista e montador afincado en Toronto. Durante os últimos quince anos ven traballando en filmes independentes. Tamén traballa como consultor editorial asociado coa National Film Board de Canadá. Interésase, como editor e director pola narración creativa dos filmes e investiga sobre os límites do xénero. No 2011 dirixe How Feels, un documental musical sobre a historia dunha cantante con parálise cerebral. 
Este filme é o seu último traballo.


O reposteiro de Berlín

THE  CAKEMAKER    de    OFIR   RAUL  GRAIZER
(O  REPOSTEIRO  DE  BERLÍN) 
ISRAEL/ALEMAÑA   2017;   104'    V.O.S.C.
                               








2018: PROVINCETOWN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, PREMIO AO MELLOR GUIÓN 
2018: MIAMI, FESTIVAL DE CINE XUDÍO, PREMIO DA CRÍTICA
2018: MOLODIST INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO DIRECTOR E A PRODUCIÓN 
2018: KOSMORAMA, TRONDHEIM INTERNASJONALE FILMFESTIVAL, PREMIO DA AUDIENCIA AO DIRECTOR 
2018: FESTIVAL DU CINÉMA ISRAELIÉN DE MONTRÉAL, PREMIO DO XURADO O MELLOR DIRECTOR
2018: PREMIOS DA ACADEMIA ISRAELÍ DE CINE, MELLOR DIRECTOR, MELLOR ACTRIZ (SARAH ADLER), MELLOR GUIÓN, MELLOR MONTAXE E MELLOR SON
2017: JERUSALEM FILM FESTIVAL, PREMIO Á MELLOR MONTAXE E AO MELLOR GUIÓN
2017: FESTIVAL DE KARLOVY VARY: EAST OF THE WEST - PREMIO ESPECIAL DO XURADO


SINOPSE

En Berlín,  un enxeñeiro e construtor israelí encapríchase dun pasteleiro. Un romance que nada máis empezar remata, xa que un accidente de tráfico en Xerusalén  deixa sen vida o construtor . Unha viaxe a Israel servirá para aclarar moitas cousas pendentes. 

OFIR   RAUL  GRAIZER

Realizador, guionista, montador e produtor nado en Israel en 1981. 
Marcha a estudar cine no Sapir College, en Sderot, ao sur de Israel. Durante estes estudos  dirixe varias curtametraxes que se estrearon en numerosos festivais. Tras  graduarse codirixe A discoteca, estreada na “Quincena de directores de Cannes”  e noutros festivais de cine. Paralelamente, a curtametraxe foi aceptada no Programa Nipkow, Berlinale Talents, Agora Film Market,  e  outros  obradoiros de cine. 
Con este filme debuta na longametraxe; é tamén o seu último traballo.



Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger