O LADRÓN

DER RÄUBER

(O LADRÓN)
ALEMAÑA/AUSTRIA 






-PREMIO AO MELLOR GUIÓN BENJAMIN HEISENBERG E MARTIN PRINZ, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN, 2010

-PREMIO AO MELLOR DIRECTOR MOZO NOS PREMIOS DO CINE BÁVARO, 2010

-PREMIO AO MELLOR DIRECTOR, MELLOR ACTOR, ANDREAS LUST E MELLOR SON, NOS PREMIOS DO CINE AUSTRÍACO, 2011

SINOPSE

Filme filmado en Viena, baseado en feitos reais sobre o ladrón e atleta austríaco Johann Kastenberger, e na novela do autor austríaco Martin Prinz. 


Tras pasar os seus últimos días no cárcere preparándose como un gran atleta, ao saír preséntase ós diferentes campeonatos nacionais no seu país, onde aparece como a gran revelación local. Unha misteriosa forza, e unha gran capacidade de sacrificio, pero de onde sae esa superación é un misterio. Mentres pasa inadvertido na a súa reintregración social, aproveita a boa forma para seguir coa actividade anterior, roubar bancos.



BENJAMIN HEISENBERG


Actor, montador, produtor, guionista e realizador alemán nado en 1974. Discípulo aventaxado da escola berlinesa, inicia a súa carreira cinematográfica tras cursar a licenciatura de Belas Artes. Os seus primeiros traballos en vídeo derivaron en curtametraxes e, tras rematar seus estudos de dirección na escola de cine de Munich en 2005, debuta na longametraxe con Schlafer, filme seleccionado na sección Unha Certa Ollada do Festival Internacional de Cannes. 

Director sobrio, comedido e máis interesado nos silencios que nas palabras, aposta por unha narración de forte carácter xermano, sen obviar o seu estilo persoal, patente en todos os seus traballos. O guión de Über-Ich und Du (2014), é o seu ultimo traballo


podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=ew4SCpk2VPU

MY STUFF

MY STUFF 

(MY STUFF)
FINLANDIA 2013



                                             
SINOPSE

Petri, con vinteseis anos, síntese completamente perdido. Abandoado pola súa moza, acorralado por unha hipoteca e coa tarxeta de crédito no límite, sinte que a súa vida está baleira mentres ten a casa chea de cousas. Decide averiguar que é o que realmente lle falta embarcándose nun experimento con tres reglas: durante un ano todas as súas propiedades materiais estarán nun almacén, só poderá recuperar unha cada día e estará prohibido mercar nada novo.


PETRI LUUKKAINEN


Guionista, produtor e realizador finés. 


Dirixe o seu primeiro anuncio televisivo con dezasete anos e, dende o 2001, ten traballado en numerosos proxectos realizando principalmente documentais, series para Internet e publicidade. Recentemente ven de traballar nunha serie de documentais para YLE e ten dirixido un anuncio que acadou 3.000.000 visitas en YouTube.
Este é o seu último traballo.

Podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=LQZE9ucvr3Y

BORGMAN

CAMIEL BORGMAN

(BORGMAN) 
HOLANDA 2013



-PREMIO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SITGES, 2013 
-PREMIO CIDADE DE ATENAS AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ATENAS, 2013
-PREMIO FEDEORA AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE HAIFA, 2013
-PREMIO Á MELLOR ACTRIZ, HADEWYCH MINIS, AO MELLOR GUIÓN E AO MELLOR FILME NO NEDERLANDS FILM FESTIVAL, 2013
-PREMIO AO MELLOR FILME EUROPEO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ESTRASBURGO, 2013
-GRAN PREMIO AO MELLOR FILME FANTÁSTICO EUROPEO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE FANTÁSTICO DE SUECIA, 2013 


SINOPSE 

Camiel Borgman chama á porta da casa dunha familia burguesa que vive nunha apacible zona residencial. Quen é Borgman? Un soño, un demo, unha alegoría ou a encarnación dos nosos medos? 



ALEX VAN WARMERDAM 

Actor, compositor, produtor, guionista e realizador holandés nado en Haarlem, unha cidade na provincia de Holanda Septentrional en 1952. Estuda pintura e diseño en Amsterdam. Entre os anos setenta e oitenta funda co seu irmán dúas compañías teatrais: Hauser Orkater (que máis tarde se convirte no grupo musictheatre Hauser Orkater), e logo, De Mexicaanse Hond (O can mexicano). Debuta no cine en 1986 coa longametraxe Abel, proxectada en Venecia. Logo viñeron Os norteños (1992), De jurk (1993), Pequeno Tony (1998), Grimm (2003), Ober (2006), De laatste dagen van Emma Blank (2009). 

Schneider vs. Bax, aínda sen rematar, é o seu ultimo traballo.


Podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=p88R3wJEuls

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger