Jack

  JACK
(JACK)
ALEMAÑA 2014




PREMIO LOLA DE PRATA AO MELLOR FILME DO CINE ALEMÁN, 2014 
PREMIO Á MELLOR PRODUCIÓN NOS PREMIOS DO CINE BÁVARO, 2015 


SINOPSE 
Con dez anos, sabe máis da vida que moitas persoas adultas. Dende que se levanta até que se deita coida do seu irmán pequeno e xestiona a casa. A nai vive sen parella, quéreos, pero non se ocupa de nada. Tras ser ingresado nun centro social, foxe na busca da nai, pero ela está desaparecida. Empeza para os dous nenos unha auténtica odisea. 


EDWARD BERGER 
Director, guionista e produtor, nado en Wolfsburg, Alemaña, en 1970. Remata os seus estudos de dirección de cine en 1994 na NYU (Universidade de Nova York). A continuación, iníciase profesionalmente coa produtora independente dos Estados Unidos Good Machine, con filmes de Ang Lee e Todd Haynes, entre outros. Reside en Berlín dende 1997. A súa primeira longametraxe como director foi producida tras escribir un libro, Gomez. Tamén escribe e dirixe varios episodios da serie de televisión KDD - Kriminaldauerdienst. En 2012, o seu filme A good summer foi galardoado co premio Grimme. 
O seu ultimo traballo é a produción de varios episodios de Deutschland 83 unha serie para a televisión alemá.


Podedes ollar o  tráiler do filme en:

Cuestión de atitude

                                                                                            XENIA
                                                                        (CUESTIÓN DE ATITUDE)
                                                                GRECIA/FRANCIA/BÉLXICA 2014




                                     




PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE DE XIXÓN, 2014
PREMIO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE DE CHICAGO, 2014
PREMIO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE GAY E LÉSBICO DE MILAN, 2014
PREMIOS AO MELLOR FILME, GUIÓN, MONTAXE, DIRECTOR, AOS ACTORES AGGELOS PAPADIMITRIOU, KOSTAS NIKOULI E NIKOS GELIA DA ACADEMIA DO CINE HELÉNICO, 2015




SINOPSE
Tras a morte da nai, os dous irmáns adolescentes deciden ir cara a Atenas na busca do pai, un home grego que nunca viran. Albaneses por parte de nai, os mozos son estranxeiros no seu propio país e agardan que o seu pai os recoñeza para acadar a nacionalidade grega. Asemade, teñen a promesa de participar nun concurso de canto popular que podería mudar a súa vida.


PANOS H. KOUTRAS
Director, guionista, actor e produtor nado en Atenas. Estuda na Escola de Cine de Londres e na Sorbona. Dirixe varias curtametraxes que participan nos mellores festivais de cine. En 1995, funda en Atenas unha empresa de produción 100% Synthetic Films e escribe o guión da a súa primeira longametraxe que se convertería nun filme de culto, O ataque da mousaka xigante. Logo viñeron Vida real e Strella, presentadas respectivamente en Toronto e Berlín.
Este é a súa cuarta longametraxe e o seu último traballo.



Nos seguintes enlaces podedes ollar entrevistas, tráiler e curiosidades sobre o filme:


Villa Touma

VILLA TOUMA
(VILLA TOUMA)
PALESTINA 2014









SINOPSE 
Tres irmás de Ramala, aristocráticas e solteiras, non foron quen de asimilar a nova realidade da ocupación e a emigración en masa da aristocracia palestina. Para sobrevivir, pechan a súa mansión aferrándose á nostalxia de glorias pasadas. A chegada dunha sobriña orfa fará que todo mude. 



SUHA ARRAF 
Realizadora, guionista e produtora nada na vila de Mi’ilya, en Palestina en 1969. Acada a licenciatura en Filosofía e Literatura na Universidade de Haifa no 1990 e máis tarde fai un máster en Antropoloxía na Universidade de Tel Aviv (1994). Iníciase profesionalmente como xornalista no periódico Haaretz; dende 1997 até 2010 mantén unha intensa traxectoria como documentalista para a televisión. A noiva siria marca a súa primeira participación como guionista de longametraxes. Logo acada o Óscar polo guión de “Os limoeiros”. 
O seu último traballo é a produción da curtametraxe Ave María.

                       




A camareira Lynn


DAS ZIMMERMÄDCHEN LYNN 
(A CAMAREIRA LYNN)
  ALEMAÑA 2014





PREMIO Á ACTRIZ VICKY KRIEPS, DO XURADO MOZO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MUNICH, 2014 

PREMIO Á MELLOR CONTRIBUCIÓN ARTÍSTICA E PREMIO FIPRESCI DA PRENSA INTERNACIONAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MONTRÉAL, 2014 


SINOPSE 

Filme baseado na novela de Markus Horts. Unha camareira obsesionada pola limpeza dedícase en corpo e alma ás tarefas domésticas que ten ao seu cargo no hotel Eden. Ten unha relación co xerente, pero o que realmente quere é coñecer os segredos dos clientes. Foza nas equipaxes e agóchase baixo as camas para escoitar o que pasa. Un día descobre a unha dominatrix que somete os clientes a prácticas sadomasoquistas. Iso mudará a súa vida. 


INGO HAEB 

Director, actor, guionista e produtor nado en 1970 en Hamburgo. 
Iníciase na dirección coa curtametraxe Derby (1999), e fai o seu debut na longametraxe no ano 2006 con Neandertal. Sohnemänner no 2011, é a segunda longametraxe. 
Este é o seu último traballo.


Podedes ollar entrevistas e tráiler do filme en:


Bernie


 BERNIE 
(BERNIE)
                USA 2011             




PREMIO LOUIS BLACK LONE STAR, AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE SXSW, 2012 

PREMIO TOP, NOS MELLORES DEZ FILMES INDEPENDENTES NOS PREMIOS NBR, 2012 
PREMIO AO MELLOR ACTOR DE REPARTO PARA MATTHEW MCCONAUGHEY, NOS PREMIOS NSFC, DA ASOCIACIÓN DE CRÍTICOS DE CINE DE NOVAYORK, 2012 
PREMIO DA ASOCIACIÓN DE CRÍTICOS DE CINE DOS ESTADOS UNIDOS, 2013 

SINOPSE 

Nunha vila tranquila e pequena de Texas, un empresario de pompas fúnebres moi coñecido e querido por todos os veciños inicia amizade cunha viúva rica. Cando ela comeza a ser excesivamente controladora saltan os problemas, el fará todo o posible para perdela de vista. 


RICHARD LINKLATER 

Guionista, fotógrafo, montador, actor, realizador e produtor, nado en 1960 en Texas, USA. Dende moi mozo inicia a súa paixón polo cine realizando experimentos cunha cámara de 8mm. Aos vinte anos comeza a estudar cine en Austin, alí no 1985, crea a Austin Film Society, onde proxecta ciclos e películas que normalmente non chegan ás salas da cidade. Tras as primeiras curtametraxes crea unha produtora e realiza Slacker (1991), o seu debut na longametraxe e que supón un éxito e permite a rodaxe da seguinte, Movida do 76. No 1995 acada o Oso de Prata en Berlín con Antes do amencer, coa que inicia unha triloxía xunto con Antes do atardecer (2004) e Antes do anoitecer (2013), un traballo sobre o paso do tempo, unha das obsesións do cineasta. Tras rodar Suburbia, e Os Newton Boys, no 2001 sorprende coas películas animadas Waking Life, e A Scanner Darkly, (2006). No 2014 estrea Boyhood, rodada ao longo de doce anos de seguimento dos actores. ´ 
O seu último traballo é Everybody Wants Some, aínda sen rematar.

Os cabalos de Deus


LES CHEVAUX DE DIEU
(OS CABALOS DE DEUS)
MARROCOS/ BÉLXICA/FRANCIA 2012







PREMIO FRANÇOIS CHALAIS, AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CANNES, 2012 

ESPIGA DE OURO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE VALLADOLID, 2012 
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ROTTERDAM, 2013 
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SEATTLE, 2013 
PREMIO LUMIÉRE AO MELLOR FILME FRANCÉS, 2014 
PREMIO MAGRITTE AWARDS, Á MELLOR FOTOGRAFÍA, BÉLXICA 2014 


SINOPSE 

Este filme fai unha interpretación libre dos atentados terroristas que tiveron lugar o 16 de maio do 2003 en Casablanca. Nun poboado de chabolas de Casablanca unha nai fai o que pode por sacar adiante á familia. O pai atópase nun estado depresivo e dos tres irmáns que ten un está no exército, outro é practicamente autista e o terceiro, con trece anos é o xefe do barrio. Miseria, violencia, drogadicción e cárcere fan que xoguen co islamismo radical. O líder espiritual do grupo encárgase de dirixir o prolongado adestramento físico e mental dos mozos antes de anunciarlles que teñen sido elixidos para converterse en mártires. 


NABIL AYOUCH 

Guionista, realizador e produtor, nado en 1969 en París. Tras estudar tres anos teatro en París (1987-1990), inicia os seus estudos como guionista e director de publicidade. No ano 1992, dirixe a súa primeira curtametraxe Les pierres bleues du desert. Dase a coñecer internacionalmente no ano 2000 coa longametraxe, Ali Zaoua, prince de la rue. Outros dos seus traballos: Mektoub (1997), Whatever Lola Wants (2007), My Land (2011). 
O seu último traballo é Much Loved, aínda sen rematar.

                       


Podedes ollar o  tráiler do filme:




UNHA SEGUNDA NAI


QUE HORAS ELA VOLTA?

(UNHA SEGUNDA NAI))

    BRASIL 2015;
            


                                          



PREMIO ESPECIAL DO XURADO PARA AS ACTRICES REGINA CASÉ E CAMILA MÁRDILA, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE SUNDANCE , 2015

PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME NO WORLD CINEMA AMSTERDAM, 2015

PREMIO ESPECIAL DO XURADO C.I.C.A.E. NA SECCIÓN PARONAMA, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE BERLIN, 2015

PREMIO AO MELLOR GUIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE RIVERRUN, 2015




SINOPSE

Unha interna coida ao fillo adolescente dun adinerado matrimonio ao que ten criado dende a infancia. A orde do fogar parece inquebrantabel até que un día chega á casa a súa filla, poñendo en perigro o equilibrio familiar. 





ANNA MUYLAERT

Montadora, produtora, guionista e realizadora nada en São Paulo, no 1964. 
Estudou cine na Escola de Comunicacións e Artes da Universidade de São Paulo. Como guionista participou nos equipos de creación dos programas Mundo da Lúa (1991) e de Castelo Rá-tim-bum (1995), e de Um menino muito maluquinho (2006), ademais de ter escrito o episodio de Open a Door: O menino, a favela e as tampas de panela, dirixido por Cao Hamburger. No 2005, foi coguionista da serie Filhos do Carnaval, da HBO, e realizou o último tratamento guionístico do filme O ano em que meus pais saíram de férias, ambos dirixidos por Cao Hamburger. No 2007, colaborou nos guións da serie Alice , coa dirección de Karim Ainouz. Como directora dirixiu varias curtametraxes, entre elas: Rock paulista, A origem dos bebês segundo Kiki Cavalcanti (1996), e da longametraxe Durval Discos (2002), premiada como mellor filme e mellor dirección na triséxima edición do Festival de Cinema de Gramado e, no 2009, É Proibido Fumar. Tamén nese ano dirixe o telefilme Para aceita-la continue na linha. No 2012, roda Chamada a Cobrar, a terceira longametraxe. 
Este é o seu ultimo traballo.




OS INSÓLITOS PEIXES GATO


LOS INSÓLITOS PECES GATO

(OS INSÓLITOS PEIXES GATO) 
       MÉXICO 2013;








                                     

FESTIVAL DE TORONTO: PREMIO FIPRESCI, 2013
FESTIVAL DE XIXÓN: PREMIO ESPECIAL DO JURADO, 2013
FESTIVAL DE MAR DA PRATA: MELLOR FILME LATINOAMERICANO, 2013
FESTIVAL DA HAVANA: PREMIO Á MELLOR DIRECTORA NOVEL, 2013
PREMIO DO XURADO MOZO Á MELLOR DIRECCIÓN EN LOCARNO, 2013
PREMIOS ARIEL, MEXICO: MELLOR ACTUACIÓN FEMININA (LISA OWEN), 2014
PREMIO DO XURADO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE SAN FRANCISCO, 2014




SINOPSE
Unha moza introvertida e meditabunda traballa nun centro comercial como promotora de salchichas. Vive cunha insostible soidade e, remata na sala de urxencias dun hospital público cun severo caso de apendicite. Alí entabla relación coa muller que se atopa hospitalizada na cama do lado. Pouco a pouco o fío entre elas faise estreito.



CLAUDIA SAINTE-LUCE
Actriz, guionista e realizadora nada en 1982, en Veracruz, México.
Graduada na Universidade de Guadalajara, en México, cunha licenciatura en artes audiovisuais. No 2005, dirixe a súa primeira curtametraxe, Morte Anunciada, seguida no 2007 por O Milagriño de San Xacinto.
Con este filme debuta na longametraxe. É tamén, o seu último traballo.





Podedes ollar entrevista coa directora e tráiler do filme:

A Lección


UROK

(A LECCIÓN)

BULGARIA 2014

  



PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, NO FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE DE SOFIA, 2015
PREMIO AOS MELLORES DIRECTORES E A MELLOR ACTRIZ, MARGITA GOSHEVA, NO FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE DE TRANSILVANIA, 2015
PREMIO AOS MELLORES DIRECTORES NOVEIS, NO FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE DE GOTEBURGO, 2015
PREMIO AOS MELLORES DIRECTORES, NO FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE DE VARSOVIA, 2014
PREMIO DIRECTORES NOVEIS, NO FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE DE SAN SEBASTIÁN, 2014
PREMIO AO MELLOR GUIÓN E MELLOR FILME, NO FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE DE TESALÓNICA, 2014
PREMIO AOS MELLORES DIRECTORES, NO FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE DE TOKYO, 2014





SINOPSE
Nunha pequena vila búlgara unha mestra moza trata de descubrir a un alumno que rouba na clase de xeito que poida darlle unha lección acerca do que está ben e o que está mal. Pero cando a débeda é con prestamistas pode ela saber cal é o camiño correcto? Que fai que unha persoa decente se converta en delincuente?



KRISTINA GROZEVA E PETAR VALCHANOV
Directores, actores, montadores, guionistas e produtores diplomados na Escola Nacional de Cine de Sofía. Tras probar o éxito na curtametraxe en festivais como Clemont-Ferrand, Busán e Bruxelas, e optar no 2013 ao premio á mellor curtametraxe europea da EFA con Jump, debutan na longametraxe con este filme.
É tamén, o seu último traballo.

Retratos de Familia

ILO ILO
   
(RETRATOS DE FAMILIA)
     
     SINGAPUR 2013
            

                                             


PREMIO AO MELLOR DIRECTOR, NOS PREMIOS ASIA PACIFIC, 2013
PREMIO SUTHERLAND AO MELLOR FILME, DO INSTITUTO DO CINE BRITÁNICO, 2013
PREMIO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE DUBAI, 2013
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NOVEL E MELLOR GUIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE MOLODIST, 2013
PREMIO AO MELLOR FILME, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE FILADELFIA, 2013
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TOKYO, 2013
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NOVEL, NO FESTIVAL PALM SPRINGS, 2014



SINOPSE
Baseado en feitos reais, o filme está ambientado en Singapur no ano 1997. Os Lim son unha familia acomodada de tres membros – marido, muller e fillo – que reciben a unha muller filipina que vén da metrópole a servir, ao igual que moitas outras compatriotas súas. Toda a familia ten que adaptarse á presenza desta estranxeira que altera aínda máis unha relación xa tensa.




ANTHONY CHEN
Guionista, produtor e realizador nado en 1984 en Singapur.
Interesado no cine dende moi novo realiza a súa primeira curtametraxe G-23 no 2004, na Escola Politécnica no seu país, acadando numerosos premios en diversos festivais. Logo viñeron, Ah ma (2007), II Haze (2008), Hotel 66 (2010), The Reunion Dinner (2011)
Debuta na longametraxe con este filme. É tamén, o seu último traballo.




Podedes ollar  o tráiler do filme e a entrevista co director en:

Clan Salvaxe

MANGE TES MORTS
   
(CLAN SALVAXE)



FRANCIA 2014


                                         


PREMIO JEAN VIGO, 2014 
PREMIO AO MELLOR FILME, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TURÍN, 2014



SINOPSE
Os protagonistas pertencen a unha comunidade xitana: un mozo de dezaoito anos e a piques de bautizarse na fe cristiá; un irmán menor, impulsivo e violento, e o seu medio irmán recén saído do cárcere. Xuntos van ao mundo dos “paios” na busca dun cargamento de cobre.



JEAN-CHARLES HUE
Guionista, realizador e fotógrafo, nado en 1968.
Dende o ano 2003 filma coa súa cámara as aventuras dos Dorkel, unha familia yeniche do norte de Francia orixinarios dos nómades centroeuropeos. No 2009, realiza a súa primeira longametraxe, o documental, Carne viva, onde explora a mitoloxía urbana de Tijuana. No 2010, debuta na ficción con, A BM du Seigneur, entre cine policíaco e wéstern xitano.
Este é o seu último traballo.





Podedes ollar entrevista co director e tráiler do filme:

Gett,o divorcio de Viviane Ansalem


GETT, THE TRIAL OF VIVIANE AMSALEM 

(GETT, O DIVORCIO DE VIVIANE AMSALEM) 
ISRAEL/FRANCIA/ALEMAÑA 2014  



PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE PALM SPRINGS, 2015

PREMIO AO MELLOR FILME ISRAELÍ, PREMIO HAGGIAG, Á MELLOR DIRECCIÓN, PREMIO DA AUDIENCIA, E PREMIO AO MELLOR ACTOR DE REPARTO, MENASHE NOY, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XERUSALÉN, 2014
PREMIO AO MELLOR FILME ESTRANXEIRO NOS PREMIOS NATIONAL BOARD OF REVIEW, USA 2014
PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN, NOS PREMIOS FILMES DO SUR EN OSLO, 2014
PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN, NA SECCIÓN UNHA CERTA OLLADA, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE DONOSTI , 2014
PREMIO GOLDEN STARFISH, AO MELLOR GUIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE HAMPTONS, 2014
PREMIO ART CINEMA, A RONIT ELKABETZ, COMO ACTRIZ NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE HAMBURGO, 2014
PREMIO AO MELLOR GUIÓN E PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CHICAGO, 2014
PREMIOS AO MELLOR FILME E PREMIO AO MELLOR ACTOR DE REPARTO, SASSON GABAI, NOS PREMIOS DA ACADEMIA DO CINE ISRAELÍ, 2014
 
SINOPSE 
Viviane Amsalem, separada dende hai anos de Elisha, quere acadar o divorcio para non converterse nunha marxinada social. En Israel aínda non existe o matrimonio civil; segundo as leis relixiosas, só o marido pode conceder o divorcio e, neste caso, el non quere. Ela loitará ante o Tribunal Rabínico para acadar o que considera un dereito. Un proceso de varios anos nos que a traxedia compite co absurdo.

RONIT  ELKABETZ 
Guionista, actriz, directora e técnica de son nada en 1964 en Beerseba, no seo dunha familia de orixe marroquí. Iníciase profesionalmente como actriz en filmes como: Mariage tardif, Origine Controlée (2001), Alila (2003), Mon trésor (2004). Debuta na dirección tamén xunto ao seu irmán Shlomi, con Prendre femme (2004). Logo rodou Sete días (2008).
Este é o seu ultimo traballo como realizadora.

SHLOMI  ELKABETZ 
Guionista, actor, director e produtor. Iníciase como realizador no 2004 con Ve'Lakhta Lehe Isha . No 2008 roda Shiva, e no 2011 Edut. Este é o seu ultimo traballo como realizador.


 Podedes ollar entrevistas e o tráiler do filme:


Girlhood


BANDE DE FILLES 

(GIRLHOOD) 
FRANCIA 2014








PREMIO AO MELLOR FILME DA CINEPHILE SOCIETY AWARDS, 2015
PREMIO ICS Á MELLOR FOTOGRAFÍA, 2014
PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA, E MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ESTOCOLMO, 2014
PREMIO AO MELLOR FILME, NA SECCIÓN UNHA CERTA OLLADA, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE DONOSTI , 2014
PREMI AO MELLOR FILME DA ASOCIACIÓN DE CRÍTICAS DE CINE : WOMEN FILM CRITICS CIRCLE, 2014


SINOPSE
Para a protagonista, a vida é unha sucesión de prohibicións. Séntese constrinxida pola súa familia, pola escola e pola implacable lei dos mozos do barrio. Pero a súa vida muda cando coñece a un grupo de mozas de espírito libre. Muda o seu nome, o xeito de vestir e abandona o colexio. Convertida en Vic, abraza o código da rúa onde se mesturan violencia, amizade e liberdade


CÉLINE SCIAMMA
Guionista, actriz e directora nada en 1978 en Pontoise, Val-d'Oise, Francia. Graduada en Literatura francesa, máis tarde, amplía os seus estudos nos cursos de guión na escola de cine Le Femis. Debuta na longametraxe con Naissance des pieuvre (2007), seleccionada na sección Unha certa ollada no Festival de Cannes e en máis de trinta festivais internacionais; acadou o Premio Louis- Delluc.
A segunda longametraxe foi Tomboy (2011), con ela deuse a coñecer internacionalmente. 

Yes, we fuck


YES, WE FUCK 

(YES, WE FUCK) 
              ESPAÑA 2015               








SINOPSE 
Seis historias de sexo e diversidade funcional. O documental amosa historias reais e diversas onde o sexo se converte nunha arma de pracer a prol dos dereitos individuais e colectivos das persoas. Máis alá do sexo, neste proxecto amósase non só que pode facer a sexualidade polas persoas con diversidade funcional, senón tamén que pode achegar a realidade da diversidade funcional á sexualidade en xeral.


ANTONIO CENTENO ORTIZ 
Realizador e guionista nado en 1971 en Montcada i Reixac, vive en Barcelona dende 1999. Adquiriu diversidade funcional (tetraplexia) con trece anos. Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Barcelona, exerceu como profesor nesta disciplina na Educación Secundaria dende 1998 até 2010. Membro do Foro de Vida Independente e Divertad dende 2004, forma parte do Consello Asesor de SOLCOM. Foi un dos membros do FVID que puxeron en marcha en 2006 a Oficina de Vida Independente . Colabora nos portais Social.cat e Dereitos Humanos con artigos de opinión. Impulsa proxectos deste tipo ou "o colectivo" en torno á cadeira que aborda o deseño libre e colaborativo de produtos de apoio. Recentemente participou na elaboración de “Nexos”, audiovisual de post-porno tolleito.
É o seu último traballo.

RAÚL DE LA MORENA 
Realizador, montador e guionista nado en Santa Coloma de Gramenet. En 2001 iníciase en producións independentes cun marcado carácter social. Dende 2005, tras a rodaxe do documental Editar unha vida, toma conciencia da loita polos dereitos das persoas con diversidade funcional e dende ese momento colabora esporadicamente en actos do Foro de Vida Independente. Outros dos seus traballos son: Fent Freaks (2005), 3ra. Fase (2006), Dones contra el Franquisme (2006), Feldpost 23558 (2007), Tsitsanu, camina! (2009).




Podedes ollar teaser e o tráiler do filme en:

Convicto


STARRED UP 

(CONVICTO) 
REINO UNIDO 2013









PREMIO DA AUDIENCIA E MENCIÓN ESPECIAL DA PRENSA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE LES ARCS, 2013
PREMIO MELLOR DISEÑO DE SON, NOS PREMIOS DO CINE EUROPEO, 2014
PREMIO NATIONAL BOARD OF REVIEW, AO MELLOR ACTOR REVELACIÓN, JACK O CONNELL, 2014
PREMIO AO MELLOR ACTOR REVELACIÓN, JACK OCONNELL, DOS CRÍTICOS DE CINE DE CHICAGO, 2014
PREMIO AO MELLOR FILME NOS PREMIOS BAFTA DE ESCOCIA, 2014



SINOPSE 

Un adolescente violento e con problemas sociais é transferido a toda présa a unha prisión para adultos. Alí convértese no candidato ideal para a rehabilitación. É admitido nun programa de control da ira dirixido polo terapeuta da prisión que tratará de axudalo, ao tempo que se axuda a si mesmo.


DAVID MACKENZIE
Guionista, realizador e produtor escocés nado no 1966. Saltou ao panorama internacional tras o filme Adam Young (2003), unha adaptación da novela de Alexander Trocchi; logo viñeron, Asylum (2005) e Hallam Foe (2007). Debuta en Hollywood con Spread (2009). Posteriormente, regresa a Escocia para dirixir Perfect Sense e You Instead (2011).
Xunto a Gillian Berrie monta a produtora Sigma Films que, ademais de producir filmes propios, traballaron con directores como Andrea Arnold en Red Road ou Lars von Trier en Dogville, así como na creación da produción e postprodución das instalacións de cine da cidade de Glasgow
O seu último traballo aínda sen estrear é Comancheria.






Podedes ollar entrevista co director e tráiler do filme:

Meus fillos



DANCING ARABS 

(MEUS FILLOS)
ISRAEL 2014




SINOPSE
Un mozo palestino nado na cidade de Tira a mediados dos anos setenta acada una bolsa nun exclusivo e afamado colexio xudeu en Xerusalén. É o primeiro árabe que estuda alí, así que trata de encaixar con todo o que pode entre os seus compañeiros e coa nova sociedade. Malia o seu esforzo non acada a aceptación desexada. Cegado pola ambición entende que terá que tomar unha decisión que pode mudar a súa vida para sempre.

ERAN RIKLIS
Guionista, produtor, fotógrafo, actor e director nado en Xerusalén en 1954. 
Iníciase profesionalmente no cine en 1975. Ten dirixido e producido numerosos telefilmes, series de éxito e documentais.; Creceu entre Estados Unidos, Canadá e Brasil. É graduado en Cine pola Escola Nacional de Cine de Beaconsfield, Inglaterra, en 1982. Debuta na longametraxe con On a clear day you can see Damascus (1984), “thriller” político baseado nunha historia real. Sete anos máis tarde filma Cup final, valorada pola crítica internacional e seleccionada para varios festivais. No ano 1993 realiza Zohar, co que acada un inmenso impacto en Israel. Con Vulcan junction (1999), fai unha homenaxe ao rock and roll, antes de filmar A noiva siria (2004). Logo viñeron Os limoeiros (2008), A viaxe do director de recursos humáns (2009), Playoff (2011). Zaytoun (2012).
Love Letters to Cinema (2014), unha curtametraxe, é, até o momento, o seu último traballo na dirección

Podedes ollar o tráiler do filme:

O bo fillo



THE GOOD SON 

(O BO FILLO) 
                ISRAEL 2014                




SINOPSE

Que pasa na cabeza dun mozo que decide cumprir o seu soño a calquera prezo? Onde está o límite entre a realización persoal e a fidelidade e honestidade cara a súa familia?
Amosamos a incrible historia de Or, un mozo de vintedous anos que, mentindo a uns pais moi conservadores, decide seguir adiante. Un retrato sobre o medo, a dúbida, a importancia da familia e a forza de vontade de ser un mesmo.




SHIRLEY BERKOVITZ 

Directora, guionista, fotógrafa e produtora nada en Tel Aviv. Estuda cine na Beit Berl Arts College en Israel, onde dirixe e produce a súa primeira curtametraxe Blocked. Debuta na longametraxe con Documental 100%. O seguinte documental The Way Up (2009), acadou varios premios en numerosos festivais internacionais e foi nomeado para un Premio da Academia do cine de Israel no 2010. Actualmente traballa como editora e directora de proxectos independentes, tamén como titora e formadora en grupos xuvenís e seminarios sobre cine e medios de comunicación.
Este é o seu último traballo



Podedes ollar entrevistas e o tráiler do filme en:

Policía en Israel


HA-SHOTER 

(POLICÍA EN ISRAEL) 
ISRAEL 2011




PREMIO DO XURADO AO MELLOR GUIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE PHILADELPHIA, 2011
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE THREE CONTINENTS DE NANTES, 2011
PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE LOCARNO, 2011
PREMIO AO MELLOR GUIÓN, MELLOR FOTOGRAFÍA E PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NOVEL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XERUSALÉN, 2011
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR E MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BOS AIRES, 2012 
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NOVEL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SAN FRANCISCO, 2012 

SINOPSE 
Un policía que pertence a un grupo de elite da unidade antiterrorista israelí cuxos membros son a arma coa que o Estado apunta os seus inimigos. Encantado co seu traballo e ilusionado por a súa próxima paternidade. O encontro cun grupo violento mudará as cousas. 

NADAV LAPID 
Realizador montador, actor e guionista, nado en Tel Aviv en 1975. Estuda Filosofía e Historia antes de formarse na Escola de Cine e Televisión Sam Spiegel en Xerusalén. Dirixe dúas curtametraxes Proyect Gvul (2004) e Kvish (2005). A mediometraxe Ha-Chavera Shell Emile (2006), foi o seguinte traballo antes de debutar na longametraxe como realizador con este filme. 
O seguintes filmes foron o documental Footsteps in Jerusalem (2013), e A mestra do parvulario (2014). Os seus últimos traballos na dirección son as curtametraxes Love Letters to Cinema (2014) e Lama? (2015).





Podedes ollar entrevistas e tráiler do filme:


Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger