Xente que non é eu


PEOPLE  THAT  ARE  NOT  ME  de   HADAS   BEN  AROYA
(XENTE QUE NON É EU)
ISRAEL   2016;     77’     V.O.S.C.










2016: GRAN PREMIO ZINEBI Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE DOCUMENTAIS E CURTAMETRAXES
 DE BILBAO
2016: PREMIO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MAR DA PRATA
2016: PREMIO TALENTOS AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR DE BARCELONA
2017: PREMIO DO XURADO O MELLOR FILME NO CALGARY UNDERGROUND FILM FESTIVAL




SINOPSE
A protagonista intenta superar a súa ruptura sentimental tentando posibles novas 
relacións   e   procurando   atopar   o   imposible   punto   de   equilibrio   entre   o 
rexeitamento  a  calquera   implicación  sentimental  e  a necesidade imperiosa de 
sentirse ligada a alguén.




HADAS  BEN  AROYA
Directora,  guionista,  produtora,  actriz  e  montadora  nada en Israel no 1988.
Graduada en Cine na Steve Tisch School de Tel Aviv, mentres estudaba realizou 
a   súa  primeira  curtametraxe,  "Sex Doll"  (2013),  con   ela   acadou   o   premio  
Gold  Panda  no   festival   de   Sichuan.
Este é a súa primeira longametraxe, do que ela mesma é protagonista, guioniza 
e   dirixe.  É tamén, o seu último traballo.




Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Tres idénticos descoñecidos


THREE  IDENTICAL  STRANGERS   de  TIM  WARDLE
(TRES IDÉNTICOS DESCOÑECIDOS)   
R.U.   2018;   96’   V.O.S.C. 



                               






2018: PREMIO DA AUDIENCIA E PREMIO DO XURADO O MELLOR FILME NO BERKSHIRE INTERNATIONAL FILM FESTIVAL (BIFF)
2018: PREMIO ESPECIAL DO XURADO DOCUMENTAL AO MELLOR GUIÓN NO SUNDANCE FILM FESTIVAL
2018: NATIONAL BOARD OF REVIEW (NBR): MELLOR DOCUMENTAL DO ANO
2018: PREMIO DA AUDIENCIA DOCUMENTAL AO MELLOR DIRECTOR NO CHICAGO CRITICS FILM FESTIVAL
2018: PREMIO DFCS, AO MELLOR DOCUMENTAL DA DETROIT FILM CRITICS SOCIETY
2018: PREMIO NBR DOS CINCO MELLORES DOCUMENTAIS DA NATIONAL BOARD OF REVIEW, USA
2018: PREMIO SDFCS AO MELLOR DOCUMENTAL DO SAN DIEGO FILM CRITICS SOCIETY
2018: PREMIO DFCC AO MELLOR DOCUMENTAL DO DUBLIN FILM CRITICS CIRCLE
2019: PREMIO DGA, AO MELLOR DIRECTOR DA DIRECTORS GUILD OF AMERICA, USA.








SINOPSE

Nova  York, 1980:  tres  completos  estraños descobren  accidentalmente  que 
son trixemelgos idénticos, separados no momento do nacemento. Unha alegre 
reunión tras dezanove anos catapúltaos á fama internacional, pero tamén abre
un secreto extraordinario e inquietante que vai máis aló das súas  propias vidas.





TIM  WARDLE
Director, fotógrafo, produtor e guionista británico.
Cofundador  e  produtor  da  afamada  produtora  Raw,  responsable 
de documentais  para  Channel 4,  como  "Lifes" (2012) e  "One killerPunch"   (2016).  Ten    traballado   para   CNN,    onde    desenvolveu 
tamén   proxectos   documentais.
Debuta  no   cine    con   este  premiado  documental  co  que acadou

sona  e  recoñecemento  internacional.
É tamén, o seu último traballo.




Aí van algúns enlaces sobre o filme:
https://www.todoliteratura.es/noticia/50631/cartelera/tres-identicos-desconocidos:-todos-distintos-todos-iguales....html

Sofía


SOFIA     de   MERYEM  BENM’BAREK
(SOFÍA)  
MARROCOS   2018;   79’   V.O.S.C.

                                        








2018: FESTIVAL DE CANNES -UN CERTAIN REGARD - MELLOR GUIÓN
2018: PREMIO MELLOR FILME, PREMIO TV5 MELLOR FILME E MELLOR ÓPERA PRIMA NO CARTHAGE FILM FESTIVAL
   2018: PREMIO FIPRESCI AO MELLOR FILME NO THESSALONIKI FILM FESTIVAL
   2018 LODZ:  PREMIO DO XURADO MOZO AO MELLOR FILME NO TRANSATLANTYK FESTIVAL
2019: PREMIO NOVAS VOCES/NOVAS VISIONS E GRAN PREMIO DO XURADO NO PALM SPRINGS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL
           

                                                                                                                     

SINOPSE
Sofía ten vinte anos, vive cos seus pais en Casablanca. Agocha o seu embarazo e dá a luz de xeito ilegal e fóra do matrimonio. O hospital a urxe para que en vinte e catro horas presente os papeis do pai  antes de alertar as  autoridades.




MERYEM  BENM’BAREK
Directora, guionista, produtora, e actriz nada en 1984 en Rabat, Marrocos. Estuda Filoloxía Árabe no National Institute de Linguas Orientais en Paris. Máis tarde estuda Dirección no INSAS Film School en Bruxelas, onde dirixe varias curtametraxes: "Nor" (2013), "Jennah" (2014).
Tamén ten comisariado exposicións no Victoria and Albert Museum en Londres. No 2017, a Fundación para Filmes Gan, que vén financiando con bolsas a cineastas que queren desenvolver os seus primeiros traballos, outórgalle unha á directora para rodar e distribuír este filme. 
Este é a súa primeira longametraxe e o seu último traballo.


 


 Aí van algúns enlaces sobre o filme:


Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger