O bailarín

THE  WHITE  CROW    de   Ralph   Fiennes
(O  BAILARÍN)
R.U.      2018;     127'    V.O.S.C.














SINOPSE

Baseado na novela de Julie Kavanagh, o filme narra a vida do bailarín Rudolf Nureyev, cando sae de viaxe por primeira vez fóra da Unión Soviética como membro da prestixiosa Kirov Ballet Company. Aínda que a KGB segue os seus pasos, e a pesares do gran risco que supoñía entón a deserción,  fuxe, e toma unha decisión que muda a súa vida para sempre.
                  

                                                                   



RALPH  FIENNES

Guionista,  produtor e realizador nado 1962 en Suffolk, (Inglaterra - Reino Unido). Fillo dunha escritora e dun fotógrafo, é o maior de seis irmáns. Estuda interpretación na Real Academia de Arte Dramático de Londres tras rexeitar o seu primeiro obxectivo profesional de convertirse en pintor, de feito, tiña iniciado estudos de pintura na Universidade de Belas Artes de Chelsea.

A finais dos anos 80 debuta no teatro actuando nas compañías Royal National Theatre e Royal Shakespeare Company. Despois iníciase no cine cunha adaptación da novela de Emily Brönte, Cumbres Borrascosas (1992), dirixida por Peter Kosminski.  Salta á fama internacional polo seu traballo no filme de Steven Spielberg A lista de Schindler (1993), co que foi nomeado ao Oscar por primeira vez na categoría de mellor actor secundario, feito que repetiría, como actor principal, no O doente inglés (1996).
Actor de títulos tan coñecidos como Quiz Show (1994), Spider (2002), O dragón vermello (2002), O xardiñero fiel (2005), entre outros. 

Na dirección debuta con Coriolanus (2011). Logo rodou A muller invisibel (2013).

Este é o seu último traballo como director. 





Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Bomb City

BOMB  CITY    de    Jameson  Brooks
(BOMB CITY)
USA      2017;     95'    V.O.S.C.











LOUISVILLE'S INTERNATIONAL FESTIVAL OF FILM 2017: PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, MELLOR PRODUCIÓN, E MELLOR ACTOR, DAVE DAVIS
NASHVILLE FILM FESTIVAL 2017: PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR, MELLOR PRODUCIÓN, MELLOR ACTOR, DAVE DAVIS, PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR ACTOR , DAVE DAVIS
TALLGRASS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2017: PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, MELLOR DIRECTOR E MELLOR PRODUCIÓN
BENDFILM FESTIVAL 2017: PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN E PRODUCIÓN.
DALLAS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2017: PREMIO DA AUDIENCIA Á MELLOR GUIÓN
FESTIVAL OF TOLERANCE 2018: PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR PRODUCIÓN
L.A. PUNK FILM FESTIVAL 2018: PREMIO MELLOR PRODUCIÓN E MELLOR FILME
NEW MEXICO FILM CRITICS 2018: PREMIO HONORARIO U.S. ROUTE 66








SINOPSE

Baseado en feitos reais, o filme está ambientado nos anos 90 en Amarillo, Texas; alí un mozo punk, coñecido pola súa  cresta verde, organiza concertos cos seus amigos nun lugar ruínoso coñecido como Bomb City, onde os habituais tratan de afastarse da cultura conservadora que os rodea.






JAMESON  BROOKS

Guionista, produtor, montador, fotógrafo e  realizador orixinario de Amarillo, Texas. É adicto ao BMX e ao monopatín. Iníciase no cine coas aclamadas curtametraxes Behold the Noose (2014) e Devil Has My Ear (2012), premiada cun Emmy. É co-fundador de 3rd Identity, unha produtora colaborativa con sede en Dallas.

Debuta na longametraxe con este filme. É tamén o seu último traballo como director.






Aí van algúns enlaces sobre o filme:


Deixame caír



LOF  MÉR  AР FALLA   de   Baldvin  Zophoníasson
(DEIXAME  CAÍR)
ISLANDIA      2018;     136' 









 
SINOPSE
A vida da moza Magnea muda cando coñece a Stella que, a deixa fascinada. Ela, que fora unha estudante brilante e deportista, deixa atrás toda unha contorna acomodada ante o carisma arroiador, a personalidade e o xeito pouco convencional de vivir de Stella.



BALDVIN ZOPHONÍASSON
Guionista, produtor e realizador Islandés. Inicia a súa traxectoria con once anos, cando realiza a súa primeira curtametraxe. Dende entón, ven trabajando como editor, cámara, e produtor para unha das maiores cadeas de televisión de Islandia, así como director de vídeos musicais. Tamén estudiou cine documental en Noruega. En 2003, fundou unha axencia de publicidade e continua especializándose no vídeo musical. A súa ópera prima, Jitters, foi un gran éxito internacional en reputados festivais.
Entre 2010 e 2012, dirixe e produce a “sitcom” (comedia de situación) islandesa Hae Gosi. Pouco despois dirixe Life in a Fishbowl, outro gran éxito que foi elexido por Islandia para a súa representación nos Oscars de 2014
O seu último traballo e a dirección e producción da serie The Trip, para a televisión.





Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Clara e Claire

CELLE  QUE  VOUS  CROYEZ   de   Safy   Nebbou
(CLARA E CLAIRE)
FRANCIA      2019;     101'    V.O.S.C.
  

    







SINOPSE
Baseado na novela de Camille Laurens, o filme narra a vida dunha profesora de mediana idade que inventa unha identidade para ligar nas redes sociais. Nun principio, é para espiar a un amante ocasional, pero cando coñece a un home ao que pide amizade virtual, a historia evoluciona nun falso relato amoroso.



SAFY   NEBBOU
Realizador, guionista, actor e produtor nado Baiona, Francia, en 1968. Iníciase profesionalmente como actor, sendo instruído por figuras de prestixio como Tsilla Chelton, Bryan Divers e Jean- Marie Broucaret. Traballou oito anos no Théâtre des Chimères en obras de autores tan diversos como Grumberg, Topor, Chéjov, Molière ou Valle- Inclán. Posteriormente chegou a ser profesor de teatro ao tempo que director teatral, levando a escena máis de trinta obras entre 1989 e 1998. Ten escrito e dirixido numerosas curtametraxes aclamadas internacionalmente antes do seu debut na longametraxe con O pescozo da xirafa (2004). A marca do anxo (2008),  é a súa segunda película. En febreiro de 2011 estrea en Francia o filme, O outro Dumas, onde Gérard Depardieu interpreta ó escritor dos Tres mosqueteiros.  Comme un home (2012), Dans les forêts de Sibérie (2016), e a curtamentraxe,  Ensemble, c'est possible! (2017), foron os seguintes traballos.
Este é o seu último traballo como director.





 Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Perdidos en París


PARIS PIEDS NUS de FIONA GORDON e DOMINIQUE ABEL   
(PERDIDOS EN  PARÍS)  
FRANCIA/BÉLXICA     2016;     83'    V.O.S.C.



                            

       







2016: PREMIO Á DIRECCIÓN NO DENVER INTERNATIONAL FILM FESTIVAL
2016: PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME NO MILL VALLEY FILM FESTIVAL
2018: PREMIO Á MELLOR MONTAXE NOS PREMIOS MAGRITTE DE BÉLXICA





SINOPSE
Unha bibliotecaria canadense chega a París para axudar a súa tía e impedir así, que sexa  internada nunha residencia de anciáns. As cousas mudan de xeito inesperado, ela perde a súa equipaxe e a súa tía, non aparece!! É o inicio dunha cadea de enredos.




FIONA GORDON e DOMINIQUE ABEL
                                     

Guionistas,  actores e realizadores nados no 1957.
Fiona Gordon nada en Australia e criada en Canadá. Coñece  en París ó  belga Dominique Abel, co  que inicia unha carreira profesional a tempo completo: son parella, fan teatro e cine. Xuntos escriben, dirixen e protagonizan esta comedia dinámica, chea  de cores saturadas na que encadean unha serie de gags físicos, notoriamente inspirada no singular arte de Jacques Tati.
Na década dos 80 se instalaron nunha antiga fábrica reconvertida de Bruxelas e fundaron a compañía teatral Courage mon amour, coa que organizaron catro espectáculos que deron a volta ao mundo. Influenciados polo circo poético e o teatro xestual, o seu tema favorito é a torpeza dos  seres humáns. Nos anos 90, inícianse no cine, primeiro como actores na curtametraxe A boneca (1992), e  posteriormente protagonizaron e co-dirixiron, Merci cupidon (1994), Rosita ( 2000), e Camiñando no lado salvaxe (2000).
Debutan na longametraxe con  O iceberg (2005). Logo viñeron: Rumba (2005), e  A fada (2011).
O seu último traballo é a curtametraxe The tent (2017).


Familia mergullada

FAMILIA   SUMERGIDA    de   MARÍA   ALCHÉ
(FAMILIA  MERGULLADA)
ARXENTINA     2018;     91'    V.O.








    

2018: FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN: PREMIO HORIZONTES
2018: PREMIOS SUR: MELLOR ACTRIZ (MERCEDES MORÁN)
2019: PREMIO ESPECIAL DO XURADO Á MELLOR FOTOGRAFÍA NO  MONTCLAIR  FILM  FESTIVAL (MFF)





SINOPSE
Tras a morte da a súa irmán, unha muller deambula perdida na a súa propia casa; as conexións coa súa contorna  familiar tamén están dislocadas.  A chegada dun mozo amigo da filla fai que ela vaia animándose a saír e compartir conversas e paseos, tamén cos  parentes doutra dimensión.




MARÍA   ALCHÉ
Guionista,  fotógrafa, produtora, actriz e realizadora nada en 1983, en Bos Aires.  Estuda Dirección Cinematográfica na Escola Nacional de Experimentación e Realización Cinematográfica  (ENERC), de Bos Aires, graduándose en 2010. Na a súa carreira  como actriz se destacan  A nena santa, Trátame ben, e  Casei cun boludo. Como guionista e directora, realizou algunhas curtametraxes, Noelia (2012), Gulliver  (2015),  que foron seleccioadas en prestixiosos festivais ao longo do mundo. Dende 2015  é  profesora de Dirección de Actores na  ENERC. Debuta na  longametraxe con este filme, é tamén o seu último traballo.






Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Ray & Liz

RAY  &  LIZ     de    RICHARD   BILLINGHAM  
     (RAY & LIZ)
      R.U.      2018;     107'    V.O.S.C.











MELLOR FOTOGRAFÍA, MELLOR ACTRIZ (ELLA SMTIH), E PREMIO SIGNIS, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE  BOS AIRES 2019
PREMIO AO MELLOR FILME NO VILNIUS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
GRAN PREMIO DO XURADO NO LUXEMBOURG CITY FILM FESTIVAL 2019
MELLOR DIRECTOR E PREMIO ESPECIAL DO XURADO NO LISBON & ESTORIL FILM FESTIVAL 2018
GRAN PREMIO Á EXPERIMENTACIÓN PARA O DIRECTOR, NO MONTRÉAL FESTIVAL OF NEW CINEMA 2018
PREMIO GOLDEN ALEXANDER AO DIRECTOR NO THESSALONIKI FILM FESTIVAL 2018
2018: PREMIOS DO CINE INDEPENDENTE BRITÁNICO: MELLOR DIRECTOR NOVEL E NOVO PRODUCTOR
2018: FESTIVAL DE LOCARNO: MENCIÓN ESPECIAL
2018: FESTIVAL DE SEVILLA: PREMIO ESPECIAL DO XURADO




SINOPSE
Na periferia de Birmingham, a familia Billingham  leva a cabo rituais rachando prexuízos nunha vida determinada por factores que fuxen ao seu control. Baseado nas memorias do fotógrafo e director Richard Billingham, o filme retrata aos seus pais  e  o impacto que  supuxeron na a súa vida e a o de seu irmán pequeno Jason.



RICHARD   BILLINGHAM 
Artista, realizador, guionista e fotógrafo nado Birmingham en 1970.  Entre o documental e a ficción, entre o heroico e o traxicómico, aborda estereotipos sociais e psicolóxicos propios da clase obreira británica, sendo considerado un dos máximos expoñentes dos YBAs (Young British Artists). Cando tiña 10 anos, despediron ao seu pai da fábrica, e xa non traballou máis. Agotado o subsidio de desemprego, a familia vende a casa na que residían para trasladarse a un piso de protección oficial, é cando el atopa refuxio no debuxo, onde descobre un talento natural para pintar paisaxes, vehículos e animais. Con dificultades, estuda Belas Artes na Universidade de Sunderland. No 1994 fai a súa  primeira exposición colectiva, Who’s Looking at the Family, na Barbican Art Gallery de Londres, e no ano seguinte a primeira exposición individual na galería londinense de quen aínda hoxe é o seu marchante, Anthony Reynolds, e que o puxo na órbita do coleccionista Charles Saatchi, que o inclúe na exposición Sensation, na que 42 creadores cautivaron a escena artística coa súa vitalidade e creatividade e foron bautizados baixo o nome xenérico de YBAs (Young British Artists).
Esta é a súa primeira longametraxe e o seu último traballo no cine. Da clases de fotografía na Universidade de Gloucestershire  e na de  Middlesex.





 Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Os informes sobre Sara e Saleem

THE  REPORTS  ON  SARAH  AND  SALEEM
(OS INFORMES SOBRE SARA E SALEEM) de MUAYAD ALAYAN
          PALESTINA     2018;     127'    V.O.S.C.


            



 






MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO AO DIRECTOR, NO TITANIC INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018
GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME,  NO  SEATTLE INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018
PREMIO DA AUDIENCIA AO DIRECTOR,  NO ROTTERDAM INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018
PREMIO Á MELLOR ACTRIZ MAISA ABD ELHADI, E MELLOR FILME, NO  DURBAN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018





SINOPSE
Baseado en feitos reais, o filme narra a  relación adúltera de Sarah, unha muller israelí, que traballa nun café ao Oeste de Xerusalén, e Saleem, palestino de Xerusalén Leste, que traballa como repartidor. As respectivas parellas coñecen os enganos tras unha pelexa pública de ambos, feito que fai tamén que el estea no punto de mira das forzas de seguridade israelíes.






MUAYAD ALAYAN
Guionista,  fotógrafo, produtor e realizador palestino que vive en Xerusalén.
Tras rematar os seus estudos de cine en San Francisco, volta a Israel co obxectivo de filmar cine con palestinos e sobre os palestinos como comunidade. É cofundador de PalCine Productions, unha produtora que aglutina a un colectivo de cineastas e artistas audiovisuais en Xerusalén e Belén, dedicada a facilitar as producións en colaboración e para ofrecer servizos de produción en Palestina. É tamén cofundador dos Palestine Film Meetings, os primeiros encontros deste tipo mantidos en Palestina e organizados polo Film Lab Palestine como parte do festival anual,  Days of Cinema.
A súa primeira curtametraxe é  Lesh Sabreen?,  estreada no prestixioso Clermont-Ferrand International Short Film en 2009. Debuta na longametraxe coproducindo e coguionizando o filme  Love thef tand other entanglements, estreado na sección Panorama da Berlinale en 2015, e acadando varios premios.
A House in Jerusalem, é o seu último traballo.



Xesús

BOKU WA IESU-SAMA GA KIRAI
(XESÚS)   de   HIROSHI  OKUYAMA
XAPÓN     2018;     78'    V.O.S.C.













2018: FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN, PREMIO NOVOS DIRECTORES
   2018: STOCKHOLM FILM FESTIVAL,  PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA
2018: INTERNATIONAL FILM FESTIVAL & AWARDS MACAO,  MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO AO DIRECTOR
   2019: DUBLIN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL,  PREMIO DA CRÍTICA DE CINE Á MELLOR FOTOGRAFÍA





SINOPSE
Un neno abandona  Tokio para irse a vivir coa súa avoa a unha  zoa rural.  Alí ten que integrarse nun novo colexio,  un centro cristián. Nun principio, queda sorprendido coa chamada ao rezo na clase, pero un día, no medio da oración, aparece un pequeno Xesús que convirte en realidade os seus desexos.  





HIROSHI  OKUYAMA
Realizador, guionista, montador e fotógrafo xaponés nado no 1996. Iníciase como realizador cando aínda estaba estudando secundaria. No 2009, con trece anos, dirixe o vídeo musical Graduationparty!!!!!, que se estrea no  Festival Internacional de Cine de Kioto. É o autor tamén das curtametraxes The Swan Smiles (2016) e Tokyo 21st October (2018). 
Esta é a súa primeira longametraxe e o seu último traballo.





Aí van algúns enlaces sobre o filme:


Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger