O bailarín

THE  WHITE  CROW    de   Ralph   Fiennes
(O  BAILARÍN)
R.U.      2018;     127'    V.O.S.C.














SINOPSE

Baseado na novela de Julie Kavanagh, o filme narra a vida do bailarín Rudolf Nureyev, cando sae de viaxe por primeira vez fóra da Unión Soviética como membro da prestixiosa Kirov Ballet Company. Aínda que a KGB segue os seus pasos, e a pesares do gran risco que supoñía entón a deserción,  fuxe, e toma unha decisión que muda a súa vida para sempre.
                  

                                                                   



RALPH  FIENNES

Guionista,  produtor e realizador nado 1962 en Suffolk, (Inglaterra - Reino Unido). Fillo dunha escritora e dun fotógrafo, é o maior de seis irmáns. Estuda interpretación na Real Academia de Arte Dramático de Londres tras rexeitar o seu primeiro obxectivo profesional de convertirse en pintor, de feito, tiña iniciado estudos de pintura na Universidade de Belas Artes de Chelsea.

A finais dos anos 80 debuta no teatro actuando nas compañías Royal National Theatre e Royal Shakespeare Company. Despois iníciase no cine cunha adaptación da novela de Emily Brönte, Cumbres Borrascosas (1992), dirixida por Peter Kosminski.  Salta á fama internacional polo seu traballo no filme de Steven Spielberg A lista de Schindler (1993), co que foi nomeado ao Oscar por primeira vez na categoría de mellor actor secundario, feito que repetiría, como actor principal, no O doente inglés (1996).
Actor de títulos tan coñecidos como Quiz Show (1994), Spider (2002), O dragón vermello (2002), O xardiñero fiel (2005), entre outros. 

Na dirección debuta con Coriolanus (2011). Logo rodou A muller invisibel (2013).

Este é o seu último traballo como director. 





Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Bomb City

BOMB  CITY    de    Jameson  Brooks
(BOMB CITY)
USA      2017;     95'    V.O.S.C.











LOUISVILLE'S INTERNATIONAL FESTIVAL OF FILM 2017: PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, MELLOR PRODUCIÓN, E MELLOR ACTOR, DAVE DAVIS
NASHVILLE FILM FESTIVAL 2017: PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR, MELLOR PRODUCIÓN, MELLOR ACTOR, DAVE DAVIS, PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR ACTOR , DAVE DAVIS
TALLGRASS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2017: PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, MELLOR DIRECTOR E MELLOR PRODUCIÓN
BENDFILM FESTIVAL 2017: PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN E PRODUCIÓN.
DALLAS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2017: PREMIO DA AUDIENCIA Á MELLOR GUIÓN
FESTIVAL OF TOLERANCE 2018: PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR PRODUCIÓN
L.A. PUNK FILM FESTIVAL 2018: PREMIO MELLOR PRODUCIÓN E MELLOR FILME
NEW MEXICO FILM CRITICS 2018: PREMIO HONORARIO U.S. ROUTE 66








SINOPSE

Baseado en feitos reais, o filme está ambientado nos anos 90 en Amarillo, Texas; alí un mozo punk, coñecido pola súa  cresta verde, organiza concertos cos seus amigos nun lugar ruínoso coñecido como Bomb City, onde os habituais tratan de afastarse da cultura conservadora que os rodea.






JAMESON  BROOKS

Guionista, produtor, montador, fotógrafo e  realizador orixinario de Amarillo, Texas. É adicto ao BMX e ao monopatín. Iníciase no cine coas aclamadas curtametraxes Behold the Noose (2014) e Devil Has My Ear (2012), premiada cun Emmy. É co-fundador de 3rd Identity, unha produtora colaborativa con sede en Dallas.

Debuta na longametraxe con este filme. É tamén o seu último traballo como director.






Aí van algúns enlaces sobre o filme:


Deixame caír



LOF  MÉR  AР FALLA   de   Baldvin  Zophoníasson
(DEIXAME  CAÍR)
ISLANDIA      2018;     136' 









 
SINOPSE
A vida da moza Magnea muda cando coñece a Stella que, a deixa fascinada. Ela, que fora unha estudante brilante e deportista, deixa atrás toda unha contorna acomodada ante o carisma arroiador, a personalidade e o xeito pouco convencional de vivir de Stella.



BALDVIN ZOPHONÍASSON
Guionista, produtor e realizador Islandés. Inicia a súa traxectoria con once anos, cando realiza a súa primeira curtametraxe. Dende entón, ven trabajando como editor, cámara, e produtor para unha das maiores cadeas de televisión de Islandia, así como director de vídeos musicais. Tamén estudiou cine documental en Noruega. En 2003, fundou unha axencia de publicidade e continua especializándose no vídeo musical. A súa ópera prima, Jitters, foi un gran éxito internacional en reputados festivais.
Entre 2010 e 2012, dirixe e produce a “sitcom” (comedia de situación) islandesa Hae Gosi. Pouco despois dirixe Life in a Fishbowl, outro gran éxito que foi elexido por Islandia para a súa representación nos Oscars de 2014
O seu último traballo e a dirección e producción da serie The Trip, para a televisión.





Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Clara e Claire

CELLE  QUE  VOUS  CROYEZ   de   Safy   Nebbou
(CLARA E CLAIRE)
FRANCIA      2019;     101'    V.O.S.C.
  

    







SINOPSE
Baseado na novela de Camille Laurens, o filme narra a vida dunha profesora de mediana idade que inventa unha identidade para ligar nas redes sociais. Nun principio, é para espiar a un amante ocasional, pero cando coñece a un home ao que pide amizade virtual, a historia evoluciona nun falso relato amoroso.



SAFY   NEBBOU
Realizador, guionista, actor e produtor nado Baiona, Francia, en 1968. Iníciase profesionalmente como actor, sendo instruído por figuras de prestixio como Tsilla Chelton, Bryan Divers e Jean- Marie Broucaret. Traballou oito anos no Théâtre des Chimères en obras de autores tan diversos como Grumberg, Topor, Chéjov, Molière ou Valle- Inclán. Posteriormente chegou a ser profesor de teatro ao tempo que director teatral, levando a escena máis de trinta obras entre 1989 e 1998. Ten escrito e dirixido numerosas curtametraxes aclamadas internacionalmente antes do seu debut na longametraxe con O pescozo da xirafa (2004). A marca do anxo (2008),  é a súa segunda película. En febreiro de 2011 estrea en Francia o filme, O outro Dumas, onde Gérard Depardieu interpreta ó escritor dos Tres mosqueteiros.  Comme un home (2012), Dans les forêts de Sibérie (2016), e a curtamentraxe,  Ensemble, c'est possible! (2017), foron os seguintes traballos.
Este é o seu último traballo como director.





 Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger