Autobiografía dun mentiroso

«AUTOBIOGRAFÍA DUN MENTIROSO » (A LIAR'S AUTOBIOGRAPHY)
                                                                                          VOSC · Cor • 85 min.



SINOPSE
Baseado nas memorias de Graham Chapman, membro dos Monty Python, finado no 1989. Participan catorce estudos de animación independentes con diferentes técnicas para reconstruír a súa vida a través dun collage caleidoscópico no que realidade e ficción se superpoñen. Na historia preséntanse diferentes momentos e situacións da vida do artista: a súa infancia macabra durante a guerra; o seu paso por a Universidade de Cambridge xunto a John Cleese, futuro compañeiro; a súa evolución cara á homosexualidade, ou ao seu ocultado alcoholismo. 

OS DIRECTORES
Bill Jones e Ben Timlett son probablemente o equipo creativo máis precoz da historia do cine xa que comezaron a facer pequenas curtametraxes antes de cumprir os dez anos. Medraron xuntos en Camberwell, no sur de Londres, e lograron materializar a enorme paixón por facer filmes durante a infancia na realización de centos de curtas. Con dezaoito anos Bill traballou como axudante de montaxe de Julian Doyle, Brazil, no filme do seu pai Vento nos salgueiros. Ao mesmo tempo Ben matriculábase na Universidade de Reading na especialidade de Arqueoloxía. No 1998 crean Bill and Ben Productions, unha pequena compañía especializada na montaxe de filmes. Tras anos traballando como montadores en videoclips e publicidade levantan os seus propios proxectos: Never mind the Sex Pistols, Rebel Truce ou Who Killed Nancy. Os seus traballos na ficción inclúen a comedia The West Wittering Affair e Chemical Wedding. No 2010 Bill e Ben acadan varios nomeamentos para os premios Emmy como directores e produtores da serie documental en seis capítulos de Monty Python: a versión dos avogados. Serie que pode ollarse como un punto de partida para este filme, xa que é un profundo estudo do grupo Monty Python realizado no corenta aniversario da súa creación. Agora preparan Theatre of Dreams sobre o lendario adestrador do Manchester United, Sir Matt Busby. Jeff Simpson é un produtor e director con máis de vinte anos de experiencia na BBC; especializado na realización de documentais dunha hora sobre música, TV e cultura popular. Entre os seus traballos destacan Marty Feldman: Six Degrees of Separation e Girls and Boys: a History of British Pop. Jeff tamén ten traballado como presentador televisivo, crítico de cine e ten escrito varios libros sobre música.

podedes ollar o tráiler en: http://www.youtube.com/watch?v=jJRb14R08p8

Pe de páxina

«PE DE PÁXINA » (HEARAT SHULAYIM)
                                                                                       VOSC · Cor • 105 min.



PREMIO AO MELLOR GUIÓN, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE  CANNES 2011
PREMIO AO MELLOR FILME ESTRANXEIRO, DA ASOCIACIÓN DE CRÍTICOS DE CINE DOS ANXOS, 2011.
PREMIOS MELLOR DIRECTOR, MELLOR GUIÓN, DA ACADEMIA CINE ISRAELÍ, 2011
PREMIO DA CRÍTICA AO MELLOR GUIÓN, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE DUBLÍN 2012


SINOPSE
Comedia irónica sobre a competitividade, a lealdade, o amor e as relacións conflitivas entre un pai e un fillo. Ambos son excéntricos académicos que teñen dedicado toda a súa vida ao estudo do Talmud. O pai, un testán purista alleo ao sistema, que nunca ten visto recoñecido o seu traballo. O fillo é unha estrela ascendente na materia, esforzado por consagrarse publicamente. 


JOSEPH CEDAR

Director, guionista e produtor nado en Nova York en 1968. Emigra coa súa familia a Israel cando tiña cinco anos. Estuda Filosofía e Historia do Teatro na Universidade Hebrea de Xerusalén, e gradúase na Escola de Cine NYU. Actualmente vive en Tel-Aviv.
Na a súa filmografía destacamos:
Ha-Hesder (2000), Medurat Hashevet (2004), Beaufort (2007), Sharon Amrani: Remember His Name (2010). O seu último traballo é Jerusalem, I Love You.

podedes ollar o tráiler en: http://www.youtube.com/watch?v=Hax61JTWKrU
Unha entrevista co director: http://www.youtube.com/watch?v=UDr9uP3njLs

A miña fábrica

«A MIÑA FÁBRICA» (WADAN'S WORLD)
    VOSC. COR • 100 min.



PREMIO DO  PÚBLICO AO MELLOR DOCUMENTAL, NO FILMKUNSTFEST MV.  ALEMAÑA, 2011
PREMIO DO XURADO NO FESTIVAL DE DOCUMENTAIS  DE MUNICH, 2011.
PREMIO DO XURADO AO MELLOR DOCUMENTAL ALEMÁN NO FESTIVAL DE DOCUMENTAIS  DE LEIPZIG,  2010.

SINOPSE
“Se queres ser un construtor de barcos, tes que ter nado con iso”. Con esta frase resume un dos protagonistas do filme a importancia que ten para el o seu posto de traballo. Non se trata unicamente dun salario, é tamén o orgullo dun oficio, a dignidade acadada xeración tras xeración
Os ingresos dun terzo dos habitantes da cidade alemá de Wismar dependen de Wadan Yards, unha empresa construtora de barcos. En agosto do 2008 un inversor ruso compra a empresa. O futuro parece seguro. Pero cando empeza a crise mundial, 5.000 postos de traballo entran en perigo.


DIETER SCHUMANN 

Director, guionista e produtor nado en Alemaña. Estuda dirección na HFF de Potsdam. Tras dous anos traballando en alta mar, entre 1983 e 1990, dirixe filmes para televisión e cine no DFA-Dokfilmstudio. Ten sido fundador e director do Instituto de Cine da rexión de Mecklemburg-Pomerània Occidental e actualmente traballa como cineasta e produtor coa súa propia empresa Filmmanufaktur Basthorster. No 2008 foi galardoado coa Ludwig-Reinhard-Kulturpreis, un premio á súa traxectoria profesional no campo da cultura. Outros dos seus traballos son a curtametraxe Defa Kinobox Nr. 49 (1987) e as longametraxes Flüstern & Schreien (1989) e Im Glanze dieses Glückes (1990).
Este é o seu último traballo.


Come, durme, morre

«COME, DURME, MORRE» (ÄTA SOVA DÖ)
   VOSC · Cor • 104 min.



*PREMIO DO  PÚBLICO Á MELLOR DIRECCIÓN, NA SEMANA DA CRÍTICA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE VENECIA, 2012.
*PREMIO
 Á MELLOR ACTRIZ, NERMINA LUKAC ,  MELLOR ACTOR, MILAN DRAGISIC, MELLOR GUIÓN, MELLOR FILME, MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR PRODUCIÓN NOS PREMIOS GULDBAGGE, 2013


SINOPSE 

Unha moza emigrante de orixe montenegrina, deslinguada e corpulenta, é capaz de empaquetar máis leitugas que ninguén no menor tempo posible. Achega ao fogar o seu salario e a súa desvergoñada alegría. Cando os recortes pola crise a deixan no paro e o pai parte cara a Noruega para traballar, ela non se acovarda, o seu é a acción. Con resistencia esmaga os obstáculos antes de que ser esmagada por eles. 


GABRIELA PICHLER 
Directora, guionista, montadora e produtora nada en Huddinge, Suecia. Ten dirixido varias curtametraxes, Nangang (2004), Leda (2007) e Scratches (2008). Con este filme fai o seu debut na longametraxe. É o seu último traballo.


podedes ollar o tráiler en:  http://www.youtube.com/watch?v=pP8FoigjJwM

APASH, OS DE FÓRA

APASH, OS DE FÓRA 88´
(¡atención! esta proxección é ás 18:00)

A realizadora viguesa Cora Peña denuncia neste documental o "paroxismo do sistema neoliberal" que ameaza a supervivencia dos indíxenas da Amazonía peruana. "Na Amazonía hai unha poboación que non comprende a nosa forma de vivir e de concibir a Natureza, coa que os indíxenas reclaman o seu dereito a manter a súa comunión espiritual".

Así describe unha das ameazas da comunidade indíxena neste país a cineasta que presentará o filme e manterá un coloquio coas persoas asistentes. 

CORA PEÑA
Licenciada en Comunicación Audiovisual (U. Complutense, Madrid). Graduada en Dirección de Fotografía (EICTV, Cuba). Actualmente realiza estudos de Grado de Antropoloxía (UNED). Ten traballado como directora, guionista, operadora e montadora free-lance e dende 2008 no marco da súa propia productora Tintimán Audiovisual

Na súa filmografía destacamos: Un país de lerias, serie para TVG (cámara, montaxe compartido), 2012. Morreu o demo, acabouse a peseta, (dirección de fotografía, montaxe), 2012. Apash, os de fora, (guión, produción, dirección, cámara e montaxe), 2011. Pacios, as fotos da memoria, (dirección de fotografía, montaxe), 2011. A maleta de Sofía, (realización, dirección de fotografía), 2010. Maybe Managua (2007). De hoxe nun ano, (realización, cámara e montaxe), 2009. Terras de Merlín, serie para TVG (realización, cámara), 2003-4. Cabo Verde, morabeza, (realización, cámara), 2002. As curtametraxes, Catro cartas (2008) e Galáctea (2001). Tamén The last patrol, mediometraxe musical (2000). 
*Prezo único deste pase, 2 euros

Podedes ollar o trailer aquí

O VENDEDOR

 «LE VENDEUR »
(O VENDEDOR)

VOSC · Cor • 107 min.

                                                           

*GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR E MELLOR MELLOR ACTOR (GILBERT SICOTTE), NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BOMBAY, 2011
*PREMIO AO MELLOR MELLOR ACTOR (GILBERT SICOTTE), NOS PREMIOS JUTRA, 2012.

SINOPSE
Un vendedor de coches, a punto de xubilarse, vive unicamente para tres cousas: o seu traballo, a súa filla e o seu neto. Ten sido “vendedor do mes” durante dezaseis anos no concesionario onde traballou toda a súa vida, nunha decadente cidade industrial. Durante un inverno, mentres a importante fábrica local de papel despide a máis e máis traballadores, el ten unha cousa en mente: acadar vender os seus adorados coches americanos no seu nevado concesionario.


SÉBASTIEN PILOTE
Realizador, fotógrafo e guionista nado en St. Ambroise, una pequena vila da rexión de Saguenay, no 1973. Tras acadar o título en Arte e Cine (Universidade de Québec en Chicoutimi), traballou como programador no Festival de Curtametraxes Regard sur le court métrage e como director de reportaxes sobre asuntos públicos na television. No 2007 dirixe Dust Bowl Ha! Ha!, unha curtametraxe que pasou con sona por varios festivais: Locarno, Toronto, Bilbao, Siena, Xenebra, Guanajuato e Seúl, acadando varios premios incluído o Premio da Crítica de Québec (AQCC), no Festival de Novo Cine de Montreal; o Gran Prix Prends ça court e o Gran Premio no Festival de Curtas de Barcelona. Moi vinculado coas súas raíces, está comprometido con explorar a vida cotiá da súa rexión. Con este filme debuta na longametraxe. 
O seu último traballo é Le démantèlement.

Podedes ollar o trailer aquí

CORAZÓN SUECO, SANGUE FINÉS

«LAULU KOTI-IKÄVÄSTÄ»
 (CORAZÓN SUECO, SANGUE FINÉS)

VOSC. COR • 90 min.

*GRAN PREMIO DO PÚBLICO, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TAMPERE, 2013
* PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL NÓRDICO, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE GÖTEBORG, 2013
*MENCIÓN DE HONOR NO OSLO EURODOK. NORUEGA, 2013.

SINOPSE
Un músico retirado emprende unha viaxe en coche co seu pai na busca dunha identidade ambivalente: a de ser finés criado en Suecia. Xuntos conducen dende o norte de Finlandia até o sur de Suecia para volver a visitar os lugares onde viviron dende a infancia até a adolescencia.

MIKA RONKAINEN
Realizador, produtor, compositor, montador, fotógrafo e guionista finés. Iníciase no ano 1994 coa realización de varias curtametraxes documentais até ser nomeado pola revista Variety como un dos dez directores europeos a seguir este ano. Ten dirixido documentais multipremiados como Screaming Men,Freetime Machos ou Our Summer, seleccionados en festivais como Sundance, IDFA ou Tribeca. 
Este é o seu último traballo.

Podedes ollar o trailer aquí

O ESTUDANTE

«O ESTUDANTE»
(EL ESTUDIANTE)
   VO · Cor • 111 min.

* PREMIO AO MELLOR GUIÓN, GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME, E PREMIO DO XURADO MOZO AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN, 2011
* PREMIO AO MELLOR GUIÓN, MELLOR PRIMEIRO FILME, MELLOR ACTRIZ E MELLOR ACTOR, NOS PREMIOS DA ACADEMIA DE ARTE E CIENCIAS DE ARXENTINA, 2011
* PREMIO AO MELLOR GUIÓN, MELLOR PRIMEIRO FILME, E MELLOR ACTOR, DA ASOCIACIÓN DE CRÍTICOS DO CINE ARXENTINO, 2011
* PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA E PREMIO ESPECIAL DO XURADO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE BOS AIRES, 2011
* PREMIO AO MELLOR FILME E MELLOR ACTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CARTAXENA, 2012
* PREMIO AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE LIMA E LLEIDA, 2012

SINOPSE
Un mozo do interior chega a Bos Aires para cursar estudos universitarios. Non pasa moito tempo até que descobre que non quere estudar. Sen vocación nin rumbo, dedícase a deambular pola facultade, a facer amizades, a mocear. Unha profesora adxunta introdúceo na militancia política.

SANTIAGO MITRE
Guionista, realizador, actor e montador nado en Bos Aires no 1980. Moi vinculado ao cine no seu país dende moi mozo, foi co-guionista de filmes tan coñecidos como Carancho ou Leonera. Escribe e dirixe a curtametraxe O escondite (2002). É tamén un dos catro directores do filme O amor (1ª parte), BAFICI 2004, Venecia 2004.
Esta é a súa primeira longametraxe en solitario. O seu último traballo é Os posibles (2013)


Podedes ollar o trailer aquí

ALTIN BLIVER GODT IGEN (Todo irá ben)


ALTING  BLIVER  GODT  IGEN
    (TODO  IRÁ   BEN) 

DINAMARCA   2010; 


SINOPSE
Un home atropela a outro e foxe tras deixalo mal ferido na rúa, aínda que denuncia o accidente de xeito anónimo. O home ferido agocha fotografías do que parecen ser prisioneiros de guerra torturados por soldados daneses. Cando o fala coa súa irmá, xornalista nunha cadea de televisión danesa, ela sinala a importancia e os perigos de ter esas fotos. El estará inmerso nunha investigación frenética por revelar o misterio.

CHRISTOFFER BOE
Realizador, produtor, actor e guionista nado en Dinamarca no 1974. Estuda cine na Universidade de Copenhague antes de ingresar na Escola Nacional de Cinematografía, onde se gradúa no ano 2001. Iníciase cunha triloxía de curtametraxes feitas como estudante: Obsession, Virginity e Anxiety. Esta última acadou o Premio Descubrimento da Crítica Francesa no Festival Internacional de Escolas de Cine de Poitiers, Francia, e foi logo exhibido na Semana da Crítica de Cannes 2002.
Reconstrución, a súa primeira longametraxe, acadou a Cámara de Ouro en Cannes (2003), e a Placa de Ouro para a luminosa fotografía de Manuel Alberto Claro. Tamén acadou o Premio Amanda, á Mellor Ópera Prima Nórdica Do Ano, e o Premio Fipresci, como Mellor Director Novel, no Festival de Cine de San Sebastián, entre outros.
Considerado e aclamado pola crítica mundial como unha das grandes promesas do cine e como un dos cineastas mozos máis innovadores e influentes das novas xeracións. Spies & Glistrup (2013), é o seu último traballo.

ficha técnica:
Dirección e guión: Christoffer Boe
Montaxe: Peter Brandt
Fotografía: Manuel Alberto Claro
Música: Sylvain Chauveau
e Pder Pedersen

ficha artística:
Jens Albinus
Igor Radosavljevic
Marijana Jankovic     


ABOUT THE PINK SKY

   ABOUT  THE  PINK  SKY
      (SOBRE   O   CEO  ROSA) 


      XAPÓN   2011; 113 minutos COR V.O.S.B/N.


SINOPSE
Unha moza estudante de secundaria, atopa na rúa unha carteira con 300.000 iens, pero en lugar de devolvelos decide prestar a maior parte dos cartos a un coñecido para salvar o seu negocio. Co tempo devolve os cartos, pero o dono da carteira, decátase de que faltan e, como compensación, obrígaa a crear un xornal que só conte boas novas. Ela terá que cambiar a cor co que olla o mundo e reconciliarse con el.

*GRAN PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS AO MELLOR FILME, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN, 2012
* PREMIO AO MELLOR FILME, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TOKIO, 2011

KEIICHI KOBAYASHI
Realizador, montador, fotógrafo e guionista nado en Chiba no 1972. Graduado na Universidade de Meiji, iníciase profesionalmente como director de audición de programas de TV ASAYAN e introdúcese na industria do vídeo musical. Ten dirixido varios vídeos musicais, Da Pump, Dreams Come True, Minimini e outros. Tamén publicidade para compañías como Eyefullhome, e o vídeo da serie Secret Undercover Agent Honey and Bunny.
Con este filme debuta como director de longametraxes.
É o seu último traballo.

ficha técnica:
Dirección, fotografía                            
Montaxe e guión: Keiichi Kobayashi      

ficha artística:
Ai IKeda
Ena Koshino
Reiko Fujiwara
Tsubasa Takayama


                                                                 
                        

REBELLE

  REBELLE     

  (REBELDE  -WAR WITCH-)

 CANADÁ  2012;   90 minutos   COR V.O.S.C.  



SINOPSE
Nalgún lugar da África subsahariana, nunha pequena e arredada aldea, Komona, unha nena de doce anos, vive pacificamente cos seus pais, até que un día é secuestrada polo exército rebelde e vese obrigada a combater como nena soldado. Pola súa capacidade para salvarse, a nomean “meiga da guerra”. A súa única saída asemella que sería casar co seu amigo Mago, un mozo albino de quince anos.    
      
* PREMIO AO MELLOR GUIÓN, MELLOR FILME, MELLOR ACTRIZ, MELLOR ACTOR DE REPARTO, MELLOR FOTOGRAFÍA, MELLOR DIRECTOR ARTÍSTICO, MELLOR MONTAXE E MELLOR SON, DA ASOCIACIÓN DOS CRÍTICOS DE CINE DE QUÉBEC, NA GALA DA PANTALLA DO CINE CANADIENSE, E NOS PREMIOS JUTRA, 2013 
*PREMIO NOVAS VISIÓNS, AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SITGES, 2012 
*PREMIO Á MELLOR ACTRIZ, RACHEL MWANZA , E MELLOR GUIÓN, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TRIBECA, 2012 
*PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CAMBRIDGE, 2012

KIM NGUYEN 
Guionista, realizador, fotógrafo e produtor nado en Montreal no 1974. Estuda na Universidade Concordia e remata a licenciatura cun máster en fotografía na Universidade de Montreal. Fascinado cos guións de cine estréase como guionista mentres dá a coñecer o seu traballo como fotógrafo dixital traballando nestes ámbitos para o para o Instituto de Creation Artistique e Infografía (ICARI) en Montreal.
Funda a súa propia compañía, Shen Studios, o que lle dá liberdade para profundar en técnicas de imaxe e postprodución. Iníciase profesionalmente con dúas curtametraxes, La route (1999) e Soleil glacé (2000). Le marais (2002), é a súa primeira longametraxe. No 2008, escribe e produce Truffe, unha comedia negra centrada no quecemento global. Con ela acada varios premios en festivais internacionais de cine. O seguinte filme foi La Cité (2010), rodado no deserto tunisiano.
Este é o seu último traballo.

ficha técnica                                                                                  
Dirección e guión:  Kim Nguyen                                                      
Montaxe:  Richard Comeau                                                                               
Fotografía:  Nicolas Bolduc                                                             

ficha artística
Rachel Mwanza   
Alain Bastien   
Serge Kanyinda




Spring breakers

 «Spring Breakers» · VOSE · Cor • 94 min.

Pretende ser unha ollada transgresora sobre as convencións da adolescencia; un filme menor, «un poema pop» segundo o seu director.

cartaz

«Spring Breakers» de (Estados Unidos, 2012)




Fotografía:

Guión: Harmony Korine

Música: ,

Reparto: , , , , …

Sipnose: Catro estudantes planean acadar cartos para a viaxe de vacacións de primaveira atracando un posto de comida rápida. Iso é só o principio. Durante unha noite de parranda, as mozas son arrestadas con cargos por drogas. Con resaca e vestidas só cun bikini, comparecen diante dun xuíz, porén son liberadas inesperadamente, por un infame matón local que as toma baixo a súa protección e as leva ás vacacións máis salvaxes da súa historia, unha viaxe que non esquecerán.

Premios e mencións: 2012 · Festival de Venecia: Sección oficial de longametraxes a concurso


Podes ollar o avance deste filme ou calquera da nosa programación na nosa listaxe de You Tube™.


De Jueves a Domingo

«De Jueves a Domingo» (De Xoves a Domingo) · VO · Cor • 96 min.

O filme amosa a visión distante e fragmentada dunha nena que realiza o seu último viaxe familiar

cartaz

«De Jueves a Domingo» de (Chile, 2012)




Fotografía:

Guión: Dominga Sotomayor

Música: ,

Reparto: , , , …

Sipnose: Todo escomeza nun xoves, cando unha familia viaxa unha fin de semana longa cara ao norte de Chile. A parella xa tiña decidido separarse, pero tiñan a viaxe planeada, así que deciden facela de todos xeitos. Todo remata nun domingo.

Premios e mencións:
2012 · Festival de Rotterdam: (mellor filme)

Podes ollar o avance deste filme ou calquera da nosa programación na nosa listaxe de You Tube™.


The Trip

 «The Trip» · VOSE · Cor • 107 min.

O filme fai invisible a súa construcción cómica, reflexionando sobre o divino e o humano.

cartaz

«The Trip» de (Reino Unido, 2010)




Fotografía:

Guión:

Música:

Reparto: , , , , …

Sipnose: Un home é seleccionado para percorrer os mellores restaurantes do país, o que lle permitiría facer unha estupenda viaxe coa súa moza. Pero, cando ela o abandona, non ten máis remedio que conformarse coa compañía dun extravagante amigo.

Premios e mencións: 2011 · Selección oficial no Tribeca Film Festival


Podes ollar o avance deste filme ou calquera da nosa programación na nosa listaxe de You Tube™.


L´Exercice de L´Êtat

«L'Exercice de L'Êtat» (El Ejercicio del Poder) · VOSE · Cor • 112 min.

Cun estilo fílmico case documental amosa con implacable disección, a ansia de poder e as súas trampas.

cartaz

«L'Exercice de L'Êtat» · El Ejercicio del Poder (O Exercizo do Poder)
de (Francia, 2011)




Fotografía:

Guión:

Música:

Reparto: , , , ,

Sipnose: Un ministro de transporte, é espertado en plena noite por mor dun accidente de autobús. Escomeza así a odisea dun mundo cada vez máis complexo e hostil, coas aristas do poder, o caos e a crise económica.

Premios e mencións:
2012 · Premios César™: Premio mellor guión orixinal, actor secundario (Michel Blanc) e son (11 nominacións).
2011 · Premio FIPRESCI sección «Un certain regard» (Festival de Cannes)


Podes ollar o avance deste filme ou calquera da nosa programación na nosa listaxe de You Tube™.


TOMBOY (Francia 2011)

Unha nena de dez anos trasládase coa súa familia a un novo barrio. 

Alí, fai novas amizades e pasa o verán entre xogos e risas. Ela agocha un segredo, fai crer que é un neno. Unha nena do grupo namórase dela.

CALL ME KUCHU (Usa 2011)


Kuchu é o termo popular co que se denomina o colectivo lésbico, gai, bisexual e transexual (LGBT) en Uganda. 

Un colectivo perseguido social, cultural e xudicialmente. A ameaza dunha nova "Lei contra a homosexualidade", que establece penas de prisión e incluso de morte para homosexuais e seropositivos, converte os líderes locais e activistas en emblemas internacionais da loita contra a violación dos dereitos humanos. David Kato, o primeiro home en Uganda abertamente gai, é un dos poucos que se atreven a protestar publicamente contra as sancións homófobas do Estado. El loita xunto cos seus compañeiros activistas, para cambiar o destino dos Kuchus en África, pois como el mesmo di, "se seguimos a agocharnos, dirán que non estamos aquí".

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger