Venus


VENUS  de  LEA  GLOB  e  METTE  CARLA  ALBRECHTSEN

(VENUS) 
DINAMARCA/NORUEGA   2016;   
80’   V.O.S.C.  












SINOPSE
Dúas directoras danesas convocan unha proba como parte do proceso para facer un filme erótico dirixido por e para mulleres. Como resposta á chamada,  preséntanse máis de cen mulleres que falan directamente á cámara sobre as súas fantasías eróticas,  desexos e frustracións. A medida que avanza a rodaxe, as entrevistadas ábrense máis e a trama vai tomando forma. As directoras, sen telo previsto,  cren que estas sesións íntimas son o filme que necesitaban facer.


LEA GLOB
Guionista e  realizadora nada en Dinamarca no  1982.  Graduada pola National Film School of Denmark. Ten  unha recoñecida traxectoria na televisión. O seu  primeiro filme Meeting My Father Kasper Top Hat (2011), foi premiado no Festival de Televisión de Sichuan.



METTE  CARLA  ALBRECHTSEN
Guionista e  realizadora nada en Dinamarca no 1980. 
Estuda no Graphic Arts Institute de Copenhague e traballou para distintas axencias de publicidade antes de graduarse na National Film School of Denmark. No ano 2011, xunto con Lea Glob, acadaron o Premio Nordic Talent Pitch polo seu proxecto Human Female Sexuality.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:
http://www.eldocumentaldelmes.com/es/doc/venus-2/

Inside the chinese closet


 INSIDE   THE   CHINESE   CLOSET   de   SOPHIA  LUVARÀ
(DENTRO DO ARMARIO CHINÉS)
   HOLANDA    2015;   72’   V.O.S.C.  

 









SINOPSE
Na sociedade chinesa a homosexualidade é inaceptable, Andy e Cherry loitan para satisfacer as expectativas das súas familias.  Andy, un arquitecto de éxito que vive en Shangai decide saír do armario. O seu pai, decepcionado, empúrrao a casar cunha muller para manter a honra  familiar. Cherry, casada cun homosexual, necesita levar a cabo unha adopción para cumprir coas esixencias da nai e   manter as aparencias sociais.



SOPHIA  LUVARÀ  
Guionista, realizadora, produtora, e fotógrafa nada en Italia.
Graduada con honra no Máster en Biotecnoloxía Médica da Universidade de Turín, onde tamén ten un doutorado  en investigación sobre o cancro. No 2007 deixa os seus estudos e trasládase a Londres para seguir un soño: a realización de documentais. Debuta na dirección coa curtametraxe Road to Fueridis e logo realiza The Great Mafia Orange Squeeze (2011).
Este é o seu último traballo.


Aí van algúns enlaces sobre o filme:
https://www.youtube.com/watch?v=k9Cu2Z6YLcM
https://laovejarosa.com/matrimonios-de-conveniencia-entre

Stories of our lives


  STORIES   OF   OUR   LIVES   de   JIM  CHUCHU
 KENIA   2014;  
62’  V.O.S.C.









PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME E PREMIO DA AUDIENCIA NA SECCIÓN PANORAMA, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BERLIN, 2014
PREMIO DO XURADO NO CHÉRIES-CHÉRIS, 2016
PREMIO DA AUDIENCIA NO FILMFEST HOMOCHROM, 2016


SINOPSE
Baseado en feitos reais, o filme consta de cinco episodios. As historias teñen lugar en escenarios urbanos e rurais, onde amor, o sexo, o rexeitamento, a traizón, esperanzas e soños cartografan unha xeografía humana polifacética de ansiedades e sentimentos compartida por os mozos de Kenya.


JIM  CHUCHU
Guionista, realizador, montador, fotógrafo, artista visual e  músico kenyano.
Coñecido pola súa  extravagante estética, e un traballo de vídeo musical non convencional, Afrofuturist e proxectos de música alternativa. Con anterioridade ten dirixido títulos como African Metropolis (2013),  o seu debut na longametraxe. Logo viu a curtametraxe To Catch a Dream (2015) e,  Tuko Macho (2016), unha serie para a televisión, é tamén o seu último traballo como realizador.
Este filme foi prohibido no seu país por tratar o tema da homosexualidade.


Aí van algúns enlaces sobre o filme:
http://ovejarosa.com/stories-of-our-lives-kenia/
http://www.wiriko.org/cine-audiovisuales/cine/historias-completas-nuestras-vidas/
http://elpais.com/elpais/2015/03/13/planeta_futuro/1426260539_731058.html
http://www.informador.com.mx/entretenimiento/2014/566151/6/cine-africano-para-curar-la-homofobia.htm




Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger