Gett,o divorcio de Viviane Ansalem


GETT, THE TRIAL OF VIVIANE AMSALEM 

(GETT, O DIVORCIO DE VIVIANE AMSALEM) 
ISRAEL/FRANCIA/ALEMAÑA 2014  



PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE PALM SPRINGS, 2015

PREMIO AO MELLOR FILME ISRAELÍ, PREMIO HAGGIAG, Á MELLOR DIRECCIÓN, PREMIO DA AUDIENCIA, E PREMIO AO MELLOR ACTOR DE REPARTO, MENASHE NOY, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XERUSALÉN, 2014
PREMIO AO MELLOR FILME ESTRANXEIRO NOS PREMIOS NATIONAL BOARD OF REVIEW, USA 2014
PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN, NOS PREMIOS FILMES DO SUR EN OSLO, 2014
PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN, NA SECCIÓN UNHA CERTA OLLADA, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE DONOSTI , 2014
PREMIO GOLDEN STARFISH, AO MELLOR GUIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE HAMPTONS, 2014
PREMIO ART CINEMA, A RONIT ELKABETZ, COMO ACTRIZ NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE HAMBURGO, 2014
PREMIO AO MELLOR GUIÓN E PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CHICAGO, 2014
PREMIOS AO MELLOR FILME E PREMIO AO MELLOR ACTOR DE REPARTO, SASSON GABAI, NOS PREMIOS DA ACADEMIA DO CINE ISRAELÍ, 2014
 
SINOPSE 
Viviane Amsalem, separada dende hai anos de Elisha, quere acadar o divorcio para non converterse nunha marxinada social. En Israel aínda non existe o matrimonio civil; segundo as leis relixiosas, só o marido pode conceder o divorcio e, neste caso, el non quere. Ela loitará ante o Tribunal Rabínico para acadar o que considera un dereito. Un proceso de varios anos nos que a traxedia compite co absurdo.

RONIT  ELKABETZ 
Guionista, actriz, directora e técnica de son nada en 1964 en Beerseba, no seo dunha familia de orixe marroquí. Iníciase profesionalmente como actriz en filmes como: Mariage tardif, Origine Controlée (2001), Alila (2003), Mon trésor (2004). Debuta na dirección tamén xunto ao seu irmán Shlomi, con Prendre femme (2004). Logo rodou Sete días (2008).
Este é o seu ultimo traballo como realizadora.

SHLOMI  ELKABETZ 
Guionista, actor, director e produtor. Iníciase como realizador no 2004 con Ve'Lakhta Lehe Isha . No 2008 roda Shiva, e no 2011 Edut. Este é o seu ultimo traballo como realizador.


 Podedes ollar entrevistas e o tráiler do filme:


Girlhood


BANDE DE FILLES 

(GIRLHOOD) 
FRANCIA 2014








PREMIO AO MELLOR FILME DA CINEPHILE SOCIETY AWARDS, 2015
PREMIO ICS Á MELLOR FOTOGRAFÍA, 2014
PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA, E MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ESTOCOLMO, 2014
PREMIO AO MELLOR FILME, NA SECCIÓN UNHA CERTA OLLADA, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE DONOSTI , 2014
PREMI AO MELLOR FILME DA ASOCIACIÓN DE CRÍTICAS DE CINE : WOMEN FILM CRITICS CIRCLE, 2014


SINOPSE
Para a protagonista, a vida é unha sucesión de prohibicións. Séntese constrinxida pola súa familia, pola escola e pola implacable lei dos mozos do barrio. Pero a súa vida muda cando coñece a un grupo de mozas de espírito libre. Muda o seu nome, o xeito de vestir e abandona o colexio. Convertida en Vic, abraza o código da rúa onde se mesturan violencia, amizade e liberdade


CÉLINE SCIAMMA
Guionista, actriz e directora nada en 1978 en Pontoise, Val-d'Oise, Francia. Graduada en Literatura francesa, máis tarde, amplía os seus estudos nos cursos de guión na escola de cine Le Femis. Debuta na longametraxe con Naissance des pieuvre (2007), seleccionada na sección Unha certa ollada no Festival de Cannes e en máis de trinta festivais internacionais; acadou o Premio Louis- Delluc.
A segunda longametraxe foi Tomboy (2011), con ela deuse a coñecer internacionalmente. 

Yes, we fuck


YES, WE FUCK 

(YES, WE FUCK) 
              ESPAÑA 2015               








SINOPSE 
Seis historias de sexo e diversidade funcional. O documental amosa historias reais e diversas onde o sexo se converte nunha arma de pracer a prol dos dereitos individuais e colectivos das persoas. Máis alá do sexo, neste proxecto amósase non só que pode facer a sexualidade polas persoas con diversidade funcional, senón tamén que pode achegar a realidade da diversidade funcional á sexualidade en xeral.


ANTONIO CENTENO ORTIZ 
Realizador e guionista nado en 1971 en Montcada i Reixac, vive en Barcelona dende 1999. Adquiriu diversidade funcional (tetraplexia) con trece anos. Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Barcelona, exerceu como profesor nesta disciplina na Educación Secundaria dende 1998 até 2010. Membro do Foro de Vida Independente e Divertad dende 2004, forma parte do Consello Asesor de SOLCOM. Foi un dos membros do FVID que puxeron en marcha en 2006 a Oficina de Vida Independente . Colabora nos portais Social.cat e Dereitos Humanos con artigos de opinión. Impulsa proxectos deste tipo ou "o colectivo" en torno á cadeira que aborda o deseño libre e colaborativo de produtos de apoio. Recentemente participou na elaboración de “Nexos”, audiovisual de post-porno tolleito.
É o seu último traballo.

RAÚL DE LA MORENA 
Realizador, montador e guionista nado en Santa Coloma de Gramenet. En 2001 iníciase en producións independentes cun marcado carácter social. Dende 2005, tras a rodaxe do documental Editar unha vida, toma conciencia da loita polos dereitos das persoas con diversidade funcional e dende ese momento colabora esporadicamente en actos do Foro de Vida Independente. Outros dos seus traballos son: Fent Freaks (2005), 3ra. Fase (2006), Dones contra el Franquisme (2006), Feldpost 23558 (2007), Tsitsanu, camina! (2009).




Podedes ollar teaser e o tráiler do filme en:

Convicto


STARRED UP 

(CONVICTO) 
REINO UNIDO 2013









PREMIO DA AUDIENCIA E MENCIÓN ESPECIAL DA PRENSA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE LES ARCS, 2013
PREMIO MELLOR DISEÑO DE SON, NOS PREMIOS DO CINE EUROPEO, 2014
PREMIO NATIONAL BOARD OF REVIEW, AO MELLOR ACTOR REVELACIÓN, JACK O CONNELL, 2014
PREMIO AO MELLOR ACTOR REVELACIÓN, JACK OCONNELL, DOS CRÍTICOS DE CINE DE CHICAGO, 2014
PREMIO AO MELLOR FILME NOS PREMIOS BAFTA DE ESCOCIA, 2014



SINOPSE 

Un adolescente violento e con problemas sociais é transferido a toda présa a unha prisión para adultos. Alí convértese no candidato ideal para a rehabilitación. É admitido nun programa de control da ira dirixido polo terapeuta da prisión que tratará de axudalo, ao tempo que se axuda a si mesmo.


DAVID MACKENZIE
Guionista, realizador e produtor escocés nado no 1966. Saltou ao panorama internacional tras o filme Adam Young (2003), unha adaptación da novela de Alexander Trocchi; logo viñeron, Asylum (2005) e Hallam Foe (2007). Debuta en Hollywood con Spread (2009). Posteriormente, regresa a Escocia para dirixir Perfect Sense e You Instead (2011).
Xunto a Gillian Berrie monta a produtora Sigma Films que, ademais de producir filmes propios, traballaron con directores como Andrea Arnold en Red Road ou Lars von Trier en Dogville, así como na creación da produción e postprodución das instalacións de cine da cidade de Glasgow
O seu último traballo aínda sen estrear é Comancheria.






Podedes ollar entrevista co director e tráiler do filme:

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger