Fourteen


FOURTEEN   de   DAN   SALLITT
(FOURTEEN)
USA   2019;  94'  V.O.S.C.









 

           PREMIO AO MELLOR FILME E MENCIÓN ESPECIAL AO DIRECTOR NO URUGUAY INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
           PREMIO AO MELLOR GUIÓN NO WEYAUWEGA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019







SINOPSE
Retrato da vida ao longo dunha década, de dúas mozas nos vintetantos anos,  amigas dende o instituto. A medida que os traballos, os mozos e os apartamentos van e veñen, o seu poderoso vínculo se estira pero nunca racha por completo.






DAN  SALLITT
Guionista, montador, actor e realizador estadounidense. Formado na Universidade de Harvard  e  na  escola  de  teatro, cine e televisión da UCLA. Traballou    durante    anos como  crítico  de  cine  en  Los  Angeles  Reader. Debuta  como  director  no  1986  coa longametraxe Polly Perverse Strikes Again! acadando sona internacional. Honeymoon (1998),   foi   o  seguinte  traballo. Logo   viñeron,  All  the  Ships  at   Sea   (2004), The Unspeakable Act (2012), e a curtametraxe Caterina (2019), que é tamén o seu último traballo.





Aí van algúns enlaces sobre o filme:


Cando fomos meigas


THE   JUNIPER   TREE  de  NIETZCHKA  KEENE
(CANDO FOMOS MEIGAS) 
ISLANDIA  1990;  78'  V.O.S.C.

  

    








PREMIO DO PÚBLICO NO FESTIVAL DE FILMES DE MULLERES EN 1990 E  MELLOR ÓPERA PRIMA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TROIA (PORTUGAL) EN 1991.





SINOPSE
Baseado nun conto dos Irmáns Grimm.
A finais da Idade Media, a moza Margit e a súa irmán maior Katla, fuxen ás montanas trala morte da nai, queimada por bruxería.  Atopan refuxio cun viuvo que vive co seu fillo pequeno.




NIETZCHKA  KEENE
Realizadora, guionista, montadora e produtora nada en 1952 cerca de Boston, Massachusetts. Licenciada en Lingüística Xermánica no 1975, en Amherst e, catro anos despois, un máster en produción cinematográfica na UCLA. Na a súa estancia na UCLA traballa como asistente de investigación no departamento de linguas nórdicas antigas e lingüística, dedicado ás primeiras testemuñas escritas en lingua escandinava medieval. Iníciase na industria do cine como montadora e, ocasionalmente, como proxeccionista. Durante eses anos realiza tres curtametraxes. No 1986, acada unha bolsa do Programa Fulbright para investigar en Islandia e preparar a produción desta longametraxe. Tras realizar a curtametraxe, Aves (1994), inicia a rodaxe de Heroine of Hell, (1996), longametraxe na que mestura a iconografía medieval cunha historia moderna.
No 1995, traballa como profesora de cine na Universidade de Wisconsin-Madison, aínda que sigue rodando, Belle, inspirada na historia real de Belle Gunness, unha asasina en serie de principios do século XX. Un proxecto sen rematar pola precipitada morte da cineasta. Barefoot to Jerusalem (2001), foi o seu último traballo, rematado no 2008, catro anos despois da súa morte.





Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger