A vaca

  

GAAV
(A VACA) de DARIUSH MEHRJU
IRÁN 1967; 105’ V.O.S.C.




 

 

PREMIO FIPRESCI NO FESTIVAL DE VENECIA, 1971
PREMIO AO MELLOR ACTOR EZZATOLAH ENTEZAMI, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CHICAGO 1971
PREMIO OCIC NO FESTIVAL DE BERLIN, 1972

   


SINOPSE
Baseada na novela do escritor iraniano Gholam-Hossein Saedi.
Nunha illada vila iraniana, o propietario dunha vaca descobre, á volta dunha viaxe de negocios, que a vaca está desaparecida. En realidade está morta, pero os demais veciños non se atreven a contar a verdade, xa que a súa identidade e posición social dependen da vaca. El está obsesionado con atopala.



DARIUSH MEHRJU
Director, guionista e produtor nado en Teherán no 1939. Debuta na longametraxe no 1966 con Diamond 33, unha parodia da serie de películas de James Bond. En 1970 dirixe Postchi, coa que se enfronta aos mesmos problemas de censura que Gaav, aínda que acada a súa estrea no 1972, obtendo tamén numerosos premios e prestixio internacional. Algúns críticos comparan o seu cine cos filmes de Roberto Rosselini, Vittorio De Sica e Satyajit Ray. Un tema constante no seu traballo é a atención aos descontentos do Irán contemporáneo, principalmente urbano. O seu filme The Pear Tree (1999), ten sido aclamado como unha reflexión fundamental sobre a burguesía iraniana
Membro da Academia Iraniana das Artes. Foi membro fundador do movemento da Nova Vaga Iraniana de principios dos anos setenta. Esta é a súa segunda longametraxe; é considerada o primeiro filme deste movemento, que tamén inclúe a Masoud Kimiay e Nasser Taqvai.  Filme prohibido durante máis dun ano polo Ministerio de Cultura e Artes iraniano.
A maior parte da súa obra  está inspirada na literatura. Fai adaptacións de novelas e obras teatrais iranianas e de fóra. Outros dos seus traballos: Che khoobe ke bargashti (2013), Ashbah (2014). Mona é o seu último filme.



Grazas pola choiva


THANK YOU FOR THE RAIN
(GRAZAS POLA CHOIVA) de JULIA DAH
NORUEGA 2017; 90’ V.O.S.C.






PREMIO PANGOLIN POWER, ECOFILMFEST SGEFF - SINGAPUR, 2017
PREMIO OSIRIS FAO, AGROFILM INTERNATIONAL FILM FEST - ESLOVAQUIA, 2017
PREMIO DO XURADO, ANOTHER WAY FILM FESTIVAL - ESPAÑA, 2017
PREMIO FETHI KAYAALP, BIFED - TURQUÍA, 2017
PREMIO MELLOR DOCUMENTAL FICMEC - ESPAÑA, 2017





SINOPSE
Un agricultor kenYano documenta o día a día da súa familia e dos efectos catastróficos do cambio climático. Os custes humanos e materiais destes efectos, as migracións obrigadas para a poboación, etc. É a  historia cativadora e inspiradora dun optimista infatigable, que pon  a proba os seus límites contra toda adversidade na súa loita por un mundo máis responsable.



JULIA  DAHR
Directora, guionista e produtora norueguesa.
Apaixonada polas historias de acción sobre temas sociais e ambientais. No 2015 acada o premio One World Media. Tamén foi  nomeada ao premio Grierson e foi catalogada pola revista Forbes como unha das trinta mellores directoras mozas que "conduce e define o rumbo dos medios a no ámbito mundial".  
Este filme supón o seu debut na longametraxe. É tamén o seu último traballo.


 Aí van algúns enlaces sobre o filme: 

Celestial Camel


 NEBESNYY   VERBLYUD
 (CELESTIAL CAMEL)  de  YURIY  FETING
 RUSIA  2015;  90’  V.O.S.C.





                                                           







PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA E Á MELLOR PRODUCIÓN NO A-FESTFILM ROZAFA 2016
PREMIO DO XURADO E MENCIÓN ESPECIAL AO PRODUTOR NO AJYAL YOUTH FILM FESTIVAL 2016
MELLOR FILME INFANTIL E MELLOR PRODUCIÓN NO KINOSHOK – OPEN CIS AND BALTIC FILM FESTIVAL 2015
PREMIO AO MELLOR FILME INFANTIL, AO MELLLOR DIRECTOR E Á PRODUCIÓN NO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE
 OLYMPIA PARA A INFANCIA E MOCIDADE 2016
PREMIO MELLOR FILME INFANTIL E MELLOR PRODUCIÓN NO RADIANT ANGEL 2016
PREMIO SIFFCY (SORISO INTERNACIONAL FILM FESTIVAL PARA INFANCIA E MOCIDADE) 2015
PREMIO MELLOR FILME, MELLOR DIRECTOR E MELLOR PRODUCIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INFANTIL NA INDIA 2015



SINOPSE
Nas estepas do Volga en Rusia, os Kamulkos cren que o nacemento dun camelo
albino é signo de boa sorte. Ao chegar a cría, é vendida polo patriarca para poder 
afrontar economicamente o nacemento do seu novo fillo. A nai tamén foxe na súa 
busca, o que provoca un desastre para a familia. O fillo máis vello  emprende unha 
viaxe pola estepa na súa motocicleta para tratar de atopala.



YURY FETING
Director e guionista nado en 1956 en Rusia. Iníciase como realizador no ano  1997 
con Ulitsy razbitykh fonarey unha serie para a televisión. Debuta na longame-
traxe con Rozhdestvenskaya misteriya (2000). Logo viñeron Mify moego 
detstva (2005) e Bibinur (2009).
Este é o seu último traballo.

Kini e Adams


KINI  ET  ADAMS
(KINI  E  ADAMS)   de   IDRISSA  OUEDRAOGO
BURKINA  FASSO   1997;   97’   V.O.S.C.



             
     




PREMIO DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BERMUDA, 1998
SINOPSE
Nalgún lugar do sur de África dous amigos soñan con ter unha vida mellor, lonxe da aldea. Intentan arranxar un vello coche con pezas soltas, pero todos se mofan deles. Pouco a pouco, os primeiros ímpetos van perdendo forza.


IDRISSA  OUEDRAOGO
Director, guionista e produtor nado en Ouagadougou (Burkina Fasso) en 1954. Ingresa no Instituto de Estudos Cinematográficos Africanos na súa vila natal e logo marcha ao IDHEC, de París, coa intención de profundar nos coñecementos técnicos adquiridos. Aínda que experimenta cos diversos xéneros e formas narrativas, o motivo central do seu traballo soe ser o  concepto da viaxe, ben sexa física ou metafórica.  A estética preciosista dos seus filmes, así como a nostalxia e o exotismo co que amosa África, teñen acadado acendida polémica entre os puristas, que cualifican a súa ollada de “europea,” e os que defenden o interese de que se faga o tránsito dunha cinematografía “miserabilista” a outra na que se busca a máxima perfección en imaxe e son. É grazas a isto que o seu traballo concursa nos mellores festivais internacionais con extraordinario éxito e remata convertido en obra de culto.
Entre os seus traballos destacamos:  Yaaba (1989), Tilai (1990), Samba Traore (1991), Le Cri de Couer (1992), Kato kato (2006).  Rien ne se jette (2010), unha curtametraxe documental foi o seu derradeiro traballo.
Morreu o pasado febreiro na súa cidade natal.



   Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger