WAS BLEIBT (QUE NOS QUEDA?)
ALEMAÑA 2011;
88 minutos/ COR V.O
-PREMIO AO MELLOR ACTOR, LARS EIDINGER, E MELLOR GUIÓN, DA ASOCIACIÓN DE CRÍTICOS DE CINE DE ALEMAÑA, 2013
SINOPSE
Un mozo reside en Berlín dende os seus días de Universidade, lonxe do estilo de vida dos pais. A súa relación con eles limítase a visitalos unha o dúas veces ao ano, principalmente para darlles a oportunidade de pasar uns días co neto. As esperanzas de pasar un tranquilo fin de semana coa familia esmorecen cando a nai, mentalmente inestable, comunica que ten deixado o tratamento. Reaccións contrapostas e segredos até entón agochados sairán á luz.
HANS-CHRISTIAN SCHMID
Actor, produtor, guionista, montador, fotógrafo e realizador nado en 1965, en Altötting. Estuda Documental na Universidade de Cine e Televisión de Munich. Remata os estudos coa súa tese no 1992 . Como traballo fin de carreira fai un documental sobre as persoas con adicción ao xogo. Logo, unha curtametraxe A tormenta que ri, e máis tarde, un documental que trata da contradición entre a fe e o comercio na súa cidade natal, A mecánica do milagre.
Outros dos seus traballos: Crazy (2000), Lichter (2003), Réquiem (2006), Storm (2009).
Este é o seu último traballo.
podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=lJ0uiBHG438


