O teléfono do vento

KAZE   NO  DENWA    de    NOBUHIRO  SUWA

(O  TELÉFONO  DO  VENTO)

XAPÓN   2020;   139'    V.O.S.C.











SINOPSE

Crónica dun dolo en forma de viaxe na que os sucesivos encontros desprazan o loito individual cara o colectivo, definido pola confesión dunha cadea de feridas:  Hiroshima, o exilio kurdo, un accidente de coche, o tsunami. Feridas do tempo á certificación do que asemella unha verdade inmediata, improvisada e unha posibilidade de futuro.

 

NOBUHIRO  SUWA

Director, guionista, montador, actor e produtor nado no 1960 en Hiroshima. Sendo estudiante da Escola de Diseño da Universidade Zokei de Tokio, empeza a realizar os seus primeiros  filmes. En 1985, dirixe, escrebe e produce a curtametraxe "Hanasareru gang". Logo roda varios documentais. En 1997 debuta na ficción con "2/Duo". No 1999 dirixe "M/other", amosando  por primeira vez dun xeito realista á muller xaponesa contemporánea.

Na a súa filmografía destacamos, "H story", -un filme experimental baseado no de Alain Resnais de (1959), "Hiroshima mon amour"-.  "Yuki & Nina" (2009) e, "O león durme esta noite" (2017).

Este é o seu ultimo traballo.




Enlaces sobre o filme: 


Nora

NORA    de  LARA   IZAGIRRE

(NORA)

ESPAÑA   2020;   100'   V.O.S.C.



    
                            



SINOPSE

Nora, con trinta anos, vive co seu avo, coida dos fillos da a súa amiga, e  escrebe o  horóscopo na revista da vila, aínda que o seu soño é  ser escritora de viaxes.

A herdanza dun vello coche a empuxa a viaxar sen rumbo e darse a oportunidade de ser ela mesma.

 

LARA   IZAGIRRE

Directora, guionista e produtora nada no 1985 en Amorebieta, Euskadi. Graduada en Comunicación Audiovisual na Universidade do País Vasco.  Marcha a seguir os seus estudos de cine na New York Film Academy e na EICTV (Cuba). En Barcelona realizou un  máster de guión na Escola Superior de Cine e Audiovisuais de Cataluña (ESCAC). Alí inicia o guión da a súa ópera prima "Un outono sen Berlín" (2015). No 2010 funda a produtora Gariza Films dende onde ven escribindo, dirixindo e producindo varios filmes.

Entre os seus traballos destacan: "Kea"  (2011),  "Next stop Greenland" (2012), "Sormenaren Bide Ezkutuak" (2013),  "Larroxa" (2013).

A produción de "Xa non durmo" (2020), é o seu ultimo traballo.


Enlaces sobre o filme: 

De súpeto, o paraíso

 

IT   MUST BE HEAVEN    de    ELIA   SULEIMAN

(DE SÚPETO, O PARAÍSO)
FRANCIA/PALESTINA/QATAR/ALEMAÑA/CANADÁ/TURQUÍA 2019; 97' V.O.S.C.

     







MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO E PREMIO FIPRESCI AO DIRECTOR NO CANNES FILM FESTIVAL,  2019

PREMIO EURIMAGES NO SEVILLE EUROPEAN FILM FESTIVAL,  2019

PREMIO BE TV AO MELLOR FILME INTERNACIONAL NO BRUSSELS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL,  2019



 

SINOPSE

O cineasta palestino se interpreta a si mesmo; no filme viaxa primeiro a Francia e logo ós Estados Unidos na busca de fondos para realizar unha película. En París, o consello é que faga un filme que non sexa moi palestino, pero que tampouco estea moi lonxe desta materia; nos Estados Unidos, acompañado por Gael García Bernal, o ignoran olímpicamente.

Tamén podería decirse que fuxe de Palestina na busca dun novo fogar, só para decatarse de que Palestina o persigue, sen importar o lugar onde esté. A promesa dunha nova vida pronto pasa a ser unha comedia chea de desatinos.


ELIA SULEIMAN
Director, guionista, actor e produtor nado en Nazareth en 1960. Comparado con Buster Keaton, Jacques Tatio ou Charles Chaplin, polo seu humor e tamén a súa acidez como despiadado retratista da realidade sociopolítica no Medio Oriente. Viviu en Nova York entre 1981 e 1993, periodo no que dirixe as súas primeiras curtametraxes, "Introduction to the End of an Argument" e, "Homage by Assassination", cos que acadou numerosos premios. No 1994 marcha a Xerusalén, onde a Comisión Europea lle encarga montar un Departamento de Cine e Audiovisuais na Universidade Birzeit.

Debuta na longametraxe con "Chronicle of a Disappearance" (1996). Logo viñeron "Intervención divina" (2002) e "The Time That Remains" (2009). En 2012, dirixe a curtametraxe "Diario dun principiante" como parte do filme colectivo "7 días na Habana".

Este é o seu ultimo traballo.



Enlaces sobre o filme: 

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger