Axenda


 

 

PROGRAMA PARA OUTUBRO

 

 

 




 

 

"A RESISTENCIA COTIÁ"

Neste ciclo amosamos personaxes cunha patria común que non sae nos mapas, unha xeografía minúscula, íntima, feita de repeticións, que sostén o que son case sen enterarse. As súas vidas transcorren baixo unha  coreografía silenciosa cun obxectivo claro, facerse visibles!! Acadar a ilusión de que hai un xeito de orden e deixar lonxe o caos, unha mínima estabilidade na que poder refuxiarse e atopar o seu lugar no mundo. 


                "A forza non provén da capacidade física. Provén dunha vontade indomable"                                                                                                                                                                                                    Mahatma Gandhi.

 

 

"Andy",  Cun formato a cabalo entre a road movie e un filme de aventuras, rodada durante dous meses cun equipo de sete persoas, e baseada nas vivencias de miles de migrantes dende Centroamérica até o norte de México para tratar de cruzar ilegalmente aos Estados Unidos, Román Parrado constrúe unha ficción nas localizacións reais dos feitos. 

 

 

"Enzo"  Robin Campillo sitúa o filme na tradición do cine europeo contemporáneo que non entende a mocidade como unha etapa romántica ou idealizada, senón como un territorio de conflíto e desorientación. É un traballo que explora a tensión entre o determinismo social e o desexo individual, presentando unha pregunta incómoda, é posible fuxir do lugar que temos  adxudicado?

 

 



OUTUBRO                ANDY  de  ROMÁN PARRADO

05                                (ANDY)
LUNS 20:30H            ESPAÑA 2025; 107' V.O.



 

 
 





SINOPSE
Unha nena de doce anos inicia a viaxe cara aos Estados Unidos. Ao seu carón, un neno de dez anos co quen entabla amizade. Entre trens de carga, redadas migratorias e refuxios improvisados, teñen como obxectivo chegar á fronteira.



ROMÁN PARRADO 
Director, guionista, fotógrafo e actor español. Ven traballando con éxito no cine e na televisión, gañador dun premio Gaudí e ZOOM por "Ebro, do berce á Batalla" (2016), un Ondas por "Radio Gaga" e un Globo de Ouro do World Media Festival por "O asasino da Baraxa" (2022), Ten dirixido cine, documentais e series para TVE, Movistar+, TVC e Netflix. 
Entre os seus traballos destacamos, "14 días con Víctor" (2010), "Salvados" (2019), "Èxode" (serie tv, 2019), "Pioneiras" (2022), "O rei do cachopo" (2024), "Jo mai mai" (serie tv, 2024).
Este é o seu último traballo.
 
 
 
 Se queredes máis información:
 
 
 

 
 

OUTUBRO            ENZO de ROBIN CAMPILLO
19                           (ENZO) 
LUNS 20:30H       FRANCIA/ITALIA/BÉLXICA 2025;102' V.O.S.C.
 
 
 

 


 
 
SINOPSE
Enzo, un aprendiz de albanel, é presionado polo seu pai para que estude. El quere fuxir da comodidade burguesa asfixiante da a súa contorna familiar. Alí na obra, a través da relación con Vlad, un traballador ucraniano, iniciará o camiño cara a un novo horizonte.



ROBIN CAMPILLO
Guionista, actor, montador e director nado no 1962 en Mohammedia, Marrocos. Formado na escola de cine La Fémis, é alí onde coñece ao seu colaborador creativo e amigo Laurent Cantet, co que traballou como montador e guionista en moitos dos seus filmes.
"Les Revenants" (2004), foi o seu debut na dirección. Logo viñeron, "Eastern Boys" (2013), "120 pulsacións por minuto" (2017), "A illa vermella" (2023).
Este é o seu último traballo, coescrito con Laurent Cantet, estreado na Quincena de realizadores do Festival de Cannes tras o falecimento de Cantet.





 Se queredes máis información:
 





OUTUBRO                     FILME SORPRESA
26 
Luns 20:30H

                   

Filmes de rigorosa estrea que están a formar parte da programación dos mellores festivais de cine do mundo. Se unha vez iniciada a proxección alguén decide saír, poderá facelo durante os primeiros 15 minutos e devolveráselle o importe da cota pagada.

 

 



 


COLABORACIÓNS
 
• Grazas ao acordo coa libraría LIBROURO (rúa Eduardo Iglesias, n.º 12), todas as persoas asociadas terán un desconto do 5% nas compras logo da presentación do carné.

• Todas as persoas asociadas que dispoñan de correo electrónico poderán solicitar o envío da programación.

• O uso do teléfono móbil na sala co filme iniciado será motivo de expulsión da mesma sen reintegro dos cartos da cota pagada.

• Non se permitirá o acceso ao auditorio unha vez comezada a proxección.




 • Podedes comunicarvos con nós, é unha boa axuda!! 


                   c.clublumiere@gmail.com





CINE CLUB LUMIÈRE DE VIGO

Rúa Doutor Cadaval 33, 4.º A - 36202 Vigo -

http://www.lumierevigo.com

info@lumierevigo.com

Cota anual soci@: 24 euros

Cota filme soci@: 5 euros

Bono Lumière 5 filmes: 20 euros (só soci@s)

Cota filme colaborador@: 6 euros

PARAD@S, con carné: 5 euros















Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger