Un home mellor

A  BETTER  MAN   de   ATTIYA KHAN  e  LAWRENCE  JACKMAN
(UN   HOME   MELLOR)  
CANADÁ    2017;   85’   V.O.S.C.








SINOPSE

Unha produción valente e necesaria da actriz e cineasta Sarah Polley que trata un novo paradigma para a prevención da violencia machista.
O filme presenta unha serie de conversacións íntimas entre unha exparella na que houbo violencia doméstica durante dous anos. Vinte dous anos máis tarde,  Attiya pide a Steve que se reúna con ela porque quere saber como recorda el a relación e se está disposto a asumir a responsabilidade das súas accións violentas. 
Attiya decide filmar este primeiro encontro co seu maltratador. Esta reunión, emocionalmente crúa, marca un novo comenzo no proceso de recuperación de Attiya, así como un punto de partida importante para Steve que, fala por primeira vez do abuso, e abre a porta para tratar o pasado.

ATTIYA  KHAN  

Guionista e realizadora. Ten sido avogada de mulleres e nenos que teñen sido maltratados, e vén traballando en programas de refuxio familiar. O filme parte da súa experiencia persoal cando era adolescente. 
Como activista, presentou numerosos eventos e conferencias relacionados coa violencia doméstica. Xunto coa súa familia, foi a cofundadora dun programa de becas YWCA-Toronto para superviventes de violencia doméstica.
Este filme é o seu último traballo.

LAWRENCE  JACKMAN

Realizador, guionista e montador afincado en Toronto. Durante os últimos quince anos ven traballando en filmes independentes. Tamén traballa como consultor editorial asociado coa National Film Board de Canadá. Interésase, como editor e director pola narración creativa dos filmes e investiga sobre os límites do xénero. No 2011 dirixe How Feels, un documental musical sobre a historia dunha cantante con parálise cerebral. 
Este filme é o seu último traballo.


O reposteiro de Berlín

THE  CAKEMAKER    de    OFIR   RAUL  GRAIZER
(O  REPOSTEIRO  DE  BERLÍN) 
ISRAEL/ALEMAÑA   2017;   104'    V.O.S.C.
                               








2018: PROVINCETOWN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, PREMIO AO MELLOR GUIÓN 
2018: MIAMI, FESTIVAL DE CINE XUDÍO, PREMIO DA CRÍTICA
2018: MOLODIST INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO DIRECTOR E A PRODUCIÓN 
2018: KOSMORAMA, TRONDHEIM INTERNASJONALE FILMFESTIVAL, PREMIO DA AUDIENCIA AO DIRECTOR 
2018: FESTIVAL DU CINÉMA ISRAELIÉN DE MONTRÉAL, PREMIO DO XURADO O MELLOR DIRECTOR
2018: PREMIOS DA ACADEMIA ISRAELÍ DE CINE, MELLOR DIRECTOR, MELLOR ACTRIZ (SARAH ADLER), MELLOR GUIÓN, MELLOR MONTAXE E MELLOR SON
2017: JERUSALEM FILM FESTIVAL, PREMIO Á MELLOR MONTAXE E AO MELLOR GUIÓN
2017: FESTIVAL DE KARLOVY VARY: EAST OF THE WEST - PREMIO ESPECIAL DO XURADO


SINOPSE

En Berlín,  un enxeñeiro e construtor israelí encapríchase dun pasteleiro. Un romance que nada máis empezar remata, xa que un accidente de tráfico en Xerusalén  deixa sen vida o construtor . Unha viaxe a Israel servirá para aclarar moitas cousas pendentes. 

OFIR   RAUL  GRAIZER

Realizador, guionista, montador e produtor nado en Israel en 1981. 
Marcha a estudar cine no Sapir College, en Sderot, ao sur de Israel. Durante estes estudos  dirixe varias curtametraxes que se estrearon en numerosos festivais. Tras  graduarse codirixe A discoteca, estreada na “Quincena de directores de Cannes”  e noutros festivais de cine. Paralelamente, a curtametraxe foi aceptada no Programa Nipkow, Berlinale Talents, Agora Film Market,  e  outros  obradoiros de cine. 
Con este filme debuta na longametraxe; é tamén o seu último traballo.



Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Os cans



LOS  PERROS   de   MARCELA  SAID
(OS CANS)  
CHILE    2017;     95’     V.O. 




                           









2018:PREMIO AO MELLOR ACTOR, ALFREDO CASTRO, NOS PREMIOS PLATINO
2017: STOCKHOLM FILM FESTIVAL: PREMIO Á MELLOR ACTRIZ ANTONIA ZEGERS
2017: MUNICH FILM FESTIVAL: PREMIO CINEVISION -MENCIÓN HONORÍFICA Á DIRECTORA-
2017: KOLKATA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL: PREMIO AO MELLOR FILME
2017: CAIRO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL: PREMIO NAGUIB MAHFOUZ AO MELLOR GUIÓN
2017: FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN: PREMIO HORIZONTES

            


SINOPSE
Unha muller pertencente á burguesía chilena ocupa os seus días dirixindo unha galería de arte e aprendendo a montar a cabalo. Desprazada polo seu pai e o seu marido dos negocios familiares, comeza a sentirse atraída polo seu profesor de equitación, un ex coronel do exército. Un día, chegan buscando o coronel pola súa participación en crimes durante a ditadura.


MARCELA  SAID
Directora, guionista, fotógrafa, actriz e produtora nada en Santiago de Chile en 1972. Licenciada en Estética en Chile, no 1996 trasládase a Francia para a realizar un máster en técnicas e linguaxes  de medios na Sorbona. Tres anos máis tarde estrea o seu primeiro traballo documental, Valparaíso, producido por Les Films d’ Ici para a televisión francesa. No 2001 dirixe I Love Pinochet, un documental centrado no ditador chileno,  galardoado en varios festivais.  Volve a Chile no 2007 xunto co seu marido, Jean de Certeau -tamén cineasta- co que realiza o documental Opus Dei, unha cruzada silenciosa, centrado na influencia desa organización católica en Chile. O seguinte traballo xuntos foi o  filme O mocito, sobre a vida de Jorgelino Vergara, un home que traballou nun centro de tortura durante o rexime militar chileno e que foi estreado na Berlinale 2011.
O verán dos peixes voadores (2013), no que retrata a difícil convivencia dos chilenos.


De pais e fillos


OF  FATHERS  AND  SONS   de   TALAL  DERKI
(DE  PAIS  E  FILLOS)  
SIRIA/LÍBANO/ALEMAÑA   2017;  98’  V.O.S.C. 









2018: SUNDANCE FILM FESTIVAL: GRAN PREMIO DO XURADO AO DIRECTOR 
2018: SWR DOKU FESTIVAL: PREMIO AO MELLOR FILME DOCUMENTAL 
2018; VALLETTA FILM FESTIVAL: PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DOCUMENTAL 
2018: ZAGREBDOX: PREMIO AO DIRECTOR 
2018: MUNICH FILM FESTIVAL: PREMIO FRITZ-GERLICH-PREIS AO DIRECTOR 
2018: FULL FRAME DOCUMENTARY FILM FESTIVAL: PREMIO AO DIRECTOR 
2018: MADRID INTERNACIONAL DOCUMENTARY FILM FESTIVAL: PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL E MENCIÓN ESPECIAL
AO DIRECTOR



SINOPSE
O director viviu durante máis de dous anos coa familia de Abu Osama, un guerreiro de Al-Nusra dunha pequena vila  de Siria, centrando a súa cámara nos nenos. Dende pequenos, os nenos son adestrados para seguir os pasos do seu pai e converterse en soldados de Deus.



TALAL  DERKI
Guionista e realizador nado en  Damasco.
Vive en Berlín dende 2014. Estudou dirección de cine en Atenas e traballou como axudante de dirección de longametraxes para numerosas producións. Tamén foi director de diversos programas da televisión árabe entre 2009 e 2011. Ademais, traballou como operador de cámara independente para a CNN e Thomson & Reuters. As súas curtametraxes e longametraxes teñen sido  premiadas en numerosos festivais ao redor do mundo. 
Este filme é o seu último traballo.





Matar a Xesús


MATAR  A  JESÚS   de   LAURA  MORA  ORTEGA
(MATAR A XESÚS) 
COLOMBIA     2017;     95'    V.O.
                               









2017: FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN: PREMIO DA MOCIDADE
2017: FESTIVAL DA HABANA: PREMIO CORAL ESPECIAL DO XURADO 
2017: CAIRO INTERNACIONAL FILM FESTIVAL: PREMIO FIPRESCI Á MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR FILME
2017: CHICAGO INTERNACIONAL FILM FESTIVAL: PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN
2018: GASPARILLA INTERNACIONAL FILM FESTIVAL: GRAN PREMIO DO XURADO Ó MELLOR FILME 
2018: PANAMÁ INTERNACIONAL FILM FESTIVAL: PREMIO DA AUDIENCIA Á DIRECTORA
2018: MOTOVUN FILM FESTIVAL: PREMIO AO MELLOR FILME 
2018: PALM SPRINGS INTERNACIONAL FILM FESTIVAL: PREMIO CINE LATINO Á DIRECTORA


SINOPSE
Baseado en feitos reais.  Unha moza presencia o asasinato do seu pai. Dende a distancia olla o autor mentres el foxe a todo correr nunha motocicleta. A familia terá que afrontar a indolencia oficial na que o caso pronto queda arquivado e suspendido.

LAURA MORA ORTEGA
Realizadora, guionista, montadora e produtora nada en Medellín en 1981. Realiza estudos en dirección e produción de cine na escola RMIT e un máster en guión e dirección no AFTRS, de Melbourne, onde dirixe tamén dúas curtametraxes,  West e  Brotherhood. Volta a Colombia no 2008. En 2011, acada o premio do FDC (Fondo para o Desenvolvemento Cinematográfico) para produción de curtametraxe co proxecto Salomé, rodada en Medellín ese ano e coa que acadou numerosos premios en festivais internacionais de cine.  En 2012, co-dirixe a serie de televisión Escobar, o patrón do mal, para Caracol TV, que acadou o premio á Mellor Dirección e Mellor Serie, nos Premios India Catalina da Televisión Colombiana 2013. No 2013-2014, co-dirixe a miniserie No sos vos, soy yo, adaptación do filme homónimo arxentino. A mediados de 2014 dirixe o filme Antes del fuego.
No 2013, acadou o premio de Desenvolvemento de Guión do FDC con este proxecto de longametraxe que rodou no 2016, e que, asemade, é o seu último traballo.
Ten dirixido tamén publicidade e contido web para produtoras. Ven de fundar recentemente a productora A Selva Cine,  xunto a Daniela Abad.





Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Dede

DEDE   de   MARIAM  KHATCHVANI

(DEDE)

XEORXIA    2017;   97’   V.O.S.C. 




                           












2018: PREMIO FIPRESCI AO MELLOR FILME E PREMIO Á MELLOR PRODUCIÓN E MELLOR DIRECCIÓN NO YEREVAN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL
2018: GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME E A MELLOR PRODUCIÓN NO EURASIAN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL
2018: PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA, MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR PRODUCIÓN NO BEIJING INTERNATIONAL FILM FESTIVAL
2018: PREMIO DA AUDIENCIA Á MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR PRODUCIÓN NO LET'S CEE FILM FESTIVAL
2017: PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR PRODUCIÓN NO MONTPELLIER MEDITERRANEAN FILM FESTIVAL
2017: PREMIO DA UNESCO Á MELLOR DIRECCIÓN NOS ASIA PACIFIC SCREEN AWARDS
2017: PREMIO ESPECIAL DO XURADO Á MELLOR DIRECCIÓN E PRODUCIÓN NO BATUMI INTERNATIONAL ARTHOUSE FILM FESTIVAL
2017: PREMIO ESTE-OESTE CON MENCIÓN ESPECIAL Á DIRECCIÓN NO KARLOVY VARY INTERNATIONAL FILM FESTIVAL



                


SINOPSE
Filme ambientado no ano 1992.  Nunha  vila remota das montañas do Cáucaso nun lugar gobernado por séculos de tradición, unha muller é comprometida en matrimonio por o seu  avó  sen o seu consentimento. Ela está namorada doutro.




MARIAM  KHATCHVANI
Guionista  e  realizadora nada en 1986 en Xeorxia. Estuda Cine e Dirección de Televisión entre o 2004  e o  2008, no Teatro Rustaveli Shota, a Universidade Estatal de Xeorxia. Dirixe numerosas curtametraxes documentais: Verdzoba (2006), Máis alá da ventá (2007), e Lichanishi e Kvirikoba (2009). Dinola  (2013) é a primeira curtametraxe de ficción.
Con este filme debuta na longametraxe; na súa presentación dixo que a historia de Dede está baseada na vida da a súa avoa e dedicada a ela.
É tamén o seu último traballo.


Lean on Pete

LEAN  ON  PETE  de  ANDREW HAIGH

(LEAN ON PETE)
R.U.     2017;   121’    V.O.S.C. 









2018: PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO HEARTLAND FILM
2017: PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA DA ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DE CINE

2017: PREMIO AO MELLOR ACTOR, CHARLIE PLUMMER, Á MELLOR FOTOGRAFÍA, MELLOR BANDA SONORA E MELLOR GUIÓN NO LES ARCS EUROPEAN FILM FESTIVAL 2017
2017: PREMIO MARCELLO MASTROIANNI AO MELLOR ACTOR MOZO, CHARLIE PLUMMER, NO  VENICE FILM FESTIVAL 2017



SINOPSE
Baseada na novela homónima de Willy Vlautin.
Un adolescente queda só ao falecer o seu pai e decide iniciar unha viaxe xunto a un cabalo de carreiras roubado. Agarda atopar a súa tía, da cal non sabe nada dende hai tempo.


ANDREW HAIGH
Guionista, realizador, montador, produtor e fotógrafo nado en 1973 en Harrogate, North Yorkshire, UK. Iníciase na profesión traballando na montaxe de filmes como Gladiador e Black Hawk Derrivado, antes de debutar como escritor e director  na curtametraxe  Oil. No 2009 debuta na  longametraxe con  Greek Pete, ambientada en Londres e centrada na prostitución masculina e que  foi presentada no London Lesbian and Gay Film Festival,  onde acadou o Premio do Artistic Achievement Outfest en 2009. O seguinte traballo foi Weekend (2011), sobre unha relación de fin de semana entre dous homes, acadando tamén numerosos premios nos diferentes festivais de cine nos que foi presentada. A terceira longametraxe foi
45 anos  (2015).
 The North Water, unha serie para a televisión é o seu ultimo traballo.





Western

WESTERN    de   VALESKA  GRISEBACH

(WESTERN)  

ALEMAÑA    2017;   100’   V.O.S.C.
                               









2017: FESTIVAL  MAR DA PRATA: MELLOR DIRECTOR
2017: FESTIVAL DE SEVILLA: PREMIO ESPECIAL DO XURADO

2017: PREMIO ANXO AZUL Á MELLOR DIRECTORA NO ART FILM FESTIVAL
2017: PREMIO DO XURADO Á DIRECTORA NO YEREVAN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL
2017: PREMIO MENCIÓN DE HONRA Á DIRECTORA NO JERUSALEM FILM FESTIVAL
2017: PREMIO FIPRESCI Á MELLOR DIRECCIÓN NO MOTOVUN FILM FESTIVAL
2017: PREMIO FIPRESCI E PREMIO DO XURADO NO T-MOBILE NEW HORIZONS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, POLAND

2018: PREMIO DOS CRÍTICOS DO CINE ALEMÁN Á MELLOR LONGAMETRAXE DO ANO 2017, E PREMIO AO MELLOR  ACTOR, MEINHARD NEUMANN

2018: PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME NO ISTANBUL INTERNATIONAL FILM FESTIVAL


SINOPSE
Unha cuadrilla de obreiros alemáns desprázase a unha vila búlgara para traballar na posta en marcha dunha central hidráulica. Molesta o seu descaro groseiro, e  ofende a saña eficiente coa que rozan a paisaxe, e os agravios das súas suores masculinas de rematar coa  paga no bar e berrar agudo ao paso das mozas.


VALESKA  GRISEBACH
Realizadora, guionista, editora e produtora nada en 1968 in Bremen, Alemaña. Primeiro estuda Filosofía e Literatura en Berlín, Munich e Viena; En 1993, empeza a estudiar Dirección na Academia de Cine de Viena, onde figuras como Peter Patzak, Wolfgang Glück e Michael Haneke estaban entre os docentes. O filme de graduación My Star (2001), unha historia de amor suave sobre dous adolescentes acada o Premio FIPRESCI no Festival Internacional de Cine de Toronto e  Premio ao Mellor filme no Festival de Cine de Turín. En Alemaña, acadou o Premio Primeiros Pasos. Sehnsucht (2004-2006), foi o seguinte traballo, unha historia de relacións composta na maior parte por actores e actrices non profesionais, coa que acadou tamén grandes éxitos de crítica e público.
Para a exposición "Pain", unha exposición conxunta do Museo de Historia Médica de Berlín e a Hamburger Bahnhof, produciu o vídeo documental Scars en 2007, onde a xente fala sobre as cicatrices  non desexadas ou desexadas e os recordos asociados da dor. Nos anos seguintes, traballa como profesora na Academia Alemá de Cine e Televisión de Berlín (dffb) e de asesora de guións, entre eles: The Education (2011) e Toni Erdmann (2016).
Esta é a  terceira longametraxe e o seu último traballo.





Aí van algúns enlaces sobre o filme:

A delgada liña amarela

LA    DELGADA    LÍNEA   AMARILLA

(A DELGADA  LIÑA AMARELA)  de   CELSO  GARCÍA

MÉXICO    2015;     95’     V.O.












2015: FESTIVAL DE CINE DE OAXACA MX, PREMIO MELLOR FILME FEITO EN MÉXICO
2015: FESTIVAL DE CINE DE MONTRÉAL, PREMIO BRONZE ZENITH E PREMIO GLAUBER ROCHA
2015: FESTIVAL DE CINE DE MANNHEIM-HEIDELBERG, PREMIO AO MELLOR DIRECTOR
2015: FESTA DO CINE GLOBAL DOMINICANO, PREMIO Á MELLOR ÓPERA PRIMA
2015: FESTIVAL DE CINE DE XIXÓN, MELLOR GUIÓN, PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR FILME
2016: FESTIVAL DE CINE LATINOAMERICANO DE LLEIDA, PREMIO DA AUDIENCIA, MELLOR DIRECTOR E MELLOR FILME.
2017: PREMIOS DA CRÍTICA DO CINE MEXICANO, Á MELLOR DIRECCIÓN, MELLOR FILME, MELLORES PRODUTORES, MELLOR ACTOR (SILVERIO PALACIOS), MELLOR MONTAXE E MELLOR GUIÓN





SINOPSE
O filme é a viaxe de cinco homes contratados para pintar a liña divisoria dunha estrada que conecta dúas vilas de México. A bordo dunha vella camioneta inician o traballo de máis de douscentos quilómetros de asfalto que deberán completar en menos de quince días.




CELSO  GARCÍA
Guionista e realizador nado en 1976 en México D.F.
Coñecido pola curtametraxe A leite e a auga (2006), que ten sido presentada en máis de 40 festivais. No 2004 outra curtametraxe súa, Pata de Galo, foi  galardoada no proxecto IMCINE e proxectada en 16 festivais de cine internacionais. Outras  curtametraxes súas anteriores son O neno millón e Protestosterona (2003).
Con este traballo debuta na longametraxe.
A voda do meu mellor amigo e Velvet, unha produción de México e Estados Unidos, son os seus últimos traballos.

Foxtrot

FOXTROT     de     SAMUEL    MAOZ
(FOXTROT) 
ISRAEL     2017;      113’      V.O.S.C.











2018: NATIONAL BOARD OF REVIEW, USA, PREMIO MELLOR FILME ESTRANXEIRO
2017: FESTIVAL DE CINE DE ATENAS, PREMIO CIDADE DE ATENAS AO MELLOR DIRECTOR
2017: FESTIVAL DE CINE DE ZAGREB, PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME E MELLOR DIRECCIÓN
2017: FESTIVAL DE CINE DE VENECIA, PREMIO ARCA CINEMA GIOVANI, Á MELLOR DIRECCIÓN, PREMIO SIGNIS AO DIRECTOR, LEÓN DE PRATA DO XURADO
2017: PALM SPRINGS FESTIVAL DE CINE, PREMIO AO DIRECTOR
2017: CAPRI, HOLLYWOOD, PREMIO MELLOR FILME ESTRANXEIRO
2017: PREMIOS DA ACADEMIA DO CINE ISRAELÍ, MELLOR DIRECTOR, MELLOR ACTOR (LIOR ASHKENAZI), MELLOR FOTOGRAFÍA, MELLOR MONTAXE, MELLOR MÚSICA.




                                                               

SINOPSE
Unha familia con problemas ten que afrontar os feitos despois de que algo saia terribelmente mal no afastado posto militar onde fora destinado o seu fillo para realizar o servizo militar.





SAMUEL  MAOZ
Guionista e realizador nado en Tel Aviv en 1962.
Con trece anos xa tiña unha cámara de 8mm e 4 minutos de película. Aos dezaoito anos tiña xa realizado ducias de curtas. Tras o seu servizo militar obrigatorio en 1987, completa os estudos de cine na Academia de Artes Beit Zvi.
Outros dos seus traballos: Total Eclipse (2000), Lebanon (2009), Venice 70: Future Reloaded (2013).
Este filme é o seu último traballo.




Sweet Country

SWEET  COUNTRY   de  WARWICK  THORNTON
(SWEET  COUNTRY) 
AUSTRALIA  2017;  112' V.O.S.C.












2017: FESTIVAL DE CINE DE VENECIA, PREMIO ESPECIAL DO XURADO
2017: FESTIVAL DE CINE DE ADELAIDE, PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME E MELLOR DIRECCIÓN
2017: PREMIOS DO CINE ASIA PACIFIC, PREMIO AO MELLOR FILME
2017: FESTIVAL DE CINE DE TORONTO, PREMIO MELLOR DIRECCIÓN




SINOPSE
Inspirado en feitos reais sucedidos no interior de Australia en 1929.
Cando un aborixe mata o seu propietario branco en defensa propia, foxe coa súa muller. A parella será perseguida de xeito incansábel polas autoridades.





WARWICK THORNTON
Realizador, guionista, director de arte, fotógrafo e actor nado en Alice Springs. Graduado en Cinematografía, na Escola Australiana de Cine, Televisión e Radio. Iníciase na profesión realizando curtametraxes: Payback, Green Bush, Nana, cos que ten acadado numerosos premios. Samson y Delilah (2009), foi o seu debut na longametraxe; filme co que acadou a Cámara de Ouro no Festival de Cine de Cannes ese ano, e o premio ao Mellor filme nos Asia Pacific Screen Awards. 
Este filme é a súa segunda longametraxe, é asemade o seu último traballo.





Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger