5 Cámaras rotas

«5 BROKEN CAMERAS » (5 CÁMARAS ROTAS)
Francia/Israel, 2011
VOSC · Cor • 90 min.




*PREMIO IDFA ESPECIAL DO XURADO E PREMIO DO PÚBLICO. HOLANDA, 2011.
*PREMIO MELLOR DIRECTOR DE DOCUMENTAL. EUA, NO FESTIVAL DE CINE DE SUNDANCE, 2012.
*PREMIO DEL PÚBLICO NO SHEFFIELD FESTIVAL DOCUMENTAL DO REINO UNIDO, 2012.
*PREMIO MELLOR LONGAMETRAXE DOCUMENTAL, NO FESTIVAL DE CINE DE XERUSALEM, 2012.
*PREMIO DO XURADO MOZO NA X MOSTRA DE CINE E DEREITOS HUMÁNS, DE ZARAGOZA, 2013.

SINOPSE

Emad é un mozo palestino afeccionado ás cámaras domésticas. Vive en Bil'in, ao oeste da cidade de Ramala, en Cisxordania. No 2005 chegan as escavadoras israelís para construír un muro que delimitará o perímetro dun xigantesco asentamento xudeu. Coa súa cámara el grava estes primeiros movementos. Cinco anos e cinco cámaras de vídeo faranlle falta para rexistrar a historia da resistencia do seu pobo á opresión israelí. En paralelo, o crecemento do seu fillo, nado nos primeiros días do movemento cidadán.

EMAD BURNAT

Guionista, fotógrafo, produtor e realizador palestino. Ten traballado para varias canles de televisión como Al Jazeera, as Canles 1, 2 e 10 israelís, na Televisión Palestina e, en múltiples ocasións, tamén para a axencia Reuters. O seus traballos, teñen sido utilizados para varios documentais sobre o conflito israelí-palestino, pero este é o seu debut como director. É o seu último traballo.

GUY DAVIDI

Guionista, editor, fotógrafo, produtor e realizador nado 1978 en Jaffa (Israel). Traballa como documentalista e profesor de cine. Traballa no ámbito cinematográfico dende os dezaseis anos. Tras as curtametraxes documentais In Working Progress (2006), A Gift from heaven (2009), Zramim Ktu’im, Keywords e Women Defying Barriers (2010), debuta na longametraxe con Interrupted Streams.

Este é o seu último traballo.

podedes ollar o tráiler en: http://www.youtube.com/watch?v=vsehpml9jGI

Entreparadas

«ENTREPARADAS» (ENTREPARADAS)
España, 2013
VO. COR • 70 min.


SINOPSE


Cóntanos a historia de 16 persoas anónimas que atesouran experiencias vitais únicas. A longametraxe fixa a súa mirada en Xosé, con parálise cerebral e Felisa, inmigrante invidente, que comparten unha experiencia que marcará as súas vidas con outras persoas de diferentes colectivos (asociación contra o cancro, centro psiquiátrico, unidade de violencia de xénero, vítimas de accidentes de tráfico, aula municipal do maior, discapacitados AIXIÑA, menores con medidas xudiciais e outras persoas voluntarias).
Unha idea: un grupo de teatro "invisible" que actúa por sorpresa nos autobuses urbanos. Un soño: aplausos, emocións, tolerancia, convivencia, cultura e unha forte mensaxe social chega a moitos viaxeiros entre parada e parada das mans deste grupo de artistas.

TOÑO CHOUZA

Guionista, editor, produtor e realizador nado en Vigo. Licenciado en Filoloxía Hispánica na Universidade de Compostela e Diplomado en Dirección de Cine na ESCAC (Escola Superior de Cine e Audiovisuais de Cataluña). Ten traballado como docente, e asistido como alumno en diferentes obradoiros de cine. Asemade, ten traballado como xurado e programador en varios festivais de cine. As súas curtametraxes A mañá (2010), e Sola (2012), acadaron diversos premios en festivais internacionais de cine. Con este filme debuta na longametraxe. É o seu último traballo.

Aquí podedes ollar o tráiler: http://www.youtube.com/watch?v=0kaZj8R7P0g
e tamén en http://documenta.fundaciontelefonica.com/buscador/Entreparadas

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger