Aurora



 
JAMAIS  CONTENTE  de  EMILIE   DELEUZE

 (AURORA)

 FRANCIA   2016;   90’    V.O.S.C.  








PREMIO OSO DE CRISTAL AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE DE  BERLIN, 2016
PREMIO DA AUDIENCIA MOZA Á MELLOR DIRECTORA NOS PREMIOS DO CINE EUROPEO, 2016



SINOPSE
Baseado na novela de Marie Desplechin. 
Aurora non acada as  mellores notas, pero definitivamente, non é parva. Ten un xeito peculiar de ollar e comentar a súa contorna; a súa familia, os mozos, o seu profesor de francés e tamén, ela mesma.


EMILIE DELEUZE
Guionista, realizadora e montadora francesa nada no ano 1964.
Iníciase como realizadora no ano 1986, coas curtametraxes Un homme faible (1986), Monsieur Pierre (1986) e Coup de sang (1990).
Debuta na longametraxe con Va mourir (1991). Tras rodar varias series e curtametraxes volta a longametraxe con À l'aube (1999) e  Mister V. (2003).
Este é o seu último traballo.

Entre os dous


YOU'RE  UGLY  TOO   
de  MARK NOONAN  
(ENTRE OS DOUS)  

IRLANDA    2015;    82’    V.O.S.C.
  







PREMIO AO MELLOR FILME NO GALWAY FILM FLEADH, 2015
PREMIO MELLOR GUIÓN NO SKIP CITY INTERNATIONAL D-CINEMA FESTIVAL, 2015

PREMIO MELLOR GUIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ATENAS , 2015
PREMIO Á MELLOR CARACTERIZACIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE IRLANDÉS DE BOSTON, 2016


SINOPSE
Un home acada a liberdade condicional para coidar da súa sobriña orfa.  Hai moitos obstáculos que zafar mentres atopan un fogar  provisional. El non fai caso ás súas obrigas coa lei, e a  moza  ten  una narcolepsia desenvolvida nos últimos meses.


MARK NOONAN  
Realizador, guionista, fotógrafo, montador e produtor nado en 1982 in Galway, Irlanda 1974. A cabalo entre París e Dublín. Gradúase na Berlinale Talent Campus en 2011, a súa primeira curtametraxe Preguntas, acada o Premio Claire Lynch no Festival Internacional de Cine de Cork e unha Mención de Honra no Galway Film Fleadh.
Con este filme debuta na longametraxe, presentada no Festival Internacional de Cine de Berlín 2015, onde foi nomeado ao Mellor Filme Novel.
Actualmente atópase desenvolvendo o filme documental Kevin Roche: The Quiet Architect,  aínda sen rematar.



Aí van algúns enlaces sobre o filme:
http://ocio.laopinioncoruna.es/cine/criticas/entre-dos-debut-madurez-nws590731.html
http://www.cinemaldito.com/entre-los-dos-mark-noonan/
https://www.ecartelera.com/noticias/39606/critica-entre-los-dos-mark-noonan/
https://www.filmaffinity.com/es/reviews/1/181970.html

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger