PARIS PIEDS NUS de FIONA GORDON e DOMINIQUE ABEL
(PERDIDOS EN PARÍS)
FRANCIA/BÉLXICA 2016; 83' V.O.S.C.
2016: PREMIO Á DIRECCIÓN NO DENVER INTERNATIONAL FILM FESTIVAL
2016: PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME NO MILL VALLEY FILM FESTIVAL
2018: PREMIO Á MELLOR MONTAXE NOS PREMIOS MAGRITTE DE BÉLXICA
SINOPSE
Unha bibliotecaria canadense chega a París para axudar a súa tía e impedir
así, que sexa internada nunha residencia
de anciáns. As cousas mudan de xeito inesperado, ela perde a súa equipaxe e a
súa tía, non aparece!! É o inicio dunha cadea de enredos.
FIONA GORDON e DOMINIQUE ABEL
Guionistas, actores e realizadores nados no 1957.
Fiona Gordon nada en Australia e criada en Canadá. Coñece en París ó
belga Dominique Abel, co que
inicia unha carreira profesional a tempo completo: son parella, fan teatro e
cine. Xuntos escriben, dirixen e protagonizan esta comedia dinámica, chea de cores saturadas na que encadean unha serie
de gags físicos, notoriamente inspirada no singular arte de Jacques Tati.
Na década
dos 80 se instalaron nunha antiga fábrica reconvertida de Bruxelas e fundaron a
compañía teatral Courage mon amour,
coa que organizaron catro espectáculos que deron a volta ao mundo.
Influenciados polo circo poético e o teatro xestual, o seu tema favorito é a
torpeza dos seres humáns. Nos anos 90,
inícianse no cine, primeiro como actores na curtametraxe A boneca (1992), e posteriormente protagonizaron e co-dirixiron, Merci cupidon (1994), Rosita ( 2000), e Camiñando no lado salvaxe (2000).
Debutan
na longametraxe con O iceberg (2005). Logo viñeron: Rumba
(2005), e A fada (2011).
O seu último traballo é a
curtametraxe The tent (2017).
Aí van algúns enlaces sobre o filme:


