Triomf

 TRIOMF
 (TRIOMF )    de    MICHAEL   RAEBURN
SURÁFRICA/FRANCIA/R.U. 2008; 97’ V.O.S.C.







PREMIO SIGNIS NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE AMIENS, 2008



SINOPSE
Baseado na novela de Marlene van Niekerk, sobre unha familia branca e pobre nun barrio ruinoso de Johannesburgo. A familia Benade comparte unha casa decrépita. Preocupados polos resultados das eleccións, planean fuxir ao Norte do país.



MICHAEL RAEBURN
Director, guionista, produtor e fotógrafo nado no Cairo en 1948, aínda que máis tarde se converte en cidadán zimbabuense. Agora, por razóns políticas, é cidadán surafricano. Estuda Literatura Francesa na Universidade de Londres. O seu traballo experimental e documental destaca como innovador e único. Durante case catro décadas ten loitado arreo por ser unha voz libre e independente dentro dun mundo cada vez máis homoxeneizado. O seu tema principal é a sensación de alienación, frustración e ira, que sente un grupo social que ten sido illado e reprimido por un meirande e poderoso. A violencia, a furia, e incluso a loucura, son os resultados inevitables.
Iníciase profesionalmente coa curtametraxe Rhodesia Countdown (1969). Logo viñeron, The plastic shamrock (1973), Le mouvement mouvement (1975), This game of old (1975), o documental Beyond the Plains Where Man Born (1976), Au-delà des plaines où l’homme est né (1977), Requiem pour un village (1978), Dimanche, doux dimanche (1980), The grass is singing (1981), Under african skies (1990), Jit (1991), Vent de colère (1998), Home sweet home (1999).
Este é o seu último traballo.


 Aí van algúns enlaces sobre o filme: 

Burma VJ

BURMA VJ
(BURMA VJ)    de    ANDERS   ØSTERGAARD
DINAMARCA   2009;   84’   V.O.S.C. 




                                                           





PREMIO JORIS IVENS, AO DIRECTOR E  MELLOR FILME, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DOCUMENTAL DE AMSTERDAM, 2008
PREMIO MELLOR DOCUMENTAL NOS PREMIOS BODIL, 2009
PREMIO FIPRESCI AO DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE  DE XERUSALÉN, 2009
GRAN PREMIO DO XURADO AO DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE BOULDER, 2009
PREMIO LIBERDADE DE EXPRESIÓN E MELLOR MONTAXE NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE
DE SUNDANCE, 2009
GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME DOCUMENTAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE  YEREVAN, 2009
PREMIO AO MELLOR FILME DOCUMENTAL E  PREMIO AMNISTÍA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DOCUMENTAL DE DINAMARCA, 2008
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME E GRAN PREMIO DO XURADO, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE E DEREITOS HUMÁNS DE NUREMBERG,  2009


SINOPSE
En setembro de 2007, pacíficos monxes budistas enfrontáronse ao réxime militar birmano. O mundo enteiro centra a atención neste país. Prohíbese a entrada da televisión estranxeira, pero Joshua, un xornalista mozo e o seu equipo traballaron arreo para contrarrestar a propaganda militar e manter ao mundo informado sobre a situación no interior dun país pechado.


ANDERS   ØSTERGAARD
Director e guionista nado en 1965 en Copenague. Licenciado en Xornalismo na Escola Danesa de Xornalismo. Entre 1991 e 1996 traballa como redactor, deseñador de  estratexias publicitarias e, de forma puntual, como asistente de dirección para a unidade de documentais da televisión pública danesa.
A súa traxectoria como realizador arranca no 1996. Foi galardoado co Premio ao Mellor Documental no Festival de Cine de Odense en 1999 por The Magnus. É o guionista e director da coprodución internacional Tintin et Moi (2003). Outros dos seus traballos: Diplomatiets fortrop (2004), Gasolin (2006), Så kort og mærkeligt livet (2008).  1989 II (2014), é o seu último traballo.


Aí van algúns enlaces sobre o filme:
http://www.elespectadorimaginario.com/pages/diciembre-2010enero-2011/criticas/burma-vj.php
http://www.todaslascriticas.com.ar/pelicula/burma-vj/criticas
https://www.filmaffinity.com/es/film341494.html

A orden divina

DIE   GÖTTLICHE   ORDNUNG
(A  ORDEN  DIVINA)   de   PETRA   BIONDINA   VOLPE
SUÍZA   2017;   95’   V.O.S.C.
             
                                                    







PREMIO AO MELLOR CINE GLOBAL, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SAN DIEGO, 2017
MELLOR ACTRIZ, BESTE DARSTELLERIN, MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA, MARIE LEUENBERGER E MELLOR GUIÓN, NOS PREMIOS DO CINE SUÍZO, 2017
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME ESTRANXEIRO, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE TRAVERSE CITY, 2017
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR GUIÓN, PREMIO DO XURADO Á MELLOR ACTRIZ MARIE LEUENBERGER, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TRIBECA, 2017
      

SINOPSE
En 1971 as mulleres aínda non podían votar en Suíza. Nora, unha ama de casa moza, con dous fillos, que vive nunha pequena vila onde as novas das protestas polos dereitos civís, a revolución sexual e os movementos contraculturais apenas son un tema de discusión.

PETRA   BIONDINA   VOLPE
Directora, guionista e montadora nada en 1970 en Suhr, Suíza. Graduada na Universidade Das Artes de Zürich entre 1992 e 1994. Logo múdase a Nova York durante un ano, de volta a Zürich traballa como editora para a empresa estadounidense AVID Technology.  En 1997, matricúlase na Academia de Cine Konrad Wolf en Potsdam-Babelsberg, alí estuda guión e realización. Dirixe varias curtametraxes, Crevetten  (2001), coa que acada varios premios en festivais internacionais. La fidanzata (2004). Schlorkbabies an der Raststätte  (2005), grazas a cal acada unha bolsa de investigación.  Dende 2003  traballa como directora e guionista entre Berlín e Nova York. Tamén ten dirixido varias series para a televisión.

Este é o seu último traballo.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

http://cineuropa.org/ff.aspx?t=ffocus&l=es&did=327180
https://www.lahiguera.net/cinemania/pelicula/8053/comentario.php
https://elpais.com/elpais/2017/11/02/opinion/1509640960_918857.html
https://www.filmin.es/blog/cronica-gijon-2017-el-orden-divino-con-ellas-llego-el-destape 

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger