Purasangue




THOROUGHBREDS
(PURASANGUE)    de    CORY   FINLEY
USA     2017;     90’     V.O.S.C.



2017: PREMIO REEL SOCIAL CLUB INDIE NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE



SINOPSE

Dúas mozas reavivan a súa amizade tras vivir anos separadas. No proceso,  aprenden que non todo é o que parece e que un asasinato solucionaría moitos dos seus problemas.

CORY  FINLEY

Director e guionista estadounidense. 
Iníciase no cine con este traballo que ten muito de sátira e comedia negra. O texto ía ser unha obra de teatro pero rematou convertido nun guión cinematográfico. O filme foi estreado no Festival de Sundance de 2017, pasou un ano de festival en festival e chega agora ás salas de cine. Conta tamén coa presenza de  Anton Yelchin (Star Trek), no  que sería o seu último traballo antes do seu prematuro falecemento no 2016.
O guión da curtametraxe Sauna (2018) e a longametraxe Bad Education, aínda sen rematar son  os seus últimos traballos.


Hotel salvación


HOTEL    SALVATION
(HOTEL  SALVACIÓN)  de  SHUBHASHISH  BHUTIAN
INDIA    2016;     102’     V.O.S.C.




2018: PREMIOS FILMFARE, PREMIO AO MELLOR GUIÓN
2017: PREMIOS DO CINE NACIONAL DA INDIA, PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR FILME, E MELLOR ACTOR, ADIL HUSSAIN



SINOPSE

Nunha estraña e derradeira petición vital, un ancián indio obriga o seu fillo a que deixe o traballo e o acompañe á cidade santa de Benarés para morrer alí. Ante tal demanda, decide embarcarse co seu pai na viaxe

SHUBHASHISH BHUTIAN

Director, actor, montador, guionista e produtor. Nado en Kolkatta, India, en 1991. Crece nunha pequena cidade do Himalaia na India, onde asiste á Escola Woodstock. Despois de estar moi involucrado no teatro, pasou de actuar a escribir e dirixir e marcha a aprender cine na Escola de Artes Visuais de Nova York. O seu filme de tese foi a curtametraxe Kush, estreada na 70 edición do Festival de Cine de Venecia, onde acada o Premio Horizontes e foi seleccionada nos Premios da Academia 2014, nos que acadou numerosos premios ao longo do mundo.


Este filme é o seu debut na longametraxe, tamén, o último traballo como director.


A revolución silenciosa


DAS   SCHWEIGENDE  KLASSENZIMMER
(A REVOLUCIÓN SILENCIOSA) de  LARS KRAUME
 ALEMAÑA    2018;   111’   V.O.S.C.
                               





2018: PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MUNICH
2018: PREMIO AO MELLOR ACTOR MOZO, JONAS DASSLER, NOS PREMIOS DO CINE BÁVARO


SINOPSE

A partir dos feitos reais descritos na novela autobiográfica de Dietrich Garstka, The silent classroom, publicada no 2006. A acción transcorre na dividida Alemaña de 1956, cando o muro aínda non se alzara; dous estudantes exploran secretamente a cara occidental da cidade onde descobren a revolta do pobo húngaro nos noticiarios. A súa loita pola liberdade espertará as simpatías de toda unha clase a punto de graduarse que, en solidariedade cos seus veciños europeos, deciden gardar un minuto de silencio nas aulas en honor ás vítimas, desafiando as doutrinas ideolóxicas do leste.

LARS KRAUME

Director, produtor e guionista nado no 1973 en Italia. Ten dirixido numerosas producións de televisión, mesmo varios episodios da serie de crimes Tatort e a súa propia mini-serie de crimes Dengler. Iníciase no cine coa curtametraxe Life Is Too Short to Dance with Ugly Women (1996). Co seu filme The People vs. Fritz Bauer (2015), debuta na longametraxe e foi nomeada a nove premios da academia de cine alemán, acadando seis.

Este é o seu último traballo.



Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger