A francesiña

ABRIL               LA   FRANCESITA     de   GONZALO  JUSTINIANO
22                                 (A  FRANCESIÑA)    
Luns ás 20:30h                CHILE     2017;     95’     V.O.





MELLOR DIRECCIÓN DE ARTE NO CINE CEARÁ - NACIONAL CINEMA FESTIVAL 2018

SINOPSE

A coñecida como “A Francesiña”, é unha muller chilena, de carácter, atractiva e valente, que vive o día a día nun barrio marxinal de Santiago, no Chile de Pinochet.

GONZALO JUSTINIANO

Director, montador, guionista e produtor. Nado en Santiago de Chile no 1955. Estuda na Universidade de
París e na Escola de Cine Louis Lumière. En 1984 dirixe a súa primeira longametraxe, Os fillos da Guerra
Fría, Premio de Ópera Prima en Biarritz, do Fórum na Berlinale e de Dirección en Cartaxena.
Logo rodou Sussi (1988), estreada tamén con gran éxito. Caluga ou menta (1990), foi o seguinte
traballo. Amnesia (1994), a cuarta longametraxe, considerada unha das máis comprometidas.

Outros dos seus títulos: Tiven un soño contigo (1999), O Leyton (2002), B-Happy (2004), 
Lokas (2008), Alguén ten visto a Lupita? (2010).

Este filme é o seu último traballo.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Miriam minte

ABRIL                        MIRIAM MIENTE de NATALIA CABRAL & ORIOL  ESTRADA  
15                              (MIRIAM  MINTE)  
Luns ás 20:30h         REP.  DOMINICANA   2018;     90’     V.O.





PREMIO ALMA AOS CINEASTAS NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN 2018
COLON DE OURO AOS CINEASTAS NO FESTIVAL DE CINE LATINOAMERICANO DE HUELVA 2018
MENCIÓN ESPECIAL AOS CINEASTAS NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE KARLOVY VARY 2018

SINOPSE
O tranquilo mundo dunha familia pequeno burguesa se desmorona cando a filla de catorce anos namórase dun mozo por internet. Mentres as súas amigas preparan con entusiasmo a tradicional festa dos quince anos, ela non sabe como explicar a súa familia que o seu noivo é negro.


NATALIA CABRAL
Directora, montadora, guionista e produtora nada en 1981 en Santo Domingo. Estuda cine na Escola Internacional de San Antonio dos Baños, Cuba (EICTV). Xunto coa súa parella Oriol Estrada, ten dirixido documentais como, Ti e eu (2014), e  O Sitio dos Sitios (2016), ambos selecioados en importantes festivais internacionais de cine

ORIOL  ESTRADA  
Director, montador, guionista e produtor. Nado en Capellades, Cataluña en 1983. Estuda cine na Escola Internacional de San Antonio dos Baños, Cuba (EICTV). Xunto coa súa parella Natalia Cabral, ten dirixido documentais como Ti e eu (2014), e  O Sitio dos Sitios (2016), ambos seleccioados en importantes festivais internacionais de cine

Este filme é o debut para ambos na longametraxe, tamén, o último traballo.

A familia

ABRIL                                          LA   FAMILIA   de  GUSTAVO RONDÓN CÓRDOVA
08                                                   (A FAMILIA)   
Luns ás 20:30h                             VENEZUELA/CHILE/NORUEGA  2017;  82’ V.O. 


                               

MELLOR FILME NO FESTIVAL DE BIARRITZ
MELLOR FILME NO FESTIVAL DE MIAMI
MELLOR FILME INTERNACIONAL NO FESTIVAL NEW YORK LATINO FILM FESTIVAL
MELLOR FILME DE FICCIÓN NO FESTIVAL BOSTON LATINO FILM FESTIVAL
MELLOR FILME E MELLORES ACTORES NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SANTIAGO DE CHILE
MELLOR FILME NO FESTIVAL DE LIMA LATINO FILM FESTIVAL

SINOPSE
Nun barrio obreiro de Caracas un pai e o seu fillo case non coinciden no fogar. Un ocupa o seu tempo con varios traballos, e o outro deambula polas rúas xogando e aprendendo nun ambiente violento. Nun partido de pelota, o rapaz pelexa con outro neno a quen fere  gravemente.

GUSTAVO RONDÓN CÓRDOVA
Director, montador, guionista e produtor. Nado en Caracas en 1977. Estuda Comunicación Social na Universidade Central de Venezuela e se especializa en cine no Programa Académico de Dirección de Cine na Escola de Cine e Televisión da Academia de Artes Interpretativas en Praga (FAMU). Entre 2003 e 2012 escribe, edita e dirixe cinco curtametraxes que foron selecioados en festivais internacionais de cine. Entre eles: A líña do olvido (2004), Que importa canto duran as pilas? (2005), Lis (2006), Mezi bratry (2007), Nostalxia (2012).

A quietude

ABRIL               LA   QUIETUD   de   PABLO   TRAPERO
1                             (A QUIETUDE)  
Luns ás 20:30h         ARXENTINA    2018;   117’   V.O.
                                        





SINOPSE
Dúas irmáns teñen un rencontro tras moito tempo separadas. Unha regresa polo fráxil estado de saúde do pai, e a outra, pretende que nada mude. Xunto á nai, as tres estarán obrigadas a reconstruír o pasado e a enfrentar os desafíos do presente



PABLO TRAPERO
Director, produtor, actor, montador e guionista nado no 1971 en Bos Aires. É un dos máximos expoñentes do novo cine arxentino que xurdiu a mediados dos anos noventa. Os seus filmes son de corte realista, case documentais, nos que retrata a xente normal en actividades cotiás e destacando as inxustizas da sociedade contemporánea. Estuda Dirección na Fundación Universidade do Cine (FUC), en Bos Aires. En 1996 crea, xunto a outros realizadores mozos, Cinematográfica Sargentina, a súa primeira compañía de produción. En 1999 debuta como director con Mundo grúa, coa que acada numerosos premios nos festivais de cine e dáse a coñecer internacionalmente. En 2001 realiza a mediometraxe Naikor. Logo roda O Bonaerense (2002).
En 2002 funda 
Matanza Cine, unha nova compañía de produción de cine independente.
Entre a súa filmografía destacamos, Familia rodante (2004), Nacido e criado (2006), Leonera (2008), Carancho (2010), Elefante branco (2012), O Clan (2015). Rotterdam. I Love You (2019), aínda sen estrear é o seu último traballo.


 Aí van algúns enlaces sobre o filme:



Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger