O EMBIGO DE GUIE’DANI

XQUIPI' GUIE'DANI   de   XAVI  SALA

(O EMBIGO DE GUIE’DANI) 

MÉXICO   2018;    119’    V.O.S.C.


                     








FESTIVAL DE CINE IBEROAMERICANO DE HUELVA: PREMIO RADIO EXTERIOR 2.018

FESTIVAL DE MORELIA: MENCIÓN ESPECIAL Á MEJOR ACTRIZ, SÓTERA CRUZ, 2.018

 

                                              

 

 

SINOPSE

Unha nai e a súa filla marchan da vila na que viven na busca de novas oportunidades como empregadas domésticas na casa dunha familia ben posicionada na cidade de México. A moza rexeita a vida de servidume e trata de atopar a súa propia identidade.

 

 

 

 

XAVI  SALA

Director, montador, fotógrafo, produtor e guionista nado en Alicante 1971 e  nacionalizado mexicano.

Licenciado en Periodismo, ten un puñado de curtametraxes coas que participa en máis de trescentos festivais de todo o mundo, acadando numerosos premios  e a sona internacional.

Ten tamén ampla experiencia docente como profesor de guión en Latinoamérica, España e África.

Con este filme debuta na longametraxe, é o seu ultimo proxecto.  





Enlaces sobre o filme: 

Slalom

SLALOM  de    CHARLÈNE FAVIER
(SLALOM)
FRANCIA/BÉLXICA 2020; 92’ V.O.S.C.











PREMIO CINECLUBS NO FESTIVAL REC 2020
PREMIOS DO XURADO MOZO E DO PÚBLICO NO FESTIVAL OHLALÀ! 2020
PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NO DEAUVILLE FILM FESTIVAL 2020
PREMIO NOITES NEGRAS DE TALLÍN Á MELLOR DIRECCIÓN 2020
PREMIO A MELLOR ACTRIZ NOÉE ABITA, NOS PREMIOS LUMIÉRE DO CINE FRANCÉS 2021

 

 

 

 

SINOPSE

Unha moza de quince anos ingresa nunha das escolas de esquí máis prestixiosas de Francia nunha illada vila nos Alpes, alí terá que vivir lonxe da a súa familia e amizades. Ela compensa a  falta de experiencia cunha rebeldía innata que chama a atención dun ex campeón que decide adiestrala e levala ao máis alto do podio.

 

 

 

 

 

CHARLÈNE  FAVIER

Directora, guionista e produtora nada en Lyon, Francia, en 1985. Iníciase como curtametraxista no 2010 con “Lili j'étais”.

Este filme é o seu debut na longametraxe e o seu  último traballo.

https://www.esquinadacultura.com.br/post/critica-slalom-ate-o-limite-traz-temas-pesados-de-maneira-crua-e-fria 

Paxaros Enxaulados

BIS WIR TOT SIND ODER FREI AKA  de  OLIVER  RIHS

(PAXAROS ENXAULADOS)  

ALEMAÑA   2020;   118’   V.O.S.C.














PREMIO Á MELLORE ACTRIZ,  MARIE LEUENBERGER, E Á MELLOR PRODUCIÓN NO TALLINN BLACK NIGHTS FILM FESTIVAL 2020
PREMIO Á MELLORES ACTRIZ,  MARIE LEUENBERGER, MELLOR FILME  E Á MELLOR PRODUCIÓN NO AVANCA FILM FESTIVAL 2021

 

 



SINOPSE

Ambientado na Suíza dos anos 80 nos que unha avogada idealista, que loita pola independencia social e a mellora do sistema xudicial e penitenciario do país, atópase cun célebre delincuente que ten fuxido de prisión e numerosas ocasións. Xuntos darán unha batalla pola liberdade.

 



OLIVER  RIHS

Director, actor, guionista e produtor, nado en 1971 en Männedorf, Suíza.  Estuda artes gráficas en Zurich de 1988 a 1992, sector no que traballa unha tempada. Acada a súa primeira experiencia cinematográfica con obras de vídeo artísticas para festas techno. En 1996 remata como artista gráfico publicitario a favor de traballar no sector social para maiores. Ao mesmo tempo, produce as súas primeiras curtametraxes coas que acada varios premios.  Dende 2001 vive en Berlín. No 2008, funda a empresa de produción “Port-au-Prince Film & Kultur Produktion GmbH” xunto a René Römer, que xestiona e produce longametraxes e documentais. No 2014, funda a empresa de aluguer de filmes “Port-au-Prince Pictures” xunto coa distribuidora Leila Hamid.

Este é o seu último traballo.





Enlaces sobre o filme: 
https://www.rtve.es/noticias/20220121/pajaros-enjaulados-pelicula/1254209.shtml
https://www.huffingtonpost.es/entry/quien-fue-walter-sturm-rey-de-las-fugas-carcel-pajaros-enjaulados_es_61e0163ee4b0a2670289fd28
https://www.abc.es/play/cine/noticias/abci-oliver-rihs-director-pajaros-enjaulados-suiza-mucho-mas-heidi-montanas-y-miel-202201131940_https://www.publico.es/culturas/estreno-pajaros-enjaulados-oliver-rihs-alarmante-utiliza-concepto-libertad-hoy.html

Luzzu

LUZZU    de    ALEX  CAMILLERI

(LUZZU)  

MALTA    2021;   94’   V.O.S.C.












PREMIO AO MELLOR ACTOR, JESMARK SCICLUNA, NO SUNDANCE FILM FESTIVAL 2021
PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO DIRECTOR NO MOLODIST INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2021
PREMIO AO DIRECTOR NO FILM INDEPENDENT SPIRIT AWARDS 2022



 

 

SINOPSE

Luzzu é o nome dos barquiños de pesca de madeira típicos de Malta. Pintados de cores vibrantes, estas embarcacións sobreviven como vestixios dun mundo en extinción, pero tamén dun xeito de relacionarse con medio ambiente condeado a desaparecer.

Fábula hiperrealista sobre un pescador atrapado entre a recén estreada paternidade e o seu desexo de poder seguir exercendo a tradición familiar, en perigro pola pesca de arrastre masiva.



 

ALEX  CAMILLERI

Director, montador, guionista e produtor. 

Estuda literatura inglesa e realización de documentais no Vassar College, onde acadou o recoñecemento polo seu proxecto de tese, “Still Here” (2010),  premio ao Mellor Documental para Estudantes no Emerging Filmmaker Showcase de Cannes.

Tras rodar varias curtametraxes, debuta con este filme na longametraxe.  É o seu último traballo.




Enlaces sobre o filme: 

https://www.magazine-hd.com/apps/wp/luzzu-alex-camilleri-entrevista/
https://www.lavanguardia.com/cultura/20220318/8126147/luzzu-odisea-joven-pescador-sobrevivir-malta.html
https://www.lahiguera.net/cinemania/pelicula/10106/comentario.phphttps://www.diariopanorama.com/noticia/408802/critica-luzzu-opera-prima-deslumbro-sundance

Filme sorpresa



Filmes de rigorosa estrea que están a formar parte da programación dos mellores festivais de cine do mundo.

Se unha vez iniciada a proxección alguén decide saír, poderá facelo durante os primeiros 15 minutos e devolveráselle o importe da cota pagada.

System crashe

SYSTEM  CRASHE  de  NORA  FINGSCHEIDT

(SYSTEM CRASHE) 

ALEMAÑA  2018;  118’ V.O.S.C.

                     








OSO DE PRATA AO MELLOR FILME E  PREMIO Á MELLOR CONTRIBUCIÓN ARTÍSTICA FESTIVAL DE BERLIN  2019

MELLOR FILME,  NOVOS DIRECTORES SAN PAULO  2019

MEJOR FILME, NOVOS TALENTOS TAIPEI FILM FESTIVAL 2019

PREMIO DO PÚBLICO, TRANSILVANIA 2019

MELLOR FILME, VUKOVAR FILM FESTIVAL 2019
MELLOR FILME, ZURICH FILM FESTIVAL 2019

MELLOR MÚSICA, EUROPEAN FILM AWARDS 2019
MELLOR DIRECCIÓN, BADEN-BADEN TV FILM FESTIVAL 2019
       

MELLOR FILME, OSLO PIX 2019

PREMIO DA AUDIENCIA, NOORDELIJK FILM FESTIVAL 2019
MELLOR ACTRIZ, HELENA ZENGEL, SANTIAGO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL - SANFIC 2019

PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, LES ARCS EUROPEAN FILM FESTIVAL 2019
MELLOR DIRECCIÓN, ROMY GALA, AUSTRIA 2020
PREMIO FIPRESCI MELLOR  ACTRIZ, HELENA ZENGEL, PALM SPRINGS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2020
PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN, MELLOR ACTOR, ALBRECHT SCHUCH, MELLOR  ACTRIZ, HELENA ZENGEL, MELLOR GUIÓN, GERMAN FILM AWARDS 2020
 
                                                                                             

 



SINOPSE

Unha nena de nove anos cunha enerxía desenfreada leva á xente que a rodea á  desesperación. Expulsada de todos os centros de protección de menores e fogares  de acollida, ela só quere voltar coa súa nai.  

 



 

NORA  FINGSCHEIDT

Directora, actriz e guionista nada  en Alemaña no 1983.

Pasou a infancia entre Alemaña e Arxentina. Estuda dirección de cine na Academia de Cine de Baden-Württemberg,  o seu traballo de graduación foi a longametraxe documental “Without this world” (2017), co que acadou o  Premio Max Ophüls.

Con este filme debuta na ficción.

“The Outrun”, é o seu ultimo proxecto. .





Enlaces sobre o filme: 

La vida sin Sara Amat


LA VIDA SENSE LA SARA AMAT de  LAURA  JOU        

(LA  VIDA  SIN  SARA  AMAT)  

ESPAÑA   2019;  75’  V.O.S.C.










PREMIOS DO PÚBLICO E PREMIO DA CRÍTICA NO BCN FILM FESTIVAL 2019


PREMIOS GAUDÍ: MELLOR MÚSICA ORIXINAL 2019

PREMIO PANTAIA ABERTA Á DIRECTORA NO ALCALÁ DE HENARES SHORT FILM FESTIVAL 2019

PREMIOS DO PÚBLICO E MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA EN CATALÀ COSTA DAURADA 2020

PREMIO MELLOR FILME DA MOCIDADE E MELLOR DIRECCIÓN DO XURADO MOZO, NO ZLIN FILM FESTIVAL 2020

 

 

 

SINOPSE



Filme baseado na novela homónima de Pep Puig, coa que acadou o Premio Sant Jordi de Novela en 2015.

Un mozo namorado en secreto dunha moza na vila dos seus avos atopa a súa oportunidade unha noite de verán na que ela fuxe sen deixar rastro. Cando aparece agochada no seu cuarto, ela pídelle quedar alí con el.

 

 

 

 

LAURA  JOU  I BONET 

Directora, guionista profesora de teatro e actriz,  nada en Barcelona  no  1969. Formada como actriz no Instituto do Teatro en Barcelona, iníciase profesionalmente como asesora de  actores e actrices infantís, cos que ten participado en moitos filmes para proxectos nacionais e internacionais.

A súa curtametraxe “Non me quites” (2015), acadou tres biznagas no Festival de Málaga.

Este filme é o seu debut na longametraxe e o seu  último traballo.

Colmena


HIVE    de    BLERTA   BASHOLLI

(COLMENA)  

KOSOVO   2021;   84’   V.O.S.C.











PREMIO Á MELLOR ACTRIZ, YLLKA GASHI, NO FESTIVAL DE VALLADOLID 2021
PREMIO ESPECIAL Á DIRECTORA NO PRIFEST - PRISHTINA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL  2021
PREMIO AO MELLOR FILME, MONTPELLIER MEDITERRANEAN FILM FESTIVAL 2021
PREMIO TALENTO MOZO NO HAMBURG FILM FESTIVAL 2021
PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME, BERKSHIRE INTERNATIONAL FILM FESTIVAL (BIFF) 2021
PREMIO AO MELLOR FILME, BRAUNSCHWEIG INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2021
PREMIO XURADO AO MELLOR FILME, CINEDAYS SKOPJE FILM FESTIVAL 2021
PREMIO AO MELLOR FILME, CRESTED BUTTE FILM FESTIVAL 2021

 

 

 

 

SINOPSE

Baseada nunha historia real ubicada na vila Krushe e Madhe na que tiñan cento corenta viúvas e  máis de quinientas criaturas sen pai.

A protagonista non sabe si é viúva. O seu marido desapareceu na guerra de Kosovo. O  que sabe é que ten que manter ós dous fillos e o sogro. Precisa cartos, pero na vila ancestral e machista na que vive non está ben que unha muller traballe. Ela decide desafiar as tradicións

 

 

 

BLERTA   BASHOLLI

Directora, montadora, guionista e produtora, nada en 1983 en Kosovo.

Estuda Cine e Dirección na Academia Pristina de Artes de Kosovo, e marcha a Nova York a realizar un máster en Cine e televisión.

Escrebe e dirixe varias curtametraxes mentres estuda e traballa nunha compañía de produción.

Este é o último traballo.






Enlaces sobre o filme: 
https://www.elantepenultimomohicano.com/2022/03/critica-hive-colmena.html
https://www.lavanguardia.com/cultura/20220304/8098645/apedreada-conducir.html
https://www.abc.es/play/cine/noticias/abci-blerta-basholli-directora-colmena-espero-esta-historia-sirva-para-inspirar-muchas-mujeres-202202281139_noticia.html
https://www.elmundo.es/cultura/cine/2022/03/07/6224db3cfdddffc0b28b45c1.html
https://www.larazon.es/cultura/20220304/5gjhudsnb5fjdop2m2kueliidu.html
https://www.elespanol.com/el-cultural/cine/20220304/blerta-basholli-directora-hive-politicos-explotan-rencores/654434962_0.html

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger