Charlatán

ŠARLATÁN  de  AGNIESZKA    HOLLAND
(CHARLATÁN)
REPÚBLICA CHECA 2020; 118' V.O.S.C.








PREMIO MELLOR VESTIARIO NOS PREMIOS DO CINE POLACO, 2021

PREMIO AO MELLOR FILME, MELLOR DIRECCIÓN, MELLOR ACTOR, IVAN TROJAN, MELLOR SON E MELLOR FOTOGRAFÍA NOS PREMIOS DO CINE CHECO, 2021






SINOPSE
Biopic sobre Jan Mikolášek. O Estado o investiga e a prensa o denigra, pero o curandeiro sen formación médica ten cada mañán ante a súa casa colas quilométricas de enfermos ansiosos por deixar atrás a súa desesperanza. Acusado de ser un charlatán, tivo que amosar a validez dos seus métodos.



AGNIESZKA HOLLAND
Directora, produtora, actriz e guionista polaca nada no 1948. Moi recoñecida pola súa contribución á nova vaga do cine polaco.
Graduada na Academia de Cine e Televisión de Praga (FAMU) en 1971, iníciase como asistente de dirección de cineastas como Krzysztof Zanussi e Andrzej Wajda. Pouco antes de 1981 emigra a Francia. "Europa Europa" (1991), baseada na biografía de Solomon Perel, un adolescente xudío fuxido de Alemaña a Polonia trala "Noite dos cristais rotos" en 1938, foi o traballo que a deu a coñecer internacionalmente. Tamén é autora de "In Darkness", nomeada ao Oscar no 2011. No 2017 acadou o Oso de Prata polo filme "Spoor".

Outros traballos: "Olivier, Olivier" (1992). "O xardín secreto" (1993). "Vidas ó límite" (1995). "Washington square" (1997). "Mr. Jones" (2019).


Este é o seu ultimo traballo.




Enlaces sobre o filme: 

https://revistamutaciones.com/charlatan-critica/ 

Eu nunca choro

 

JAK NAJDALEJ STAD  de  PIOTR  DOMALEWSKI
(EU NUNCA CHORO)
POLONIA/IRLANDA  2020;  97'  V.O.S.C.  
                           











GRAN PREMIO NA SECCIÓN NOVOS DIRECTORES NO FESTIVAL DE CINE DE SAN SEBASTIÁN 2020

PREMIO CINEUROPA, E PREMIO AO DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MONS 2021

PREMIO Á MELLOR ACTRIZ, ZOFIA STAFIEJ, NO DUBLIN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2021

PREMIO DA AUDIENCIA E PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NOS PREMIOS GOLDEN ROOSTER 2021

PREMIO Á MELLOR ACTRIZ, KINGA PREIS, E A MELLOR FOTOGRAFÍA NOS PREMIOS DO CINE POLACO 2021

 

 



 SINOPSE

Unha moza debe viaxar a Irlanda para trasladar a Polonia o corpo do seu pai morto nun accidente da construción. Lonxe de interesarse por el, ela só quere saber si o pai chegou a aforrar os cartos necesarios para o coche que lle tiña prometido. Mentres lidia coa burocracia, comenza a coñecer ao seu pai.




PIOTR  DOMALEWSKI

Compositor, guionista, actor e director nado en Łomża, Polonia, no 1983.
Iníciase profesionalmente con varias curtametraxes que teñen sido premiadas en diversos festivais europeos: "Stranger" (2013), "60 quilos de nada" (2017). "Silent Night" (2017), é o seu debut na longametraxe, tamén con varios galardóns.
Esta é a súa segunda longametraxe.
"Accion Jacinto"  (2021), é o seu último traballo.

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger