SUR LA ROUTE DU PARADIS
(CAMIÑO DO PARAÍSO) FRANCIA/MARROCOS 2011;
PREMIO FIPRESCI Á MELLOR CURTAMETRAXE E PREMIO MUHR ARAB, NO FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE DE DUBAI, 2011
SINOPSE
Leila e seus dous fillos deixan o seu país para instalarse en Francia. Non ten papeis, intenta reunirse co seu marido refuxiado en Inglaterra, quere dar unha vida mellor ós seus e esfórzase en crialos na clandestinidade. Cando localiza o seu home e xa ten os cartos, o cerco se estreita.
UDA BENYAMINA
Directora, guionista e produtora marroquí, nada en 1981. Trasládase a París e dende alí, frecuenta numerosas escolas de dirección, l'ERAC (Ėcole Régionale d'Acteurs de Cannes), l'Accademia di Minsk en Bielorrusia e a prestixiosa Actor's Studio en Nova York. Dirixe varias curtametraxes, este é o seu ultimo traballo
podedes ollar o tráiler e as declaracións da directora no festival de Tánxer en:
MKHOBBI FI KOBBA
(SOBRESALTOS)
TÚNEZ 2011
PREMIO MELLOR CURTAMETRAXE NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DO MEDITERRÁNEO DE TETUÁN E NO FESTIVAL PREMIERS PLANS D’ANGERS 2012
SINOPSE
Nos fogares da burguesía tunecina trátase de ocultar calquera circunstancia dramática. Cando unha moza regresa a casa magoada tras unha agresión, a familia axúdaa pero tamén a fai sentir culpable.
LEYLA BOUZID
Directora e guionista nada en Túnez. Tras licenciarse trasládase a París para estudar literatura francesa. Estuda Dirección na FEMIS de París. No 2006 co-dirixe a curtametraxe Sbeh el Khir. No 2008 roda o documental La tête qu’elle veut, e no 2010, a curtametraxe Un ange passe. Este é o seu último traballo.
podedes ollar o tráiler en:



