ALTING BLIVER GODT IGEN
(TODO IRÁ BEN)
SINOPSE
Un home atropela a outro e foxe tras deixalo mal ferido na rúa, aínda que denuncia o accidente de xeito anónimo. O home ferido agocha fotografías do que parecen ser prisioneiros de guerra torturados por soldados daneses. Cando o fala coa súa irmá, xornalista nunha cadea de televisión danesa, ela sinala a importancia e os perigos de ter esas fotos. El estará inmerso nunha investigación frenética por revelar o misterio.
CHRISTOFFER BOE
Realizador, produtor, actor e guionista nado en Dinamarca no 1974. Estuda cine na Universidade de Copenhague antes de ingresar na Escola Nacional de Cinematografía, onde se gradúa no ano 2001. Iníciase cunha triloxía de curtametraxes feitas como estudante: Obsession, Virginity e Anxiety. Esta última acadou o Premio Descubrimento da Crítica Francesa no Festival Internacional de Escolas de Cine de Poitiers, Francia, e foi logo exhibido na Semana da Crítica de Cannes 2002.
Reconstrución, a súa primeira longametraxe, acadou a Cámara de Ouro en Cannes (2003), e a Placa de Ouro para a luminosa fotografía de Manuel Alberto Claro. Tamén acadou o Premio Amanda, á Mellor Ópera Prima Nórdica Do Ano, e o Premio Fipresci, como Mellor Director Novel, no Festival de Cine de San Sebastián, entre outros.
Considerado e aclamado pola crítica mundial como unha das grandes promesas do cine e como un dos cineastas mozos máis innovadores e influentes das novas xeracións. Spies & Glistrup (2013), é o seu último traballo.
ficha técnica:
Dirección e guión: Christoffer Boe
Montaxe: Peter Brandt
Fotografía: Manuel Alberto Claro
Música: Sylvain Chauveau
e Pder Pedersen
ficha artística:
Jens Albinus
Igor Radosavljevic
Marijana Jankovic
Posted by
Fernando Llor
