Winter flies

WINTER    FLIES    de   OLMO  OMERZU
(WINTER  FLIES)
REP.   CHECA   2018;     84’     V.O.S.C.











2018: PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE KARLOVY VARY
2018: PREMIO Á MELLOR PRODUCIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ESLOVENIA






SINOPSE
Un   adolescente   fabulador   de   gamberrismo   rebelde  e   de 
fazañas  sexuais,  e   outro,   con   calvario   de  mozo  gordo que 
soña  con   pertencer   á     Lexión   Estranxeira.    Xuntos    para 
sempre   na   amizade,   rouban   un   Audi   cochambroso  para 
marchar   a   correr   mundo,   pero    recollen    a   unha   moza
autoestopista;  agora  son tres, que é impar pero divide. 
Sabes   esas   moscas   equivocadas   de   estación   porque   é 
inverno, e   zumbando   tozudas   pousan   onde   non deben?







OLMO  OMERZU

Director,   actor,   guionista   e   fotógrafo   nado   en  1984    in 
Ljubljana, na antiga Iugoeslavia.

 Iníciase   na     dirección   coas     curtametraxes   Masky (2005), 
Láska  (2006),   Druhé   dejství (2008). Debuta  na  longametraxe 
co  filme Prílis mladá noc (2012), pero   é   co  seguínte,  Rodinny
 film  (2015),   co   que   se   da a coñecer internacionalmente.
Este é o seu último traballo como director.

   

Aí van algúns enlaces sobre o filme:


MISS KIET´S CHILDREN

MISS  KIET`S  CHILDREN   de  PETRA LATASTER-CZISCH & PETER LATASTER
(MISS KIET´S CHILDREN)   
HOLANDA   2016;   115’   V.O.S.C. 


 








2017: PREMIO MELLOR DOCUMENTAL NO WORLD HUMANITARIAN AWARDS
2018: DOCSBARCELONA, MENCIÓN ESPECIAL AO MELLOR DOCUMENTAL
DOXA VANCOUVER / CANADÁ / 2017 / MENCIÓN DE HONRA
DOKFEST MUNICH / 2017 / ALEMANIA / PREMIO DO PÚBLICO
NFF / PAÍSES BAIXOS / 2017 / PREMIO AL MEJOR DOCUMENTAL HOLANDÉS
             
                       






SINOPSE

Este  traballo  rexistra   un   ano   nunha  clase   cun  alumnado  de   persoas   que   viven   refuxiadas     en     Holanda,  nun   lugar   que  
non    coñecen,    cunha     nova    profesora    e   un    idioma   que 
non comprenden. 
Miss   Kiet    non     só   ensina    a    ler  e  a escribir en holandés, 
senón  que   tamén  lles  axuda a aprender a  resolver problemas  
e  a respectarse.







PETRA LATASTER-CZISCH & PETER LATASTER

Parella   de  cineastas  dende  1989.    Dende    entón  veñen 
realizando   diversas     produccións     premiadas    entre  
documentais,  curtametraxes  e  ficcións.  
No  2001  fundaron  a  produtora  Lataster & Films.
No   2012,    o    festival  IDFA    lles    dedica   unha  retrospectiva 
e    o  Instituto    Holandés    de   Imaxen    e    Son   lanza    unha 
colección   coa    súa    filmografía    coxjunta.   Entre   os    seus 
títulos destacan: 
Awake   in   a   Bad   Dream    (2013),    Jerome   Jerome (2011), 
Without You (2010) e If We Knew (2007).

Este é o seu último traballo.





Aí van algúns enlaces sobre o filme:



Dombass

DOMBASS     de   SERGEI   LOZNITSA
(DOMBASS)  
UCRANIA    2018;    120’   V.O.S.C.

                                        










2019: MELLOR FILME, MELLOR GUIÓN E MELLOR DIRECTOR, DA ACADEMIA DO CINE UCRANIANA
2018: MELLOR FILME, GRAN PREMIO DO XURADO, E MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL DE CINE DA INDIA
2018: FESTIVAL DE CANNES: UNHA CERTA MIRADA, MELLOR DIRECTOR
2018: FESTIVAL DE SEVILLA: XIRALDILLO DE OURO, MELLOR FILME
2018: MELLOR FILME DOS CRÍTICOS DE CINE UCRANIANOS

 
               



SINOPSE
O filme revela un proceso colectivo de animalización dende diferentes perspectivas. Un demoledor diagnóstico da condición humana, que espalla furia mesturada con mordacidade, mentres  contempla rostros e multitudes.





SERGEI   LOZNITSA 
Director, montador, produtor, fotógrafo, e guionista nado en 1964 en Baranovitchi, Bielorrusia, que nese momento forma parte da Unión Soviética. Máis tarde a familia trasládase a Kiev, Ucrania, onde el remata a secundaria. En 1981, ingresa no Instituto Politécnico de Kiev, no que acada a licenciatura de matemática aplicada e sistemas de control. En 1987 se gradúa cunha licenciatura en inxeniería e matemáticas. Entre 1987 y 1991 traballa como científico para o Instituto de Cibernética. Alí participa no desenvolvemento  de sistemas expertos e intelixencia artificial. Ademais, exerce como traductor de xaponés. Durante ese tempo desenvolve un forte interés polo cine, o que o leva no 1991 a ingresar no Instituto Estatal Ruso de Cinematografía, en Moscú. Estuda no estudo de Nana Dzhordzhadze. En 1997, se gradúa con honores en produción e dirección cinematográfica. No 2000, comeza a producir obras no Estudio de Cine Documental de San Petersburgo. Ese mesmo ano acada unha bolsa do programa “Nipkov” de Berlín. En 2001, emigra coa muller e dúas fillas a  Alemania.
Até o momento ten realizado dúas longametraxes de ficción, tres documentais, e oito curtametraxes. Atópase traballando no seu Último documental State Funeral.



 


Aí van algúns enlaces sobre o filme:


Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger