Os cans



LOS  PERROS   de   MARCELA  SAID
(OS CANS)  
CHILE    2017;     95’     V.O. 




                           









2018:PREMIO AO MELLOR ACTOR, ALFREDO CASTRO, NOS PREMIOS PLATINO
2017: STOCKHOLM FILM FESTIVAL: PREMIO Á MELLOR ACTRIZ ANTONIA ZEGERS
2017: MUNICH FILM FESTIVAL: PREMIO CINEVISION -MENCIÓN HONORÍFICA Á DIRECTORA-
2017: KOLKATA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL: PREMIO AO MELLOR FILME
2017: CAIRO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL: PREMIO NAGUIB MAHFOUZ AO MELLOR GUIÓN
2017: FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN: PREMIO HORIZONTES

            


SINOPSE
Unha muller pertencente á burguesía chilena ocupa os seus días dirixindo unha galería de arte e aprendendo a montar a cabalo. Desprazada polo seu pai e o seu marido dos negocios familiares, comeza a sentirse atraída polo seu profesor de equitación, un ex coronel do exército. Un día, chegan buscando o coronel pola súa participación en crimes durante a ditadura.


MARCELA  SAID
Directora, guionista, fotógrafa, actriz e produtora nada en Santiago de Chile en 1972. Licenciada en Estética en Chile, no 1996 trasládase a Francia para a realizar un máster en técnicas e linguaxes  de medios na Sorbona. Tres anos máis tarde estrea o seu primeiro traballo documental, Valparaíso, producido por Les Films d’ Ici para a televisión francesa. No 2001 dirixe I Love Pinochet, un documental centrado no ditador chileno,  galardoado en varios festivais.  Volve a Chile no 2007 xunto co seu marido, Jean de Certeau -tamén cineasta- co que realiza o documental Opus Dei, unha cruzada silenciosa, centrado na influencia desa organización católica en Chile. O seguinte traballo xuntos foi o  filme O mocito, sobre a vida de Jorgelino Vergara, un home que traballou nun centro de tortura durante o rexime militar chileno e que foi estreado na Berlinale 2011.
O verán dos peixes voadores (2013), no que retrata a difícil convivencia dos chilenos.


De pais e fillos


OF  FATHERS  AND  SONS   de   TALAL  DERKI
(DE  PAIS  E  FILLOS)  
SIRIA/LÍBANO/ALEMAÑA   2017;  98’  V.O.S.C. 









2018: SUNDANCE FILM FESTIVAL: GRAN PREMIO DO XURADO AO DIRECTOR 
2018: SWR DOKU FESTIVAL: PREMIO AO MELLOR FILME DOCUMENTAL 
2018; VALLETTA FILM FESTIVAL: PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DOCUMENTAL 
2018: ZAGREBDOX: PREMIO AO DIRECTOR 
2018: MUNICH FILM FESTIVAL: PREMIO FRITZ-GERLICH-PREIS AO DIRECTOR 
2018: FULL FRAME DOCUMENTARY FILM FESTIVAL: PREMIO AO DIRECTOR 
2018: MADRID INTERNACIONAL DOCUMENTARY FILM FESTIVAL: PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL E MENCIÓN ESPECIAL
AO DIRECTOR



SINOPSE
O director viviu durante máis de dous anos coa familia de Abu Osama, un guerreiro de Al-Nusra dunha pequena vila  de Siria, centrando a súa cámara nos nenos. Dende pequenos, os nenos son adestrados para seguir os pasos do seu pai e converterse en soldados de Deus.



TALAL  DERKI
Guionista e realizador nado en  Damasco.
Vive en Berlín dende 2014. Estudou dirección de cine en Atenas e traballou como axudante de dirección de longametraxes para numerosas producións. Tamén foi director de diversos programas da televisión árabe entre 2009 e 2011. Ademais, traballou como operador de cámara independente para a CNN e Thomson & Reuters. As súas curtametraxes e longametraxes teñen sido  premiadas en numerosos festivais ao redor do mundo. 
Este filme é o seu último traballo.





Matar a Xesús


MATAR  A  JESÚS   de   LAURA  MORA  ORTEGA
(MATAR A XESÚS) 
COLOMBIA     2017;     95'    V.O.
                               









2017: FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN: PREMIO DA MOCIDADE
2017: FESTIVAL DA HABANA: PREMIO CORAL ESPECIAL DO XURADO 
2017: CAIRO INTERNACIONAL FILM FESTIVAL: PREMIO FIPRESCI Á MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR FILME
2017: CHICAGO INTERNACIONAL FILM FESTIVAL: PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN
2018: GASPARILLA INTERNACIONAL FILM FESTIVAL: GRAN PREMIO DO XURADO Ó MELLOR FILME 
2018: PANAMÁ INTERNACIONAL FILM FESTIVAL: PREMIO DA AUDIENCIA Á DIRECTORA
2018: MOTOVUN FILM FESTIVAL: PREMIO AO MELLOR FILME 
2018: PALM SPRINGS INTERNACIONAL FILM FESTIVAL: PREMIO CINE LATINO Á DIRECTORA


SINOPSE
Baseado en feitos reais.  Unha moza presencia o asasinato do seu pai. Dende a distancia olla o autor mentres el foxe a todo correr nunha motocicleta. A familia terá que afrontar a indolencia oficial na que o caso pronto queda arquivado e suspendido.

LAURA MORA ORTEGA
Realizadora, guionista, montadora e produtora nada en Medellín en 1981. Realiza estudos en dirección e produción de cine na escola RMIT e un máster en guión e dirección no AFTRS, de Melbourne, onde dirixe tamén dúas curtametraxes,  West e  Brotherhood. Volta a Colombia no 2008. En 2011, acada o premio do FDC (Fondo para o Desenvolvemento Cinematográfico) para produción de curtametraxe co proxecto Salomé, rodada en Medellín ese ano e coa que acadou numerosos premios en festivais internacionais de cine.  En 2012, co-dirixe a serie de televisión Escobar, o patrón do mal, para Caracol TV, que acadou o premio á Mellor Dirección e Mellor Serie, nos Premios India Catalina da Televisión Colombiana 2013. No 2013-2014, co-dirixe a miniserie No sos vos, soy yo, adaptación do filme homónimo arxentino. A mediados de 2014 dirixe o filme Antes del fuego.
No 2013, acadou o premio de Desenvolvemento de Guión do FDC con este proxecto de longametraxe que rodou no 2016, e que, asemade, é o seu último traballo.
Ten dirixido tamén publicidade e contido web para produtoras. Ven de fundar recentemente a productora A Selva Cine,  xunto a Daniela Abad.





Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger