O verán de Cody

DRIVEWAYS    

(O  VERÁN  DE  CODY)  de   ANDREW   AHN    

USA     2019;     83'    V.O.S.C.









PREMIO AO MELLOR FILME INDEPENDENTE DA NATIONAL BOARD OF REVIEW, USA 2021

PREMIO PÓSTUMO AO MELLOR ACTOR BRIAN DENNEHY, SOCHI INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2020

PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME NO GIMLI FILM FESTIVAL2020

 




SINOPSE
Tras a morte da a súa irmán, Kathy e o seu fillo de 8 anos teñen que trasladarse a pequena vila onde vivía para recoller todo e vender a casa. Ela está moi ocupada e o neno vai matando o tempo deambulando polo vecindario.






ANDREW AHN
Realizador, produtor, guionista, músico e actor estadounidense nado nos Anxos. Graduado na Universidade de Brown cunha licenciatura en inglés, acadou tamén unha Mestría en Belas Artes (MFA), en Dirección de Cine do Instituto das Artes de California.

No 2011, escribe, dirixe, produce e monta a curtametraxe "Andy", coa que acada o premio á Mellor Curtametraxe Narrativa no Festival de Cine Asiático de San Diego ese ano. No 2012, roda a seguinte curtametraxe "Dol" (Primeiro aniversario), estreada no Festival de Cine de Sundance ese ano, dixo que foi un traballo concebido no seu orixe para comunicarlle aos seus país que era gai; acadou tamén varios premios.
Debuta na longametraxe no 2016 con "Spa Night", grazas ás bolsas de varias institucións.
Este é o seu último traballo.





Enlaces sobre o filme: 

Yalda, a noite do perdón

YALDA,   LA   NUIT DU PARDON


(YALDA,  A NOITE DO PERDÓN)  de  MASSOUD BAKHSHI

FRANCIA/IRÁN  2021;  89'     V.O.S.C.    



         









FESTIVAL CINE INTERNACIONAL DE DE SOFÍA, BULGARIA 2020: MELLOR GUIÓN

ANTALYA GOLDEN ORANGE FILM FESTIVAL 2020: PREMIO MELLOR DIRECTOR

SUNDANCE 2019: PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME

FESTIVAL CINE DE BARCELONA 2019: MELLOR GUIÓN

 

 




SINOPSE
Unha muller mata accidentalmente ao seu marido e é sentenciada a morte. A única persoa que pode salvala é Mona, a filla do seu home. Todo o que Mona ten que facer é aparecer nun popular programa de televisión en vivo e perdoala. Pero perdoar pode ser especialmente difícil mentres tratan de revivir o pasado.





MASSOUD BAKHSHI
Realizador, produtor e guionista nado en Teherán 1972.
Antes de traballar no cine, iníciase profesionalmente como periodista e crítico de cine no seu país. Debuta no cine dirixindo curtametraxes documentais como ·Tehran anar anar nadarad" (2007), "Baghdad Barber" (2008) e  "Ghaliye iroonie maa" (2010).
A súa primeira longametraxe foi  "Yek khanévadéh-e mohtaram" (2012).
Este filme é o seu último traballo.




Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger