NAN FANG CHE ZHAN DE JU HUI
(O lago do ganso salvaxe)
Diao Yinan (China, 2019) 117 min. / VOSE
Un delincuente recén saído da cadea convértese nun fuxitivo tras unha reunión de bandas que remata coa morte dun policía. Tratando de agocharse mentres van curando as feridas, atópase cunha prostituta que pode vir para axudar ou para entrégalo a cambio dunha cuantiosa suma.
RECOÑECEMENTOS
Premio ao director por un dos mellores dez filmes, da china film critics association award 2019
Premio cámara de prata á mellor fotografía no international cinematographers' film festival manaki brothers 2019
Premio ao director por un dos mellores dez filmes, do shanghai film critics awards 2020
mellor dirección, fotografía, actriz de reparto (regina wan), produción, e efectos especiais, no faro island film festival 2020
DIAO YINAN
Realizador, guionista e actor chinés. Graduado no 1992 na Academia Central de Drama en China. Iníciase como guionista cos directores Shi Runjiu en All the way (2001), e Zhang Yang en Spicy Love Soup (1997), e A ducha (1999). Debuta como realizador con Uniform (2003), logo rodou Night train (2007), estreada en Cannes. Co seguinte traballo Black Coal (2014), acada o Oso de Ouro ao mellor filme ese ano.
Este é o seu último traballo.
Posted by
Cineclube Lumière