Supa Modo

 SUPA MODO (SUPA MODO) de LIKARION WAINAINA Luns 12 ás 20:30h ALEMAÑA 2018; 74' V.O.S.C.

2018: CINETOPIA FILM FESTIVAL PREMIO DA AUDIENCIA 2018: DURBAN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL PREMIO AO DIRECTOR 2018: BLACK FILM FESTIVAL MONTREAL, MELLOR GUIÓN 2018: CAPE TOWN INTERNATIONAL FILM MARKET AND FESTIVAL, PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NOVEL 2018: CARTHAGE FILM FESTIVAL, MELLOR GUIÓN 2018: BERLIN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, MENCIÓN ESPECIAL Ó MELLOR FILME 2018: ZANZIBAR INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, MELLOR FILME 2018: HAMBURG FILM FESTIVAL, MELLOR DIRECTOR 2018: EDINBURGH INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, MENCIÓN ESPECIAL AO MELLOR FILME 2019: CHILDREN'S FILM FESTIVAL SEATTLE, PREMIO DA AUDIENCIA E PREMIO DO XURADO MOZO 

SINOPSE 

Unha nena de nove anos é fan entusiasta dos filmes de acción e soña con ser unha superheroina. O seu maior desexo é rodar unha película e ser a protagonista. Grazas a súa imaxinación esquece que está na fase terminal dunha grave doenza. A súa irmán a anima a empregar todos os seus poderes máxicos.

LIKARION WAINAINA 

Realizador, actor, produtor, guionista, montador e fotógrafo de orixe keniata nado en Moscova en 1987. Residente en Nairobi, é alí onde ven desenvolvendo unha carreira de director teatral, actor e realizador de televisión, Supa Modo é unha coproducción con Alemaña enmarcada nunha serie de proxectos destinados a desenvolver as ideas dos novos cineastas africanos. Ten rodado documentais, anuncios e series de televisión. Between the Lines (2013), é a primeira dunha serie de curtametraxes de notable éxito, proxectada nunha pantalla IMAX en Kenia por primeira vez. Bait (2015), foi seleccionada polo Festival de Cannes. Con este filme debuta como director na longametraxe, é tamén o seu último traballo. 

Enlaces sobre o filme: 


The Bra

 THE BRA (THE BRA) de VEIT HELMER Luns 05 ás 20:30h ALEMAÑA 2018; 90' V.O.S.C.
AVANCA FILM FESTIVAL 2019: MELLOR GUIÓN, MENCIÓN ESPECIAL Ó DIRECTOR, E MELLOR ACTOR PREDRAG 'MIKI' MANOJLOVIC CINEQUEST SAN JOSE FILM FESTIVAL 2019: MELLOR FILME 

SINOPSE 

O día antes da a súa xubilación, un maquinista de tren recolle un sostén de encaixe azul enredado na locomotora. Movido pola curiosidade, inicia a busca da dona da prenda para devolvelo. 

VEIT HELMER 

Realizador, produtor, guionista, montador e fotógrafo alemán nado no 1968. Comeza a rodar películas aos catorce anos. Dous meses antes da caída do muro trásladase a Berlín Oriental para estudar teatro na escola "Ernst Busch". Do 1991 ao 1997, estuda dirección de cine no HFF de Munich. Famoso pola curtametraxe Surprise! (1995), premiada en Cannes, na Seminci e na Semana de Cine de Terror de San Sebastián. Como guionista co-escribe a longametraxe A trick odf light, dirixida por Wim Wenders. Tuvalu (1999), foi a súa primeira longametraxe na dirección, con ela acadou numerosos premios internacionais. Absurdistan (2008), foi o seguinte traballo, seleccionado en Sundance e no Festival de cine de Moscú. Outros dos seus traballos, Baikonur (2011), Gate to Heaven (2013), Quatsch und die Nasenbärbande (2014). Tamén documentais como Behind the coach: casting in Hollywood (2005), Premio da Asociación de Críticos Alemáns. Esta é o seu último traballo. 

Enlaces sobre o filme: 

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger