Meus fillos



DANCING ARABS 

(MEUS FILLOS)
ISRAEL 2014




SINOPSE
Un mozo palestino nado na cidade de Tira a mediados dos anos setenta acada una bolsa nun exclusivo e afamado colexio xudeu en Xerusalén. É o primeiro árabe que estuda alí, así que trata de encaixar con todo o que pode entre os seus compañeiros e coa nova sociedade. Malia o seu esforzo non acada a aceptación desexada. Cegado pola ambición entende que terá que tomar unha decisión que pode mudar a súa vida para sempre.

ERAN RIKLIS
Guionista, produtor, fotógrafo, actor e director nado en Xerusalén en 1954. 
Iníciase profesionalmente no cine en 1975. Ten dirixido e producido numerosos telefilmes, series de éxito e documentais.; Creceu entre Estados Unidos, Canadá e Brasil. É graduado en Cine pola Escola Nacional de Cine de Beaconsfield, Inglaterra, en 1982. Debuta na longametraxe con On a clear day you can see Damascus (1984), “thriller” político baseado nunha historia real. Sete anos máis tarde filma Cup final, valorada pola crítica internacional e seleccionada para varios festivais. No ano 1993 realiza Zohar, co que acada un inmenso impacto en Israel. Con Vulcan junction (1999), fai unha homenaxe ao rock and roll, antes de filmar A noiva siria (2004). Logo viñeron Os limoeiros (2008), A viaxe do director de recursos humáns (2009), Playoff (2011). Zaytoun (2012).
Love Letters to Cinema (2014), unha curtametraxe, é, até o momento, o seu último traballo na dirección

Podedes ollar o tráiler do filme:

O bo fillo



THE GOOD SON 

(O BO FILLO) 
                ISRAEL 2014                




SINOPSE

Que pasa na cabeza dun mozo que decide cumprir o seu soño a calquera prezo? Onde está o límite entre a realización persoal e a fidelidade e honestidade cara a súa familia?
Amosamos a incrible historia de Or, un mozo de vintedous anos que, mentindo a uns pais moi conservadores, decide seguir adiante. Un retrato sobre o medo, a dúbida, a importancia da familia e a forza de vontade de ser un mesmo.




SHIRLEY BERKOVITZ 

Directora, guionista, fotógrafa e produtora nada en Tel Aviv. Estuda cine na Beit Berl Arts College en Israel, onde dirixe e produce a súa primeira curtametraxe Blocked. Debuta na longametraxe con Documental 100%. O seguinte documental The Way Up (2009), acadou varios premios en numerosos festivais internacionais e foi nomeado para un Premio da Academia do cine de Israel no 2010. Actualmente traballa como editora e directora de proxectos independentes, tamén como titora e formadora en grupos xuvenís e seminarios sobre cine e medios de comunicación.
Este é o seu último traballo



Podedes ollar entrevistas e o tráiler do filme en:

Policía en Israel


HA-SHOTER 

(POLICÍA EN ISRAEL) 
ISRAEL 2011




PREMIO DO XURADO AO MELLOR GUIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE PHILADELPHIA, 2011
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE THREE CONTINENTS DE NANTES, 2011
PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE LOCARNO, 2011
PREMIO AO MELLOR GUIÓN, MELLOR FOTOGRAFÍA E PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NOVEL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XERUSALÉN, 2011
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR E MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BOS AIRES, 2012 
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NOVEL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SAN FRANCISCO, 2012 

SINOPSE 
Un policía que pertence a un grupo de elite da unidade antiterrorista israelí cuxos membros son a arma coa que o Estado apunta os seus inimigos. Encantado co seu traballo e ilusionado por a súa próxima paternidade. O encontro cun grupo violento mudará as cousas. 

NADAV LAPID 
Realizador montador, actor e guionista, nado en Tel Aviv en 1975. Estuda Filosofía e Historia antes de formarse na Escola de Cine e Televisión Sam Spiegel en Xerusalén. Dirixe dúas curtametraxes Proyect Gvul (2004) e Kvish (2005). A mediometraxe Ha-Chavera Shell Emile (2006), foi o seguinte traballo antes de debutar na longametraxe como realizador con este filme. 
O seguintes filmes foron o documental Footsteps in Jerusalem (2013), e A mestra do parvulario (2014). Os seus últimos traballos na dirección son as curtametraxes Love Letters to Cinema (2014) e Lama? (2015).





Podedes ollar entrevistas e tráiler do filme:


Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger