Technoboss

TECHNOBOSS  de  JOÃO   NICOLAU

(TECHNOBOSS)

PORTUGAL 2019



     







SEVILLA 2019, PREMIO ESPECIAL DO XURADO


 

SINOPSE

Un home entrado nos sesenta, vive co seu gato Napoleón e traballa como director comercial nunha empresa de seguridade. Mentras agarda a soñada xubilación, podémolo atopar case sempre ao volante do seu automóbil, cantando letras inventadas para superar as inxustizas da vida e os problemas que a tecnoloxía, os seus compañeiros de traballo e un xefe misteriosamente ausente seguen a poñer no seu camiño. Non hai mal que unha canción non poida corrixir. Pero estas cancións cambiarán inesperadamente de rexistro cando coñeza a Lucinda, a recepcionista do hotel onde está a traballar.

 

 

 

JOÃO  NICOLAU

Realizador, actor, guionista, fotógrafo e montador nado en Lisboa. Estuda Antropoloxía. Iníciase no cine coas curtametraxes "Rapace" (2006), e "Canção de Amor e Saúde" (2009).

Debuta na longametraxe con "A espada e a rosa" (2010), e logo roda  "John From" (2015). 

Ten tamén varios traballos documentais: "Calado Não Dá" (1999). "No trilho dos naturaistas: Moçambique" (2016). "Lonxe da amazonía" (2017). "Lupo" (2018).

Este é o seu último traballo.  






Enlaces sobre o filme: 

Saint Frances

SAINT FRANCES  de  ALEX  THOMPSON

(SAINT FRANCES)

USA   2019











PREMIO NBR DO NATIONAL BOARD OF REVIEW, USA 2021

PREMIO DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR NO SPOKANE INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2020

PREMIO DA AUDIENCIA E GRAN PREMIO DO XURADO AO DIRECTOR NO SXSW FILM FESTIVAL 2019

PREMIO DA AUDIENCIA PARA O MELLOR FILME NO AMERICAN FILM FESTIVAL 2019

PREMIO DA CRÍTICA PARA O MELLOR FILME NO CHAMPS-ÉLYSÉES FILM FESTIVAL 2019

PREMIO DA AUDIENCIA PARA O MELLOR FILME NO L.A. OUTFEST 2019

PREMIO DA AUDIENCIA PARA O MELLOR FILME DO CHICAGO CRITICS FILM FESTIVAL 2019








SINOPSE

Unha muller na trintena leva varios meses desesperada buscando traballo. Tras poñer fin a un embarazo non desexado, lle ofrecen coidar dunha nena sen apenas tempo para recuperarse emocional e físicamente do seu aborto.





ALEX  THOMPSON

Realizador, actor, guionista, fotógrafo, produtor e montador estadounidense. Graduado na Universidade DePauw.
Traballou como director de casting antes de dirixir a súa primeira curtametraxe,"Irene & Marie" (2015).
Debuta na longametraxe con este multipremiado filme, é tamén, o seu último traballo.




A noite dos reis

LA NUIT DES ROIS de PHILIPPE  LACÔTE

(A NOITE DOS REIS)

FRANCIA/COSTA MARFIL/CANADÁ/SENEGAL


                                                







PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA E MELLOR SON NO CHICAGO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2020

PREMIO AO DIRECTOR NO THESSALONIKI FILM FESTIVAL  2020

PREMIO AO DIRECTOR NO TORONTO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL  2020

PREMIO AO MELLOR FILME DO AFRICAN-AMERICAN FILM CRITICS ASSOCIATION (AAFCA)  2021

GRAN PREMIO DO XURADO AO DIRECTOR NO FRIBOURG INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2021

PREMIO IMAGE AWARDS (NAACP) 2021

PREMIO CINEVISION AO MELLOR DIRECTOR EMERXENTE NO MUNICH FILM FESTIVAL 2021

PREMIO NBR NO NATIONAL BOARD OF REVIEW, USA 2021

PREMIO AO DIRECTOR NO PALM SPRINGS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2021

PREMIO IFFR DO XURADO MOZO AO DIRECTOR NO ROTTERDAM INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2021

                       

 



SINOPSE

Un pequeno delincuente entra atemorizado na “Maca”, unha cárcere no medio dun bosque de Costa de Marfil que ten as súas propias regras e onde os presos son os verdadeiros gobernantes. A violencia é frecuente, o novo interno teme pola súa vida. O xefe da prisión, enfermo e incapaz de seguir o elixe como novo contador de historias da prisión.





PHILIPPE LACÔTE

Realizador, guionista e produtor.
Creceu en Abiyán, Costa de Marfil. Iníciase na profesión coas curtametraxes "Somnambule" (1994), "Affaire Libinski" (2001), "Cairo hours" (2002), "Le passeur" (2007).
O seu traballo como director ven adoptando diversas formas antes de concentrarse en 2002 na historia recente do seu país con "Chronicles of War in the Ivory Coast", un filme nos límites entre o documental e o diario.
A longametraxe "Run" (2014), selecioada na sección Unha Certa ollada de Cannes, confirmou o seu talento como cineasta e revelou unha nova voz no continente africano.
Este é o seu último traballo, estreado en Venecia e Toronto, onde acadou o Premio "Amplify Voices".




Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger