Amour fou


 AMOUR FOU

(AMOUR FOU)
AUSTRIA/LUXEMBURGO 2014




SINOPSE
Filme ambientado nun relato libremente inspirado no suicidio de Heinrich von Kleist, en 1811. O poeta aspira a vencer o carácter inelutable da morte grazas ó amor. Por esta razón intenta convencer a súa prima Marie de que se se suicidan xuntos acadarán eludir o destino. O escepticismo e a falta de sensibilidade de Marie deprime a Heinrich.
A cineasta afonda na vida e o tráxico final dun dos escritores dramáticos máis importantes do romanticismo e a literatura alemá, ex militar prusiano e combatinte nas Guerras Napoleónicas que, durante o seu periplo bélico, viaxou polo continente europeo desenvolvendo a súa paixón pola literatura e dando forma ás súas primeiras obras. 


JESSICA HAUSNER

Guionista, montadora, produtora e realizadora nada en Viena en 1972.

Iníciase como realizadora coa curtametraxe Flora en 1995. Coa longametraxe Lovely Rita (2001), deuse a coñecer nos festivais internacionais de cine, pero sería o seguinte traballo Lourdes (2009), o que lle daría sona no panorama cinematográfico mundial.

Este é o seu último traballo.


Podedes ollar  o tráiler en:  https://www.youtube.com/watch?v=qOZMe2bpDic

Coherence


 COHERENCE

(COHERENCE) 
  USA 2013





MELLOR ÓPERA PRIMA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE FANTÁSTICO DE AMSTERDAM, 2014

MELLOR GUIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SITGES, 2013

MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE FANTÁSTICO (FANT ) DE BILBAO, 2014



SINOPSE

Baseado nun argumento de James Ward Byrkit e Alex Manugian, o filme fai referencia ó ano 1923, cando en Finlandia o paso dun cometa fixo cos habitantes dunha vila quedaran completamente desorientados, orixinando comportamentos moi estraños. Décadas máis tarde, un grupo de amigos recorda este caso mentres cean, brindan e se preparan para ver pasar un cometa. Pode repetirse a mesma historia?



JAMES WARD BYRKIT

Guionista, actor e realizador estadounidense.

Iníciase no cine traballando como actor no ano 2001. As súas curtametraxes Yes, and... e Fractalus no ano 2005, e Pirates of the Caribbean: Tales of the Code: Wedlocked no 2011, e o vídeo xogo Rango (2011), acadaron diversos premios en festivais internacionais de cine.

Con este filme debuta na longametraxe. É o seu último traballo.



Podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=eo3If7uZOo4

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger