LUNS 19 de xuño de 2017
IL LUOGO DELLE FRAGOLE de MAITE VITORIA DANERIS
(O LUGAR DOS MORANGOS)
ITALIA 2013; 90’ V.O.S.C.
GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR DOCUMENTAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DEL CINE ITALIANO DE ANNECY, 2014
PRIMEIRO PREMIO AO MELLOR FILME DOCUMENTAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MILÁN, 2014
PREMIO UCCA AO MELLOR FILME DOCUMENTAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TURÍN, 2013
PREMIO CARACOLA Á MELLOR LONGAMETRAXE DOCUMENTAL DO FESTIVAL DE CINE ALCANCES, 2013
SINOPSE
Lina é unha vella campesiña do norte de Italia. Ten o lombo curvado e olla cara á terra. Cada mañá, no alba, chega ao mercado ao aire libre meirande de Europa, Porta Palazzo, no centro de Turín, onde vende a súa verdura e os seus amorodos. Di que ten unha vida de "casa, igrexa e traballo". Non ten fillos, pero si cinco cans e ao seu home Gianni, que quere que ela deixe de traballar. Un día no mercado, entra en escena Hassan, un mozo inmigrante marroquí acabado de chegar a Italia na busca de traballo.
Filmada durante sete anos a través da ollada dunha cineasta española que viaxa a Turín, tiña a idea de quedarse unhas semanas, e volta dez anos máis tarde co filme nas mans.
MAITE VITORIA DANERIS
Guionista, produtora, fotógrafa e realizadora de cine documental nada en Madrid en 1978. No 2004 realiza as súas primeiras curtametraxes documentais gravadas nunha vila da serra de Estremadura; Volvede e Somos nove. No 2005 marcha a Turín, alí descobre o ambiente creativo e cinematográfico e decide quedar un tempo. Tras dez anos na cidade, onde ten traballado como realizadora en diferentes proxectos de cine documental, dirixe, escribe e produce este traballo, a súa primeira longametraxe, desenvolvida grazas ao apoio de diferentes entidades audiovisuais europeas e con gran acollida por parte de televisións internacionais como YLE, RAI, ARTE e TVE.
É o seu último traballo. Neste momento vive en Madrid onde segue preparando novos proxectos de cine documental.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:
https://www.youtube.com/watch?v=oUtYYnS2H0Q
https://www.youtube.com/watch?v=IIEUg2wycSU
http://www.ellugardelasfresas.com/
https://www.youtube.com/watch?v=cG5p2oPACpk
https://www.youtube.com/watch?v=r9uf13Q7STw&spfreload=5ttp://www.lamarea.com/2016/09/16/lugar-las-fresas-documental-la-utopia-posible/


