Tempada de caza

NAHUEL    de    NATALIA   GARAGIOLA        
(TEMPADA DE CAZA) 
ARXENTINA    2017;    110’   V.O.S.C.










PREMIO DA AUDIENCIA AO  MELLOR FILME, NA SEMANA DA CRÍTICA DO FESTIVAL  INTERNACIONAL DE CINE DE VENECIA,  2017
2017,  PREMIOS SUR: MELLOR ACTOR REVELACIÓN (LAUTARO BETTONI)
PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME NO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL & AWARDS MACAO,  2017
PREMIO DA ASOCIACIÓN DE CRÍTICOS DE CINE DE ARXENTINA AO MELLOR ACTOR (LAUTARO BETTONI), 2018




SINOPSE

Un mozo de temperamento complicado ten que afrontar a morte da a súa nai. Viaxa á Patagonia na busca do seu pai biolóxico, co que leva unha década sen contacto. Ambos Terán que conxugar o novo estado familiar xunto coa desconfianza e resentemento.

NATALIA GARAGIOLA      
                                     
Realizadora e guionista nada en Bos Aires no 1982.
Graduada en Cine, no 2004, remata una mestría en Sreenwriting na FIA-UIMP (España). Máis tarde participa no Laboratorio de Cine Experimental da Universidade Torcuato Di Tella. Os seus vídeos Pista (2007) e Plaza (2008), foron selecioados para Videoformes Video Art & Digital Cultures. Ten escritas e dirixidas tres curtametraxes: Rincón de López (2011), Yeguas e Cotorras (2012) e Sundays (2014).
Este filme é a súa primeira longametraxe, un proxecto que conta co apoio da Fundación TyPA (Arxentina), Rotterdam Lab (IFFR), e co programa Script & Pitch de Torino Film Lab.
Este é  o seu último traballo.



Aí van algúns enlaces sobre o filme:


Artico

ARTIC    de    JOE   PENNA

(ARTICO)

ISLANDIA     2018;     97’   V.O.S.C.











SINOPSE

No  Ártico, a  temperatura   pode   baixar   até   os  -70° C.  Neste 
deserto xeado e hostil lonxe de todo, un home loita por sobrevivir.
Ao seu carón, unha  inmensidade branca e os restos dun avión que 
ven servindo de refuxio.





JOE   PENNA


Realizador, guionista, produtor, fotógrafo e actor nado en Sao
Paulo, Brasil. Actualmente vive en Los Ángeles, California. En
febrero de 2010, convírtese no usuario de Youtube brasileño con
máis suscritores no seu canal baixo o nome de MysteryGuitarMan, 
onde   foi   o    responsabel   de    fenómenos   virais   como  o  de 
Guitar: Impossible (2009),  un   video   en   stop   motion    que 
leva acumulados máis de diezaséis millóns de visionados ademais 
de   ser   exposto   no   Guggenheim.  Estuda   na Universidade
de Massachusetts até o 2007, especializándose   en   mediciña   ao 
tempo que producía  videos  online. Máis tarde abandona  a escola
de mediciña   e   volta   ao   cinema,   facendo   vídeos  musicais   e 
publicidade en Boston

Tras realizar varias curtametraxes e series para a televisión debuta

 na longametraxe con este filme.

O seu último traballo é Stowaway, aínda sen rematar.





  

Sauvage

SAUVAGE   de  CAMILLE  VIDAL-NAQUET
(SAUVAGE) 
FRANCIA     2018;    97’    V.O.S.C.


                  


 





PREMIO AO MELLOR ACTOR, FÉLIX MARITAUD, DA FUNDACIÓN LOUIS ROEDERER NO CANNES FILM FESTIVAL 2018
PREMIO FIPRESCI AO MELLOR FILME INTERNACIONAL NO JERUSALÉM FILM FESTIVAL 2018
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE SEVILLA 2018
PREMIO DO XURADO AO MELLOR ACTOR,
FÉLIX MARITAUD, NO KASHISH MUMBAI INTERNATIONAL QUEER FILM FESTIVAL 2019


                                                               

SINOPSE

Un  home  de  vintedous   anos   vende   o   seu corpo. Os homes 
van   e   veñen,  el   atópase   a   si  mesmo  buscando o afecto en 
calquer lugar onde poda acadalo, sen preocuparse de que virá logo.




CAMILLE  VIDAL-NAQUET

Guionista,  montador  e  realizador  nado   en   1972  en  Nevers, 
Nièvre,  Francia.  Iníciase  profesionalmente  coas curtametraxes
Backstage (2001) e  Mauvaise tête (2014).

Esta é a súa primeira longametraxe e o seu último traballo.




Aí van algúns enlaces sobre o filme:






A carga

 TERET      de    OGNJEN   GLAVONIC

(A  CARGA)
SERBIA     2018;     98'    V.O.S.C.



                         








PRIMER PREMIO AO MELLOR FILME NO ZAGREB FILM FESTIVAL 2018
PREMIO AO MELLOR ACTOR, LEON LUCEV, NO  SARAJEVO FILM FESTIVAL 2018
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO PINGYAO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018
PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO DIRECTOR NO SAKHALIN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018
PREMIO ESPECIAL DO XURADO NO MOLODIST INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018
PREMIO AO MELLOR GUIÓN NO MINSK INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018
PREMIO AO MELLOR FILME INTERNACIONAL NO MALATYA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO MARRAKECH INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018
MENCIÓN ESPECIAL AO DIRECTOR NO LJUBLJANA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018
PREMIO AO MELLOR FILME INTERNACIONAL NO HAIFA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018
PREMIO FIPRESCI AO DIRECTOR E AO MELLOR FILME NO COTTBUS FILM FESTIVAL OF YOUNG EAST EUROPEAN CINEMA 2018
PREMIO ANXO AZUL NO ART FILM FESTIVAL 2018



 SINOPSE  

O chófer dun camión conxelador durante o bombardeo de Serbia por parte das forzas da OTAN en 1999 ten que cumprir unha última orden,  transportar   unha   misteriosa   carga  dende   Kosovo   até Belgrado. Unha   ruta   descoñecida e perigosa, nun país devastado pola guerra. 



OGNJEN GLAVONIC 

Realizador, guionista, produtor, compositor, fotógrafo e actor nado no 1985 en Pancevo, Serbia. Graduado en Cine e Televisión na Facultade de Artes Dramáticas de Belgrado. As súas curtametraxes veñen formando parte dos programas dos festivais internacionais de cine. Entre eles,  Zivan Pujic Jimmy (2009), Ritam gitara, prateci vokal (2010), Made of Ashes (2012). Máis tarde filma os documentais Zivan Makes a Punk Festival (2014) e Dubina dva (2016).

Esta é a súa primeira longametraxe de ficción e o seu último traballo.

 



Aí van algúns enlaces sobre o filme:


Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger