Amazona


AMAZONA   de  CLARE WEISKOPF
(AMAZONA)
COLOMBIA    2016;   82’   V.O.S.C.  



                                      
PREMIO DO PÚBLICO, FICCI - COLOMBIA, 2017
PREMIO ANDRIY MATROSOV, DOCUDAYS UA - UCRANIA, 2017

SINOPSE

Que fai que unha muller sexa boa nai? É necesario renunciar aos soños, por radicais que sexan, cando se teñen fillos?

A viaxe ás profundidades do Amazonas servirá para explorar unha relación que cría perdida e que a transportará ao interior do seu propio ser, o único camiño posíbel para reconciliarse con ela mesma.

CLARE WEISKOPF

Realizadora, guionista, xornalista e produtora.
Centrada en temas sociais, dende o conflito armado en Colombia e a violencia sexual como arma de guerra, até a difusión da música “cumbia” en Europa e América Latina. 

Acadou dúas veces o Premio Nacional de Xornalismo Simón Bolívar de Colombia e foi selecioada para a IDFAcademy e Dok.Incubator.

Recentemente ten dirixido dúas series documentais, 2012: Chronicles of the End of the World  e  As Cores do Fútbol. 


Este filme é a súa primeira longametraxe e o seu último traballo.



Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Inuit enfadado


ANGRY INUK    de  ALETHEA ARNAQUQ-BARIL
(INUIT ENFADADO)
CANADÁ  2016;   85’   V.O.S.C.  




PREMIO XUSTIZA SOCIAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE SANTA BÁRBARA 2017
PREMIO DO PÚBLICO NO FESTIVAL DE CINE AVAILABLE LIGHT 2017
PREMIO DO PÚBLICO NO FESTIVAL HOT DOCS FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DOCUMENTAL CANADIANO 2016

SINOPSE

A cineasta examina o papel central da caza de focas na vida dos Inuit. Son o seu alimento base, e ten un rol central no ámbito social e na identidade da cultura indíxena que habita as tundras do norte de Canadá, Alasca e Groenlandia. Tamén, a importancia dos ingresos que acadan coas vendas de peles e o impacto negativo que as campañas internacionais contra a caza de focas teñen provocado nas súas vidas.

ALETHEA ARNAQUQ-BARIL

Guionista, realizadora, produtora, e fotógrafa nada no Ártico Canadense. Dende a súa produtora, Unikkaat Studios, ten dirixido os documentais Tunniit: Retracing the Lines of Inuit Tattoos, as curtametraxes Inuit High Kick, Lumaajuuq e Sloth.


No seu traballo como produtora executiva ten coproducido Arctic Defenders, un documental de John Walker, e o documental Experimental Eskimos.
O seu último traballo é 
The Grizzlies, aínda sen rematar.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Casa no campo


TIGMI N IGREN   de   TALA  HADID  
(CASA NO CAMPO)   
MARROCOS/QATAR   2016;   86’   V.O.S.C.








PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE HONG KONG 2017
PREMIO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE AFRICANO DE MILAN 2017
PREMIO NON FICCIÓN Á DIRECCIÓN NO MILLENNIUM DOCUMENTOS CONTRA A GRAVEDADE 2017
GRAN PREMIO 2M DE FIDADOC 2017

SINOPSE

Presenta a historia milenaria dos amazigh en Marrocos. Ten sido en gran parte contada, preservada e transmitida oralmente por bardos e contacontos nas comunidades pastorais de fala tamazight. O documental segue esta tradición con medios audiovisuais e intenta realizar un retrato fiel desta comunidade.

TALA HADID

Realizadora, guionista, fotógrafa, montadora e produtora nada en 1974 en Londres.Coproduce e dirixe a súa primeira longametraxe mentres estudaba na Brown University . O filme, Poeta sagrado, centra a lente no poeta e cineasta italiano Pier Paolo Pasolini, con entrevistas a Laura Betti, Bernardo Bertolucci, Sergio Citti e Ninetto Davoli. Tras varias curtametraxes no ano 2000, mentres traballaba nun proxecto sobre a comunidade xitana macedonia en Nápoles, acada en Italia unha bolsa para estudar cine na Universidade de Columbia, en Nova York. No 2001, dirixe en San Petersburgo Windsleepers, cos poetas Genya Turovskaya e Vladimir Kucheriavkin. No 2005, remata a súa tese co filme Tes Cheveux Noirs Ihsan, rodado en Marrocos proxectado e premiado en numerosos festivais de cine.

O seu traballo ten sido exposto no MOMA, no Walker Art Center en Minneapolis, o Museo Nacional de Mulleres nas Artes en Washington, L'Institut du Monde Arabe en París, Goteberg Kunsthalle en Suecia, Instituto Goethe, no Cairo, na Bienal de Sevilla, na Galería Jonathon Schorr de Nova York, no LACMA nos Ángeles, na Filmoteca de París, na Galería dos Fotógrafos de Londres e Filmoteca de Tánger. Entre 2010/2011, traballa no proxecto independente Heterotopia, unha serie de fotografías que documentan a vida nun bordel de Nova York. En 2012 acada a bolsa Peters Reed Foundation por o seu traballo documental en Marrocos. No outono de 2013 publican na serie Stern Fotografie Portfolio de fotógrafos emerxentes, un pequeno volume cunha selección das súas fotografías. A longametraxe Itarr el Layl (2014), tamén foi proxectada e premiada en numerosos festivais.


Este filme foi seleccionado para proxectarse como obra en curso na edición número 72 do Festival Internacional de Cine de Venecia. É o seu último traballo.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger