Chevalier

CHEVALIER (CHEVALIER) GRECIA 2015; 99’ V.O.S.C.






PREMIO DA AUDIENCIA Á MELLOR DIRECTORA NO FESTIVAL DE CINE DE TESALÓNICA, 2015
PREMIO AOS MELLORES ACTORES, YIORGOS KENDROS, VANGELIS MOURIKIS PANOS KORONIS , MAKIS PAPADIMITRIOU , YORGOS PIRPASSOPOULOS , SAKIS ROUVAS E MENCIÓN ESPECIAL Á DIRECTORA NO FESTIVAL DE CINE DE SARAJEVO, 2015
PREMIO AO MELLOR FIME NO FESTIVAL DE CINE DE LONDRES, 2015
PREMIO AO MELLOR GUIÓN NOS PREMIOS DE CINE DA ACADEMIA GREGA, 2016
GRAN PREMIO DO XURADO Á DIRECTORA NO FESTIVAL DE CINE DE CARTAGENA, 2016




SINOPSE


No medio do Exeo, seis homes de viaxe, de pesca, e inmersos nun xogo nun iate de luxo. Durante o xogo serán comparadas varias cousas. As cancións serán cribadas, o sangue analizado. Os amigos convertiranse en rivais. Pero ao final do día, cando o xogo remate, o home gañador acadara para o seu dedo meimiño o anel da vitoria.

ATHINA RACHEL TSANGARI


Guionista, produtora e directora nada en Atenas en 1966. Iníciase como realizadora no 1994 coa curtametraxe Fit. Debuta na longametraxe con The Slow Business of Going (2000), logo dirixe Attenberg (2010) e máis tarde realiza varios capítulos da serie Borgia para a televisión. Ten producido filmes como Canino (2009), Alps (2011), Antes do anoitecer (2013), Lustlands (2013) ou Petting Zoo (2015).
Este é o seu último traballo na dirección.




Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Dora, or the sexual neuroses of our parents

DORA, DER DIE SEXUELLEN NEUROSEN UNSERER ELTERN (DORA, OR THE SEXUAL NEUROSES OF OUR PARENTS) SUÍZA 2015; 90 ’ V.O.S.C.









SINOPSE


A protagonista ten unha discapacidade psíquica, vive nunha burbulla, sobreprotexida polos pais. Cando a súa nai decide deixar de medicala, ela esperta ao mundo, como saída dun profundo letargo. Descobre o seu corpo, e aspectos da vida que lle eran descoñecidos.


STINA WERENFELS


Guionista, produtora, docente, montadora e directora nada en Basilea en 1964. Pasa a súa primeira infancia entre os EE.UU, España e Grecia. Remata o seu grao en Farmacoloxía e logo estuda cine na Universidade Tisch School of the Arts, en NovaYork, onde asiste a clases con Spike Lee, Arthur Penn e Marketa Kimbrell. Alí acada un premio coa curtametraxe documental Fragments from the Lower East Side (1994), onde describe a desaparición da cultura xudÍa nos barrios de NovaYork. En 1998, de volta a Suíza, a súa obra Pastelería, dor e política, acada o Premio do Cine Suízo á mellor curtametraxe.
Debuta na longametraxe con Nachbeben (2006), estreada na Berlinale e coa que acada varios premios. Esta é a segunda longametraxe e o seu último traballo na realización.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:

En corpo e alma

CIALO (EN CORPO E ALMA) POLONIA 2015; 90’ V.O.S.C.





FESTIVAL DE BERLÍN: MELLOR DIRECTOR, 2015
PREMIOS DO CINE EUROPEO: MELLOR MONTAXE, 2015
PREMIOS MELLOR ACTOR, JANUSZ GAJOS, MELLOR ACTOR NOVEL, JUSTYNA SUWALA, MELLOR SON, E MELLOR FILME NO FESTIVAL DE CINE POLACO, 2015




SINOPSE


O protagonista non é un home fácil de sorprender. Como xuíz de instrución debe analizar con precisión e investigar con detalle, pero o máis duro da súa vida e ter que enfrontarse á anorexia da súa filla, que aínda leva loito poLa súa nai.

MALGORZATA SZUMOWSKA


Guionista, produtora e directora polaca nada en 1973. O seu traballo abarca un amplo espectro, ten realizado documentais, curtametraxes e longametraxes de ficción. Galardoada con varios premios internacionais, incluíndo o Premio Teddy por Amarás ao próximo (2013), en Berlín, e o Leopardo de Prata en Locarno 2008, por 33 Scenes from Life (2008). Asemade foi nomeada nos Premios do cine Europeo no 2001 e 2005 polos seus filmes Happy Man (2000) e Stranger (2004), respectivamente; ten acadado os máis prestixiosos premios da cinematografía polaca. O seu filme Ellas (2011), protagonizada por Juliette Binoche e Anaïs Demoustier, foi estreado en máis de corenta países.
O seu último traballo na dirección é Soeurs (2016), aínda sen rematar.

Workers


WORKERS

(WORKERS)  MÉXICO  2013;  113 ’ V.O








 





PREMIO AO MELLOR FILME, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE LATINOAMERICANO DE BIARRITZ, 2013
PREMIO AO MELLOR FILME E MELLOR GUIÓN, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE LATINOAMERICANO DE HUELVA, 2013
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR E MELLOR FILME, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MORELIA, 2013
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA NOVO DE SPLIT, 2013




SINOPSE
Unha ancián extravagante confinada a soidade, rodeada de luxos domésticos e servintes solícitos, agarda serenamente a morte. O seu único obxecto de devoción obsesiva é a súa mascota canina chamada Princesa. Unha batalla en silencio, contra unha corporación e contra unha cadela.




JOSÉ LUIS VALLE
Director, produtor e guionista nado no Salvador, pero nacionalizado mexicano. En México estuda literatura e cine. No 2006, dirixe a curtametraxe Quimera coa que acada varios premios. No 2009, debuta na longametraxe co documental A milagre do Papa . Tras acadar o apoio do Fondo Mundial de Cine, estrea esta longametraxe de ficción na sección Panorama da Berlinale 2013, con ela é recoñecido e dáse a coñecer no panorama internacional cunha boa colleita de premios.
O seu último traballo é As buscas, con el tamén leva acadado varios premios nos festivais da Riviera Maya e Monterrey.





Aí van algúns enlaces sobre o filme:

As horas mortas


LAS HORAS MUERTAS

(AS HORAS MORTAS)  MÉXICO  2013;  113 ’ V.O










PREMIO AO MELLOR DIRECTOR POR A MELLOR CONTRIBUCIÓN ARTÍSTICA, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE TOKYO, 2013 



SINOPSE 
Un mozo cuida só o pequeno motel do seu tío. Miranda, unha axente inmobiliaria atópase no motel co seu amante, normalmente impuntual nos encontros. Estes tempos mortos serven para que eles se coñezan e se aproximen, aínda que ambos saben que esta posible historia é temporal.



AARÓN FERNÁNDEZ
Guionista, fotógrafo, montador, realizador e produtor, nado en 1972 en Chihuahua. Estuda en París, onde realiza un máster en Estudos Cinematográficos e Audiovisuais. Ten traballado en diversos sectores, destacándose nas áreas de guión, dirección e produción. Socio fundador da compañía Santa Lucía Cine. Iníciase na dirección coas curtametraxes, Circuito interior (1999), Argent liquide (1997), Le partage des eaux (1996).
Debuta na longametraxe con Partes usadas. Alguén máis, unha serie para a televisión é o seu último traballo.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Os ladróns vellos

LOS LADRONES VIEJOS
(OS LADRÓNS VELLOS)  MÉXICO  2007;  97 ’ V.O.









PREMIO MELLOR DOCUMENTAL, E MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO AO DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE GUADALAJARA, 2007 
PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE LATINOAMERICANO DE BIARRITZ, 2007 
PREMIO IGUANA DE OURO DO PÚBLICO AO MELLOR DOCUMENTAL, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE EN PUERTO VALLARTA, 2007 
PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL, MONTERREY, 2007 


SINOPSE 
Historia dunha xeración de ladróns que acadaron os seus maiores éxitos nos anos setenta. Dos códigos de ética e conduta que os caracterizaron, das diversas "categorías" de delincuentes que poboaron as rúas da cidade, das alianzas cos mandos policiais que lles permitiron saír adiante, das traizóns que as seguiron e do prezo que finalmente pagaron 



EVERARDO GONZÁLEZ 
Guionista, fotógrafo, montador, realizador e produtor. Licenciado en Cinematografía no Centro de Capacitación Cinematográfica (CCC) e en Comunicación Social pola Universidade Autónoma Metropolitana. É membro da Academia Mexicana das Artes e Ciencias Cinematográficas. Adicado ao cine documental iníciase na longametraxe coa obra A canción do pulque (2003). Entre os seus traballos destacamos, O ceo aberto (2010), Cuates de Australia (2011), O Paso (2014). 
Heroes cotiáns, unha serie documental para a televisión é o seu último traballo.


Novas lonxanas

NOTICIAS LEJANAS
(NOVAS LONXANAS)  MÉXICO 2005; 120’ V.O.








PREMIOS ARIEL Á MELLOR ACTRIZ, MAYAHUEL DEL MONTE, Á MELLOR FOTOGRAFÍA, E PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE GUADALAJARA, 2005
PREMIO ASTOR DE ORO AO MELLOR FILME, NO FESTIVAL DE CINE DE MAR DA PLATA, 2006
PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE LATINOAMERICANO DE BIARRITZ, 2005
PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE GIBARA, 2007



SINOPSE
Un mozo nado nun empobrecido casarío do altiplano emprende unha viaxe iniciática á Cidade de México. Tratando de rachar o círculo de marxinación familiar e atopar unha nova esperanza, enfróntase co seu destino.


RICARDO BENET
Guionista, realizador, fotógrafo, montador e produtor, nado en Veracruz. Máis tarde trasládase ao D.F. onde cursa estudos de arquitectura, na UNAM. Marcha a Europa a realizar un máster en Historia da Arte en Florencia, e fotografía no Centro Pompidou de París, á súa volta a Mexico cursará estudos de cine no Centro de Capacitación Cinematográfica (CCC).
Ten realizado varias curtametraxes, Árido (2000), Antes meridiano (2000), Road coffee (2001), Fin de etapa (2001), En calquera lugar (2004).
Esta é a súa ópera prima. Nómadas (2010), é o seu último traballo.

*Contaremos coa presenza do realizador que virá a presentar o seu traballo e a charlar coa xente que asista á proxección

Aí van algúns enlaces sobre o realizador e o filme:

La Familia Chechena


LA FAMILIA CHECHENA

(LA FAMILIA CHECHENA) 
ARXENTINA 2015;  65’  V.O.S.C.








PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE LAS PALMAS 2016
PREMIO AO MELLOR FILME INTERNACIONAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE NYON, VISIONS DU RÉEL 2016


SINOPSE

Abubakar ten 46 anos e participa na Zikr, unha danza ritual que realizan os musulmáns sufís chechenos. En cada Zikr, acada un estado de éxtase que lle serve como exorcismo, unha forma de liberación de todo o que a súa comunidade ten sufrido durante tantos anos de ocupación. 


MARTÍN SOLÁ

Guionista, produtor, montador, fotógrafo e realizador nado en Bos Aires en 1980. Estuda Dirección de Documentais en Barcelona e Dirección de Cine en Bos Aires. Iníciase no medio audiovisual traballando como cámara para outros directores. Tamén ten traballado como docente dende o ano 2008 en Madrid, Barcelona e Bos Aires. Os seus anteriores traballos son: Dinner at the Family Home (2006), Closed Box (2008), Messenger (2011), Hamdan (2013). 
Este é o seu último traballo na dirección.



Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Sonita


 SONITA

(SONITA) 
IRÁN/ALEMAÑA/SUÍZA 2015; 95’ V.O.S.C.











PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR E GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR DOCUMENTAL NO SUNDANCE FILM FESTIVAL 2016
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DOCUMENTAL NO PORTLAND INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2016
PREMIO DA AUDIENCIA E PREMIO DO XURADO NO MONTCLAIR FILM FESTIVAL 2016
PREMIO SOS-KINDERDÖRFER AO MELLOR FILME NO MUNICH INTERNATIONAL DOCUMENTARY FESTIVAL 2016
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR E PREMIO Á MELLOR MÚSICA INDEPENDENTE NO LISBOA INTERNATIONAL INDEPENDENT FILM FESTIVAL 2016
PREMIO AO MELLOR FILME E MENCIÓN ESPECIAL AO DIRECTOR NO DOCUMENTARY EDGE FESTIVAL 2016
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR E PREMIO DO XURADO AO MELLOR DOCUMENTAL NO AMSTERDAM INTERNATIONAL DOCUMENTARY FILM FESTIVAL 2015 

SINOPSE

Sonita, unha adolescente afgá que vive como indocumentada nos arrabaldes de Teherán, soña con converterse nunha cantante famosa de hip-hop, pero a súa familia ten outros plans para ela: vendela en matrimonio por 9.000 dólares. 

A través da súa música descubrimos unha artista carismática, decidida a falar da dura realidade que a rodea cunha honestidade arrepiante. 

Un retrato fascinante dunha moza en plena explosión creativa que contrasta coa falta de liberdade da sociedade na que lle ten tocado vivir. 

ROKHSAREH GHAEM MAGHAMI

Guionista, produtora e realizadora nada en Irán. 

Estuda cine e animación na Tehran Art University. Os seus ensaios de investigación están incluídos no libro, Animated Documentary: A New Way to Express publicado en persa en 2009. Iníciase na realización de documentais con Pigeon Fanciers (2000), Cyanosis (2007), A Loud Solitude (2010), Born 20 Minutes Late (2010),Going Up the Stairs (2011). 


Este é o seu último traballo.


Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Vergoña e Respecto

VERGÜENZA Y RESPETO
(VERGOÑA E RESPECTO)
ARXENTINA 2015; 81’ V.O.






SINOPSE

Retrato da vida cotiá dos costumes ancestrais dunha familia xitana dos arrabaldes bonaerenses ao longo de cinco xeracións. Os Campos abren as portas do seu fogar e con elas tamén as dunha tradición milenaria, obrigada hoxe a acoplarse ao mundo contemporáneo. Unha cousa está clara: ser xitano non é doado, ou como di un dos protagonistas, “é máis fácil dicilo, que selo”. Atravesado por cantos, guitarras, palmas e caixóns flamencos, o filme é un elegante documental de observación. 

TOMAS LIPGOT

Produtor, guionista, fotógrafo, técnico de son, montador e realizador nado en Neuquén en 1978. Estuda na Universidade do Cine e na Escola de Música de Bos Aires. Ten dirixido varias curtametraxes e as longametraxes Casafuerte (2004), Fortalezas (2010), Moacir (2011), A árbore da muralla (2012). 
Gilgamesh, o home que non quería morrer é o seu último proxecto.


Abismo Ruxente


ROARING ABYSS 

(ABISMO RUXENTE) 
R.U./ETIOPÍA/ESPAÑA 2015; 86' V.O.S.C.




SINOPSE

Nos bares e locais de música de Addis Abeba atópase unha escena musical moi peculiar, pero máis aló existen preto de cen culturas e nacionalidades espalladas ao longo das montañas, desertos e bosques de Etiopía. Na actualidade, moitos dos instrumentos musicais tradicionais de Etiopía teñen sido substituídos por teclados electrónicos, quedando a maior parte das bandas locais reducidas a unha ou un cantante acompañado de bases rítmicas e melódicas, pero aínda quedan algúns músicos ao redor do país tocando a música que aprenderon dos seus antergos; instrumentos como o krar, washent, masinko ou o kebero, seguen soando nesta terra chea de contrastes. 

QUINO PIÑERO

Realizador, técnico de son, guionista, actor, produtor e montador. Dende idade temperá inicia unha vida nómade, sempre coa súa cámara e grabadora de son as costas, de aí o marcado selo de viaxe sonoro que caracteriza os seus traballos tanto musicais como audiovisuais. 

Ten traballado como técnico de son e produtor musical con músicos como La Urss (Andalucía 2006), Alkibar Junior (Malí 2007) Orchestra Elastique (Londres 2012) e Mulatu Astatke (Addis Abeba 2013). No 2011 recompila horas de material audiovisual almacenado durante os anos de produtor musical e investigación en África Occidental, resultando nesta primeira montaxe documental: Le Message du Issa Ber (East End Festival 2011). Dende 2012 traballa como técnico de son en diferentes rodaxes e montaxes. 

Con este filme debuta na dirección. Na actualidade está involucrado nun proxecto documental musical colaborando con The Nile Project en África do Leste, asemade realiza como freelance traballos sonoros e videográficos.

Magallanes

MAGALLANES

(MAGALLANES)

PERÚ 2015; 109’ V.O.







2014: FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN, PREMIO CINE EN CONSTRUCIÓN
2015: FESTIVAL DA HABANA, PREMIO CORAL ESPECIAL DO XURADO (ÓPERA PRIMA) 
MENCIÓN ESPECIAL AO DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE MANNHEIM-HEIDELBERG, 2015
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR, E ÁS ACTRICES MARÍA TELÓN E MAGALY SOLIER, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE LATIONAMERICANO DE LIMA, 2015
COLÓN DE OURO AO MELLOR FILME, COLÓN DE PRATA Á MELLOR ACTRIZ, MAGALY SOLIER, E MELLOR GUIÓN, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE LATIONAMERICANO DE HUELVA, 2015
GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR GUIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE NASHVILLE, 2016
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NOVEL, MELLOR ACTRIZ, MAGALY SOLIER, MELLOR ACTOR, DAMIÁN ALCÁZAR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE LATIONAMERICANO DE LLEIDA, 2016 


SINOPSE 
A anódina vida dun taxista muda o día que se atopa de novo con Celina, unha muller que coñecera nos violentos anos nos que fora soldado do exército peruano e loitaba contra Sendero Luminoso.

SALVADOR DEL SOLAR 
Guionista, produtor, actor e realizador nado en Lima en 1970. Licenciado en Dereito e deportista de elite, comeza a estudar interpretación con Alberto Ísola, iniciando posteriormente unha carreira no teatro que o leva a Colombia. No 1999 protagoniza o filme Pantaleón e as visitadoras e varias telenovelas de éxito.
Con este filme debuta como realizador. É tamén, o seu último traballo na dirección.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:


O incendio

EL INCENDIO

(O INCENDIO)

ARXENTINA 2015; 95’ V.O.





PREMIO DA CRITÍCA NO D'A -FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA D'AUTOR DE BARCELONA, 2015
PREMIO BIZNAGA DE PRATA Á MELLOR ACTRIZ, PILAR GAMBOA, NO FESTIVAL DE CINE ESPAÑOL DE MÁLAGA, 2015
PREMIO AO MELLOR FILME NO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TRANSILVANIA, 2015 

SINOPSE 
Unha parella moza vai pagar a súa casa, pero o vendedor non chega e a escritura atrásase. Tensos e frustrados volven a casa e agochan os cartos. El trata de que sexa un día como calquera outro. No transcurso de vintecatro horas de espera revélase a verdadeira natureza do amor entre eles. 

JUAN SCHNITMAN 
Guionista, produtor, montador, fotógrafo, director de arte, actor e realizador nado en Bos Aires en 1980. Tras graduarse na Universidade do Cine (FUC). Tras a realización de varias curtametraxes, O interior da besta (1999), A morte de Ricardo Lee (2001), Yakuza (2002), Duelo (2002), codirixe, xunto a Santiago Mitre, Alejandro Fadel e Martín Mauregui, O amor -Primeira parte-, filme que se estrea na Semana da Crítica de Venecia. No 2007 roda Grande para a cidade, un documental sobre a banda de brit-pop uruguaia Astroboy. En 2009 filma Pretemporada, un documental sobre fútbol. 
Este é o seu último traballo.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

A once


LA ONCE 

(A ONCE)
CHILE 2014; 70’ V.O.




PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL NO FESTIVAL DE CINE DE CARTAGENA, 2015
PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL NO DOCSBARCELONA, 2015



SINOPSE 
Cinco mulleres de avanzada idade quedan dende hai sesenta anos para tomar o té unha vez ao mes. Nestas reunións hai encontros, desencontros. Interpretan e comentan a actualidade, evocan o pasado común e se esforzan en amosar a súa vixencia, esquecendo, aínda por un rato, as doenzas que padecen.


MAITE ALBERDI 
Guionista, produtora, montadora, técnica de son, fotógrafa, actriz e realizadora chilena nada en 1983. Iníciase no cine coas curtametraxes, Os trapecistas (2005), As perruqueiras (2008). Debuta na longametraxe co documental O salvavidas (2011). Eu non son de aquí (2016) é o seu último traballo na dirección
É coautora do libro Teorías do cine documental en Chile: 1957-1973. Traballa tamén como docente en diversas universidades e como crítica de cine en liña en lafuga
Aí van algúns enlaces sobre o filme:





A primeira vista


HOJE EU QUERO VOLTAR SOZINHO 

(A PRIMEIRA VISTA) 

BRASIL 2014; 98' V.O.S.C.







PREMIO MELLOR ACTOR, GHILHERME LOBO, DA ASOCIACIÓN DE CRÍTICOS DE CINE DE SÃO PAULO, 2015
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, MELLOR DIRECTOR, MELLOR ACTOR, GHILHERME LOBO, E MELLOR GUIÓN NO SESC FILM FESTIVAL, BRAZIL 2015
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, NO TORINO INTERNATIONAL GAY & LESBIAN FILM FESTIVAL, 2014
MELLOR GUIÓN NO SKIP CITY INTERNATIONAL D-CINEMA FESTIVAL, 2014
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR, NO PEACE & LOVE FILM FESTIVAL SUÍZA, 2014
GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR GUIÓN, NO ROCHESTER IMAGEOUT, 2014
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, NO INTERNATIONAL LESBIAN & GAY FILM FESTIVAL DE SAN FRANCISCO, 2014
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR GUIÓN NO L.A. OUTFEST, 2014
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR GUIÓN NO LESBIAN AND GAY FILM FESTIVAL DE NOVA YORK, 2014
COLÓN DE PRATA AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL DE CINE LATINOAMERICANO DE HUELVA, 2014
PREMIO FIPRESCI AO MELLOR DIRECTOR NA SECIÓN PANORAMA, DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BERLIN, 2014
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ATENAS, 2014
PREMIO MELLOR GUIÓN E PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, NO LESBIAN & GAY FILM FESTIVAL, SEATTLE 2014



SINOPSE
Un mozo cego trata de atopar independencia na súa vida cotiá. A relación coa súa mellor amiga e o xeito de ollar o mundo muda totalmente cando chega Gabriel.


DANIEL RIBEIRO 
Realizador, guionista e montador nado en 1982 en São Paulo. Alí cursa estudos na Escola de Cine da Universidade. Dirixe dúas curtametraxes, Cafe com leite e Eu nao quero voltar sozinho, presentados en numerosos festivais internacionais acadando máis de 115 premios. Tamén é o creador dunha páxina web musical, Musica de bolso e dun proxecto en liña antihomófobo chamado Eu sou gay .
Con este filme debuta na longametraxe. Este é o seu último traballo.

Kauflanders de Olaia Sendón Ogando

KAUFLANDERS 

de OLAIA SENDÓN OGANDO

GALICIA 2016; 68’




SINOPSE 
O futuro proxectado para nós dilúese nun mundo de mutacións e incertezas constantes. O pasado recente bórrase nunha memoria tan ateigada de imaxes como volátil e, mentres, nós os Kaufanders, reunímonos para cear, falar do mundo e intentar construír unha memoria que nos defina e nos recorde. 
A idea do filme xorde na realizadora tras sentir que a súa é unha xeración á que se lle dixo que todo era posible, que podía ser todo o que quixese, pero a realidade veu colapsar esas certezas presentando un futuro máis imprevisible que nunca. Que quedará de nós?. 
Durante dous anos invita diferentes persoas da súa contorna a cear e falar do mundo. O guión do filme está feito integramente coas transcricións destas ruidosas, e intensas sobremesas. 


OLAIA SENDÓN OGANDO 

Realizadora, artista visual, docente e guionista nada en Ourense no 1978. Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Autónoma de Barcelona e DEA en Publicidade pola Universidade de Vigo, 2002. É docente na Escola de Imaxe e Son da Coruña dende o ano 2002. Entre os seus traballos destacamos: The Gaze of the Beachcomber, Míjau, Ganduis, Os fabulosos irmáns da luz. A casa de Lola de Andrés 

Este é o seu último traballo.



Aí van algúns enlaces:




*Contaremos coa presenza da realizadora que virá a  presentar o seu traballo e charlar coa xente que asista á proxección

Funes, o inventor da lúa de Enrique Otero e Unary de Luís Avilés Baquero

FUNES, O INVENTOR DA LÚA 
de ENRIQUE OTERO

GALICIA 2016; 48’





SINOPSE
Documental biográfico sobre o inventor Eugenio Funes, que tras ser unha das pezas fundamentais na carreira espacial e na conquista da Lúa, rematou os seus días dramaticamente nunha autocaravana na súa Galicia natal.
Este proxecto xorde polo descoñecemento que se ten de Funes, un galego da comarca de Quiroga, de principios do século XX, obsesionado coa ciencia e a física. Un inventor puro que abandonou todo para cumprir o seu soño, ir aos Estados Unidos traballar na NASA. Alí levou a cabo o maior invento da súa vida, e un dos máis importantes da historia da humanidade, o retilador, que fixo que o Proxecto Apollo fose un éxito. O documental mestura gravacións de finais dos anos 60 nos Estados Unidos, da NASA, recreacións dos inventos, entrevistas con familiares e amigos de Funes...unha mestura de formatos cinematográficos, acompañados de testemuñas sorprendentes que deron como resultado un traballo minucioso arredor dunha biografía extraordinaria.


ENRIQUE OTERO
Guionista, realizador, produtor e músico nado na Coruña no 1978.
Ten unha longa traxectoria no audiovisual galego no que vén traballando na televisón, publicidade, composición de banda sonoras, curtametraxes, videoclips, documentais e longametraxes. Entre os seus traballos destacamos as curtametraxes, Coitelo (1992), Parole (2005), Os Crebinsky (2002), En plan Galicia (2006), A dúas velas (2006). A súa ópera prima na longametraxe é Crebinsky (2009). Neste momento atópase traballando na preprodución de Caixa negra, e Ningún deus aquí arriba


Aí van algúns enlaces:
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/08/08/galicia/1344458144_165771.html

UNARY 

de LUÍS AVILÉS BAQUERO
GALICIA 2015; 18’



SINOPSE

Tras vinte anos en prisión Lucas debe facer fronte a unha nova vida, a un novo mundo que xa no recoñece. A soidade é maior do que esperaba tras perder todo o que tiña. Será Lucas quen de empezar de cero? 


LUÍS AVILÉS BAQUERO

Realizador e montador nado en Bogotá (Colombia) no 1969. Formado en Dirección e Montaxe cinematográfica no CECC (Centre de Estudis Cinematografics de Catalunya). Ten traballado como realizador en programas de televisión como Criaturas e Casamos, para a Televisión de Galicia. Director da curtametraxe A Subela (2003). Debuta na longametraxe con Retornos, presente nos festivais de Montreal, Valladolid, Sao Paulo e León.

Con Unary, acada tamén o Premio á Mellor urtametraxe nos Mestre Mateo 2015.
O seu último traballo é a codirección da longametraxe documental Os días afogados, gañador do Mestre Mateo 2016.


Aí van algúns enlaces:



*Contaremos coa presenza dos realizadores que virán a  presentar o seu traballo e charlar coa xente que asista á proxección


Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger