Queridos veciños

 

FAVOLACCE de DAMIANO e FABIO D’INNOCENZO
(QUERIDOS VECIÑOS)
ITALIA/SUÍZA 2020; 98' V.O.S.C.






PREMIOS CIAK AO MELLOR FILME, MELLOR VESTIARIO, MELLOR PRODUCIÓN, MELLOR GUIÓN E MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA, BÁRBARA CHICHIARELLI, 2020

GRAN PREMIO DO XURADO AOS DIRECTORES NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE BRUSELAS, 2020

PREMIO DO XURADO AOS DIRECTORES NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CORK, 2020

PREMIO OSO DE PRATA AO MELLOR GUIÓN: FESTIVAL INTERNACIONAL DE BERLÍN, 2020

PREMIO MELLOR PELÍCULA E MELLOR DIRECCIÓN, NA MOSTRA DE VALENCIA DO CINE DO MEDITERRÁNEO, 2020

PREMIOS DO SINDICATO DE CRÍTICOS DE CINE ITALIANO; MELLOR FOTOGRAFÍA, MELLOR GUIÓN, MELLOR PRODUTOR, MELLOR DIRECCIÓN DE ARTE, MELLOR VESTIARIO E PREMIO GRAZIELLA BONACCHI, 2020

PREMIOS DAVID DI DONATELLO DA ACADEMIA DO CINE ITALIANO Á MELLOR MONTAXE, MELLOR FILME, MELLOR GUIÓN E MELLOR PRODUCIÓN, 2021




SINOPSE
Érase unha vez, un pequeno barrio familiar na periferia de Roma, a canícula alegre agochaba unha sofocante atmósfera de alienación. Varias familias nunha especie de limbo, a tensión é crecente e parece poder estoupar dun momento a outro.
Din os directores que os relatos deste filme están inspirados en historias reais e estas, a súa vez, en historias falsas...


DAMIANO D’INNOCENZO e FABIO D’INNOCENZO
Os xemelgos Damiano e Fabio, directores, guionistas, produtores, poetas e fotógrafos italianos, tamén coñecidos como os irmáns D'innocenzo, nados en 1988 na aldea de Tor Bella Monaca, aínda que creceron entre Anzio, Nettuno e Lavinio seguíndo ao seu pai, un mariñeiro. De ben mozos tiveron unha estreita relación coa pintura, fotografía e a poesía, sen unha formación cinematográfica específica no 2018 realizaron a súa primeira longametraxe "La terra Dell''assquite", presentada na sección "Panorama" da 68ª edición do Festival Internacional de Cine de Berlín, espertando interés da crítica e público, e coa que acadaron numerosos premios. Máis tarde colaboraron no guión do filme de Matteo Garrone, "Dogman".
No 2019 publican "The Ship Of Theseus", a súa primeira colección de poemas.
No 2020 publican o seu primeiro libro fotográfico, "Farmacia Notturna".
"América latina" (2021), é a súa última longametraxe.


Enlaces sobre o filme: 

https://www.efe.com/efe/espana/cultura/los-gemelos-que-sacudieron-venecia-el-cine-debe-crear-un-terremoto-emotivo/10005-4627039
https://laciclotimia.com/critica-queridos-vecinos/
https://www.cinemaldito.com/queridos-vecinos-damiano-dinnocenzo-fabio-dinnocenzo/
https://www.elantepenultimomohicano.com/2021/06/critica-queridos-vecinos.html
https://www.youtube.com/watch?v=KkBk_ms5w9M

Tres Veráns

TRÊS VERÕES de SANDRA KOGUT

(TRES VERÁNS)
BRASIL 2019; 94' V.O.S.C.


   



PREMIO MELLOR ACTRIZ, REGINA CASÉ, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ANTALYA, 2019

PREMIO MELLOR MONTAXE NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DA HABANA, 2019

BIZNAGA DE PRATA Á MELLOR ACTRIZ, REGINA CASÉ, E PREMIO DA CRÍTICA Á DIRECTORA NO FESTIVAL DE CINE DE MÁLAGA, 2020

 

SINOPSE
Cada decembro, entre Nadal e Aninovo, unha parella organiza unha celebración familiar na a súa casa de verán xunto á plaia. Estamos no 2015, todo parece estar ben, a pesares dalgunhas chamadas telefónicas tensas. No 2016 a festa anual suspéndese. No 2017, as súas vidas están patas arriba. Que pasa coas persoas que viven na órbita dos ricos e poderosos cando estas vidas colapsan?


SANDRA KOGUT
Directora, guionista, montadora, fotógrafa, produtora e profesora brasileña nada no 1965 en Río de Xaneiro, Brasil. As súas obras transitan entre o documental e a ficción narrativa. Acada sona internacional polo documental "Paralamas do sucesso" (1991). Ven traballando como docente nas universidades máis prestixiosas do mundo e para emisoras europeas e brasileñas.
Debuta na longametraxe coa multipremiada "Mutum"  (2007). Máis recentemente é coñecida por "Campo Grande" (2015), estreada na sección de Cine Mundial Contemporáneo do Festival Internacional de Cine de Toronto ese ano.

Este é o seu ultimo traballo.

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger