OM DET OÄNDLIGA
(Sobre o infinito)
Roy Anderson (Suecia, 2019) 76 min. / VOSE
Inspirada no conto de "As mil e unha noites", o filme fai unha particular descrición das distintas etapas que un ser humano vai atravesando na vida; dende os momentos máis prezados da existencia até a sensibilidade emocional e intelectual.
RECOÑECEMENTOS
2019: Festival de Venecia: León De Prata - Mellor Director
2019: Premios do Cine Europeo: Mellores Efectos Visuais
2019: Premios Guldbagge: Mellor Deseño de Produción
ROY ANDERSSON
Realizador, fotógrafo, guionista, técnico de son, montador e produtor nado no 1943 en Gotemburgo. Caracterizado por filmes que traballan coa comedia do absurdo onde caricaturiza á sociedade sueca, de feito, a publicación Village Voice di que é “o Bergman do slapstick”. Ten pasado gran parte da a súa vida profesional traballando en publicidade, coa dirección de máis de 400 anuncios e tamén numerosas curtametraxes.
Ten dirixido tres longametraxes anteriores, Unha historia de amor sueca (1970), Cancións dende o segundo piso (2000), e Unha pomba pousa nunha rama a reflexionar sobre a existencia (2014).
Este é o seu último traballo.



